Os mellores do ano para ‘Fervenzas Literarias’

Escrito por

en

O blog especializado Fervenzas Literarias acaba de facer pública a lista dos mellores libros de 2013, que como cada ano son resultado da votación dos seus lectores.

Nos capítulos relacionados coa ilustración, o mellor libro de literatura infantil e xuvenil é Un rato díxolle á lúa, escrito por Antonio García Teijeiro e ilustrado polo noso socio Xosé Cobas; o mellor álbum de banda deseñada, Operario, de Jano; e a mellor portada de literatura infantil e xuvenil é a de Pan de millo, a cargo do noso socio Dani Padrón.

O que foi considerado o mellor ilustrador é o tamén socio noso Manel Cráneo; hai que dicir que nesta última categoría todos os postos están ocupados por socios da AGPI: Antonio Seijas, David Pintor, Xosé Tomás e Dani Padrón.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *