O noso socio Luis Sendón acaba de publicar un vídeo sobre o proceso de creación da portada do último disco da banda holandesa Collision. A peza, realizada conxuntamente co seu irmán Diego Sendón (tamén socio da AGPI), emprega, para resumir de forma humorística todo o proceso, o sistema de filmación fotograma a fotograma chamado pixilación.
Autor: admin
-
Derradeira etapa de ‘Sementes de Frida’
As catorce obras que compoñen a exposición colectiva itinerante Sementes de Frida, mostra dedicada á artista mexicana Frida Kahlo, chegan ao seu derradeiro destino: Vilagarcía de Arousa. Entre os artistas participantes están os nosos socios Aida Alonso, Augusto Metztli e Kristina Sabaite. A inauguración será o 1 de xuño no estudio-galería Tlapaltic (rúa Edelmiro Trillo, 19 36600 Vilagarcía de Arousa).
-
‘Sangre de unicornio’, premiada no Festival de Cans
O novo proxecto cinematográfico do noso socio Alberto Vázquez, o filme Sangre de unicornio, foi galardoado esta fin de semana co Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación no Festival de Cans, que se desenvolve estes días na localidade pontevedresa do mesmo nome.
Segundo a valoración do xurado, a curta «asume o risco en todas as dimensións da animación, cun debuxo moi
persoal e cunha historia moi fantasiosa na que o director consigue
encaixar todas as pezas». O premio está dotado con 1500 euros e mais a estatuíña do festival, o «Can
de Pedra». -
Guitián reinterpreta a Holmes e Watson
Edicións Morgante lanzou nestas últimas semanas unha versión integral e anotada da tradución galega de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle. As cubertas dos dous tomos de que consta a edición locen as reinterpretacións que fixo o noso socio Alberto Guitián do dúo protagonista. Guitián, segundo as súas propias palabras, mesturou no aspecto destes dous personaxes icónicos o «actual» co «decimonónico». O seu traballo pode verse con máis detalle no seu blog.
-
Augusto Metztli lanza un proxecto de ‘crowdfunding’
O noso socio Augusto Metztli acaba de lanzar a través da plataforma de crowdfunding Verkami o seu proxecto de libro 11 maneras de llegar a la Luna, o primeiro álbum ilustrado publicado dentro do seu selo Tazalunarbooks.comExisten varias posibilidades de efectuar as achegas económicas ao proxecto, desde os 5 ata os 250 euros, e cada unha delas ten as súas «recompensas» se o libro consegue ser finalmente editado. Pode verse un tráiler do libro nesta ligazón.
-
David Rubín, na Semana da Ilustración do Museo Abc
Este sábado, 18 de maio, o noso socio David Rubín estará ás 18:00 h no Museo Abc (Madrid) a participar nunha mesa redonda titulada «Jóvenes autores: procesos de creación, estilos e influencias», xunto aos ilustradores Puño e Pepe Larraz, moderados por Álvaro Pons.
Tras ela participará na clase maestra «Una página de cómic directa»: creará unha banda deseñada dunha páxina nunha hora; o guión correrá a cargo dos asistentes á actividade.
Ambos os actos están enmarcados no programa da Semana del Dibujo y la Ilustración.
-
Chega ás librarías o novo libro de Fran Jaraba
A partir de mañá poderá adquirirse nas librarías a nova obra do noso socio Fran Jaraba, a novela gráfica División Azul, que publica a alacantina Edicions de Ponent.Ficción de ambientación histórica, esta banda deseñada está protagonizada por un mozo que se alista en 1941 na División Azul para tentar levar a cabo unha misión secreta do partido comunista.
Pode accederse a máis información e un par de páxinas do libro no blog da editorial.
-
Obradoiros de BD con Jacobo Fernández Serrano
O noso socio Jacobo Fernández Serrano presenta estes días o seu novo libro de banda deseñada Marcopola 2: Os piratas da lúa —que en breve terá tamén edición en español, catalán e francés, da man do selo Mamut—, a través de talleres infantís de cómic que se desenvolverán nos distintos centros de El Corte Inglés en Galicia.Así, hoxe, 14 de maio, a partir das 18:30 h, haberá un obradoiro de cómic no centro de El Corte Inglés de Santiago de Compostela; mañá, día 15, á mesma hora, un no de Vigo; e finalmente, o día 16, con idéntico horario, outro no da Coruña.
-
Presentación da terceira entrega da serie Castelao
A serie Castelao, que Inacio e Iván Suárez están a realizar en banda deseñada sobre a vida de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, chega ao seu terceiro volume, titulado Máis alá! A nova entrega vén apadriñada novamente por Komic Librería e Demo Editorial, o proxecto do noso socio Manel Cráneo.O libro estará nas librarías galegas o día 16 de maio, a coincidir coa semana das Letras Galegas, pero o día 15, ás 18:00 h, desenvolverase un acto de lanzamento na libraría Komic (rúa de San Pedro de Mezonzo 34, 15701 Santiago de Compostela), que contará coa presenza dos autores. Durante a actividade será sorteada dunha páxina orixinal da BD entre os compradores.
-
‘El Arca de las Historietas’, nas Xornadas do Cómic de Calahorra
O
noso socio David Buceta, xunto con David Braña, estiveron a pasada fin de
semana en Calahorra (A Rioxa) como convidados das primeiras xornadas dedicadas á banda deseñada nesa localidade: Calacómic. A iniciativa, que se desenvolveu entre o 30 de
abril e o 4 de maio, contou con exposicións, talleres, conferencias e outras actividades, e convidados como Pedro Espinosa, Klaus, Jose Antonio
Rubio ou David Daza.David Buceta e David Braña presentaron o
seu proxecto El Arca de las Historietas, revista de cómic que xa conta
con 5 números publicados. A charla complementouse cunha exposición e con sesións de sinaturas e debuxos da revista.