O Saló del Còmic de Barcelona, que chega este ano á súa trixésimo primeira edición, ten de novo unha importante presenza galega.
Así, o noso socio José Domingo, gañador do premio á mellor obra española no Salón do ano pasado, é o protagonista dunha das exposicións centrais, e David Rubín é un dos candidatos ao premio deste ano á mellor obra, por El héroe.
Ambos participan ademais na obra colectiva Tales from the end of the World, novidade esta semana, e asinarán exemplares das súas obras nos stands do Salón (os horarios poden encontrarse aquí); Rubín ademais o fará tamén nas Jornadas Comiqueras Fnac/SD, que se desenvolven paralelamente nestas datas en Barcelona.
A TVG, no seu programa ZigZag Diario, emitiu hai uns días unha entrevista con David Rubín e Miguelanxo Prado, dous dos candidatos ao premio á mellor obra no Salón deste ano. A entrevista pode verse aquí.
Sabor a Artesanía,
Como adiantabamos 
A exposición Parafusos, alambiques e birleques, que puido visitarse ata o pasado día 23 dentro da programación do
O catálogo Galician Books for Children & Young Adults 2013, que inclúe as 144 novidades de 40 editoriais galegas publicadas ao longo do pasado ano, serve de carta de presentación das firmas e mais dos autores en feiras internacionais como as de
Hoxe comeza a 50.ª edición da