O blog especializado Fervenzas Literarias acaba de facer pública a lista dos mellores libros de 2013, que como cada ano son resultado da votación dos seus lectores.
Nos capítulos relacionados coa ilustración, o mellor libro de literatura infantil e xuvenil é Un rato díxolle á lúa, escrito por Antonio García Teijeiro e ilustrado polo noso socio Xosé Cobas; o mellor álbum de banda deseñada, Operario, de Jano; e a mellor portada de literatura infantil e xuvenil é a de Pan de millo, a cargo do noso socio Dani Padrón.
O que foi considerado o mellor ilustrador é o tamén socio noso Manel Cráneo; hai que dicir que nesta última categoría todos os postos están ocupados por socios da AGPI: Antonio Seijas, David Pintor, Xosé Tomás e Dani Padrón.
O próximo xoves, 9 de xaneiro, ás 20:00 h, a charla
Esta tarde preséntase a primeira entrega de Historias de Betanzos, un proxecto en que o noso socio
O suplemento
Despois da primeira experiencia en novembro, o
A nosa socia
Esta tarde preséntase ao público o libro
O noso socio