Autor: admin

  • Graphic Jam

    Graphic Jam

    O colectivo de ilustradores Miñoco, coa colaboración da AGPI e co apoio económico do Concello da Coruña a través do programa Cultura de Barrio, organiza o Graphic JAM, un evento que servirá de punto de encontro para os creadores gráficos na cidade da Coruña.

    Dentro das actividades previstas haberá exposicións, un obradoiro infantil, charlas, unha zona de clubes sectoriais e un speed dating para creadores noveis. O Graphic Jam terá lugar o sábado 30 de setembro no Centro Ágora. A entrada é libre e de balde.

    Máis info: Facebook – Twitter – Web

  • Alfredo, Premio Nacional de Ilustración

    Alfredo, Premio Nacional de Ilustración

    O Ministerio de Cultura deu a coñecer hoxe que o ilustrador Alfredo é o galardoado co Premio Nacional de Ilustración correspondente a 2017, «pola súa dilatada traxectoria, que o levou a traballar en distintos puntos de España e do mundo, polo seu cultivo de distintos aspectos da ilustración e polo seu maxisterio e influencia en sucesivas xeracións». O Ministerio concede anualmente este premio, que ten unha dotación económica de 20.000 euros, co obxecto de «recoñecer e distinguir o conxunto do labor realizado por un ilustrador español no ámbito do libro e das letras españolas».

    Alfredo (Alfredo González Sánchez, Agüería, Asturias, 1933) estudou Filosofía e Teoloxía e en 1958 trasladouse a Madrid para se dedicar á ilustración. Traballou no mundo da publicidade e en 1971 foi contratado como director por unha axencia venezolana; tras percorrer varios países latinomericanos regresou a España, e comezou a colaborar como ilustrador en revistas e periódicos como La Codorniz, El Jueves, El Papus, Muy Sr. Mío, Summa, Cambio 16, La Calle, El País ou El Mundo. Ademais, ilustrou numerosos libros, como Teoría de Madrid, con textos de Francisco Umbral, De Moscú a Nueva York, co escritor Ignacio Carrión, Seis barbas de besugo, sobre textos de Ramón Gómez de la Serna, ou Poeta en Nueva York, de Federico García Lorca. En 2017 publicou a súa autobiografía, La ventana de atrás. Desmemorias de un dibujante e expuxo gran parte dos seus debuxos orixinais no Museo ABC del dibujo y la ilustración de Madrid.

    O xurado estivo presidido polo subdirector xeral do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, Javier Pascual Echalecu, e conformado por Elena Odriozola, autora galardoada na edición 2015; Manuel Garrido, pola APIV; Teresa Novoa, pola APIM; Patricia Castelao, pola AGPI; Mentxu Fernández, por Euskal Iridigileak; Juan Berrio, pola FADIP; Lluís Farré, pola OEPLI; Manuel Alcorlo, pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando; Victoria Soto, polo Centro de Estudios de Género da UNED; e Samuel Alonso, designado polo ministro de Educación, Cultura e Deporte.

  • XIV Encontro Galego de Ilustración

    XIV Encontro Galego de Ilustración

    O sábado 28 de outubro terá lugar o XIV ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN, que, como cada ano, organiza a AGPI, na sede Afundación de Santiago (rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)

    As actividades matinais son abertas a todo o público interesado, e completamente gratuítas.

    :::::::::: PROGRAMACIÓN MAÑÁ ::::::::::

    · 10:00 RECEPCIÓN

    · 10:30 PRESENTACIÓN OFICIAL DO ENCONTRO

    · 10:40 PRESENTACIÓN DA NOVA WEB DE AGPI

    · 11:00 AVENTURAS E DESVENTURAS (da profesión do ilustrador) Mar Malota contaranos unha serie de reflexións acerca da profesión do ilustrador desde o seu punto de vista e baseadas na súa experiencia como ilustradora profesional.

    ·········· 12:30 DESCANSO ··········

    · 13:00 CANDO A ILUSTRACIÓN ATOPA O CINEMA Giovanna Lopalco falará do proceso de creación nun filme de animación, de como a linguaxe da ilustración e dun ilustrador se adapta a outro medio, como é o cinema.

    · 14:00 FOTOMATÓN (Foto grupal da man de Óscar Villán)

    :::::::::: PROGRAMACIÓN TARDE :::::::::: (exclusivo socixs)

    · 14:30 XANTAR DE CONFRATERNIZACIÓN (con inscrición previa) RESTAURANTE O AFIADOR, rúa de San Pedro, 28

    · 17:00 ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DA AGPI
    Sede Afundación (rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)

    · 19:00 FINALIZACIÓN DA ASEMBLEA

  • Falece o noso compañeiro Pedro Díaz Lorenzo

    Esta semana chegounos a noticia do falecemento do noso socio e compañeiro Pedro Díaz Lorenzo (Santiago de Compostela, 1977), residente en Vigo.

    Estudou na Escola de Artes Antonio Failde (Ourense). Tivo unha longa traxectoria como deseñador gráfico e ilustrador, publicando obra en diversas editoriais como Xerais ou SM. Dono dun estilo moi persoal e recoñecible, traballou tanto na ilustración infantil, coma no cómic ou a animación.

    Dende AGPI mandamos o noso máis sentido pésame á súa familia e amigos.

  • ALLARIZ DEBUXADO, II Edición

    II Edición de Allariz Debuxado, Festival da Arte da Ilustración que terá lugar o 26 e 27 de Xaneiro en Allariz.

    Este ano contan coa participación de Celsius Pictor, María Pascual de la Torre, Víctor Coyote e Juan Berrio como relatores.

    O sábado 27 de 12h-18h terá lugar unha feira de ilustración na Praza da Torre Lombarda. Ademáis no espazo BenComún haberá presentacións, sinaturas de exemplares e conversas entre ilustradores e afeccionados.

  • MAGOSTO GRÁFICO EN A CORUÑA

    Este 24 e 25 de novembro terá lugar o Magosto Gráfico, evento sobre ilustración e creatividade na Coruña, na planta baixa da Sede de Afundación de A Coruña (Rúa Cantón Grande, 8)

    É un evento organizado por Autobán, Colectivo Miñoco, Ánimas Anónimas e AGPI, con moi distintas actividades de balde e abertas ao público.

    :: VENRES, 24 de Novembro

    18:00 – 21:30 – Expo Inktober 2017 e Mercado de Ilustración.   19:00 – Drink & Draw especial animación. Quedada para debuxar aberta a todo o mundo (profesionais e amateurs) cunha serie de probas, que nesta ocasión tratarán sobre a creación de elementos e personaxes para a súa posterior animación por parte dos integrantes do colectivo Ánimas Anónimas.

    20:30 – Concerto Ilustrado de Ocre con debuxo en vivo de Mateo Alvarellos e Paula Esteban.

    :: SÁBADO, 25 de Novembro

    11:30 – 21:30 – Expo Inktober 2017 e Mercado de Ilustración.

    12:00 – Minibán: contacontos de Iván Serrano ilustrado en vivo por Roberto Martínez Soler e Maria Alvarez Hortas.

    13:30 – Cara o mediodía poderedes desfrutar dunha sesión vermú amenizada por F. Taccio, que preparará unha animada sesión de musiqueo.

    16:00 – Charla: «A impresión dixital ao servizo da creatividade. Un mundo de posibilidades» polo Colexio Fogar Afundación.

    17:00 – Autocine: proxección de curtas de animación independentes, especialmente escollidas por Martin Romero.”Double King” de ‎Felix Colgrave “Cat City” de Victoria Vincent “The Kiosk” de Anete Melece “Little Girl” de Steven Subotnick

    19:00 – Coloquio: “Mamá, quero ser artista! – Venturas e desventuras do mundo da creación” Gemma Pérez, deseñadora gráfica e multimedia; Yago García, ilustrador e deseñador de produto; e Giovanna Lopalco, animadora e ilustradora, moderados por Bernal Prieto.

    20:30 – IlustraNoite: é un evento da AGPI, cun formato axil e ameno que permite que varios creadores ou colectivos presenten a súa obra de forma rápida e divertida. Nesta edición contaremos con David Fidalgo Omil, Isa Albela, Espazo XYZ, Roque Romero, Cogomelo Games, Sekone, Oreli Pello e Ánimas Anónimas.

  • XIV Simposio O Libro e A Lectura: LIBRO ILUSTRADO: OUTRA FORMA DE LER?

    A Asociación Galega de Editoras organiza unha nova edición do Simposio O Libro e A Lectura, baixo o lema LIBRO ILUSTRADO: OUTRA FORMA DE LER?

    Contará con tres mesas redondas, unha dedicada á banda deseñada e na que intervirán Kiko Dasilva, Anxo Paz “Cano” e Carla Berrocal; outra sobre como editar o libro ilustrado, con Madalena Matoso, editora de Planeta Tangerina e e Diego Moreno, editor de Nórdica Libros; e, finalmente, a mesa redonda : “Olladas ilustradas”, coa intervención de Xosé Cobas, Ester García e Calros Silvar.

    Ademais, intervirán en tres conferencias organizadas: Joan Fontcuberta (“A furia das imaxes”), Ana Garralón (“Os álbums que contan o mundo”) e Teresa Durán (“Os tres fillos do tsar. A lectura da imaxe, hoxe”).

    Se vai celebrar os próximos días 8 e 9 de novembro, no auditorio da Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa Vilar, 19)

    O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de novembro, é de balde e deberá realizarse a través do correo s.tecnica@editoresgalegos.org Entregarase un diploma ás persoas que acrediten un 75% da asistencia.

  • I Premio Internacional de Ilustración do Salón do Libro de Pontevedra

    O Salón do Libro de Pontevedra e Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) convocan o I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

    A finalidade deste certame é escoller a ilustración do cartel da XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará no Pazo da Cultura da cidade entre o 6 e o 29 de abril de 2018 e que terá a temática central de: MULLERES DE CONTO.

    A convocatoria permanecerá aberta ata o día 5 do próximo mes de novembro. O creador que obteña a mellor puntuación do xurado recibirá 3.000 euros.  Pola súa banda, haberá 12 obras finalistas, que figurarán nun almanaque que publicará a Deputación de Pontevedra.

    Podedes consultar as bases neste enlace.

  • XIV Encontro Galego de Ilustración

    .