Categoría: historico

  • ‘O robot que tiña medo dos nenos’: presentación

    Infórmanos GÁLIX de que a presentación do libro O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos de Miguel Váquez Freire e ilustrado por Xosé Tomás terá lugar o día 4 de decembro na Biblioteca Fundación Caixa Galicia ás 11:00 h. (R/ Frei Salvado Rosendo 14 – 16 de Santiago de Compostela).

    Máis información
    – Tarxeta de invitación á presentación de O robot que tiña medo dos nenos.

  • Un Hombre Feliz de Antonio Seijas

    No verao do 2006, Antonio Seijas gañou o II Certamen de Cómic Castelao coa súa obra Un Hombre Feliz. O xurado fora “comandado” por Miguelanxo Prado e composto por outros membros como Rubén Pellejero, Jorge Zetner, David Rubín, etc.
    Este é un certamen do que xa resultara finalista no ano anterior, na súa primeira edición. Dito xurado destacou da obra gañadora a “súa calidade plastica e literaria, de gran forza lírica, na que destaca especialmente o traballo da cor”. Para os membros do xurado, “trátase dunha obra arriesgada polo seu carácter intimista na que atopamos un mesurado equilibrio entre o seu ascendente literario e o poder de fascinación de certas imaxes”.
    Prado afirmou que “o premio Castelao non é un premio para descubrir promesas o novos autores de cara ao futuro. Trátase de premiar traballos consolidados cun nivel importante”.

    Editado agora por De Ponent e cun precioso prólogo de Miguelanxo Prado.

    Sinopse: Un home trata de fuxir de si mesmo e refuxiase noutro país, atormentado por un feito do seu pasado que irase desvelando. É unha historia melancólica e intimista, onde se reflexiona sobre a soedade, a beleza, a culpabilidade…

    Poden verse unas páxinas do cómic na recén estreada web do autor www.antonioseijas.com

  • IX Concurso Galego de Caricaturistas Noveis

    A Casa da Xuventude de Ourense, como achega á IX Bienal da Caricatura, que organiza conxuntamente coa Concellaría de Cultura de Ourense, convoca o IX Concurso Galego de Caricaturistas Noveis, de acordo cos seguintes

    R E G U L A M E N T O S

    • PARTICIPANTES
      Galegos e residentes en Galicia (14-30 anos).

    • OBRAS
      Cada autor poderá presentar o número de caricaturas que estime oportuno, sexa como retrato ou como viñeta de humor gráfico. Deberán ser orixinais, inéditas e non ter levado premio noutros concursos.
      Tamaños: mínimo DIN A4 (210 × 297 mm), máximo DIN A3 (297 × 420 mm). Técnica libre. Calquera personaxe pode ser obxecto das caricaturas, aínda que se valorarán especialmente os do mundo cultural, político ou social de Galicia. Se as obras fosen impresións dixitais xuntarase arquivo en formato jpg.

    • ENTREGA
      Na Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, 32004 Ourense, antes do 15 de xaneiro de 2008. As obras traerán ao dorso o título e un lema, e virán acompañadas dun sobre pechado no que figurará o mesmo lema no exterior, e dentro o título ou relación deles presentados, os datos do autor e unha fotocopia do DNI, así como teléfono de contacto.

    • PREMIOS
      Premio á mellor colección (6 caricaturas): 800 euros.
      Catro Premios ás mellores caricaturas, de 250 euros cada un. Un deles, como mínimo, será destinado a viñeta de humor gráfico. Si se declarase deserto este apartado, o seu importe pasaría a outro premio de caricatura.
      Cada autor só poderá levar un premio.
      O xurado poderá declarar deserto un ou varios destes premios.

    • EXPOSICIÓN
      Cos premios e unha selección das obras presentadas farase unha exposición na Casa da Xuventude de Ourense, durante o mes de marzo de 2008.

    • PUBLICACIÓN
      Os organizadores resérvanse a posibilidade de publicar as obras presentadas.

    • DEVOLUCIÓN
      Unha vez rematada a exposición e aqueloutras que poidan xurdir devolveranse todas as caricaturas aos seus autores nun prazo máximo de tres meses, se estas fosen orixinais.

    • ÚLTIMA
      A presentación ao concurso supón a aceptación destes regulamentos.
  • Presentación de Retranca en Santiago

    A xente da revista Retranca comeza unha xira de presentacións; a seguinte terá lugar o mércores 21 de novembro na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela ás 20 h.

  • I Premio Nacional de Cómic

    Esta mañá fíxose público o fallo do I Premio Nacional de Cómic: a obra gañadora foi Hechos, dichos, ocurrencias y andanzas de Bardín el Superrealista, de Max.

    ¡E La tetería del oso malayo de Rubín finalista!


    Máis información:
    Nota de prensa do Ministerio de Cultura.

  • Minimaladas

    minimaladas O próximo día 19 de novembro ás 20:00h na Galería Sargadelos de A Coruña terá lugar a presentación do libro Minimaladas, co que Carlos López gañou o premio Merlín de Literatura Infantil 2007.

    O volumen está ilustrado por David Pintor.

    Información relacionada:
    – Un zoo de cristal, artigo sobre Minimaladas de César Casal.

    – Minimaladas no blog de David Pintor.

  • APIM: V Encuentros con Ilustradores Profesionales

    v encuentros apim Cartel de Iván Solbes.
    Clic para ampliar y leer el programa.

    Información de la Asociación Profesional de Ilustradores de Madrid (APIM) sobre sus V Encuentros con Ilustradores Profesionales, a los que están invitados nuestro socio Pinturero y nuestro presidente Manel Cráneo:

    La Asociación Profesional de Ilustradores de Madrid (APIM) organiza sus V Encuentros con Ilustradores Profesionales y como en ediciones anteriores, diversos profesionales acudirán para charlar, contarnos su experiencia y mostar sus trabajos.

    Este año hemos ampliado los lugares y días de celebración, realizándose tanto en la Facultad de Bellas Artes como en la Escuela de Arte nº 10 de Madrid durante los días 13, 14, 15, 20 y 22 de noviembre.

    Estos encuentros forman parte también de la Campaña de divulgación y dinamización profesional de la ilustración, promovida por FADIP.

    Os invitamos a asistir y a participar en esta nueva edición.

    Estos V Encuentros se enmarcan dentro de las Jornadas Divulgativas: La situación económica y derechos de autoría de la ilustración que están teniendo lugar en las distintas ciudades de España con Asociación de Ilustradores.

    – Folleto de las jornadas divulgativas en la web de FADIP (PDF, 1,2 MB)

  • Plantando Libros na Coruña

    A exposición Plantando Libros inauguraráse mañá xoves 8 de novembro de 2007 na Biblioteca González Garcés da Coruña. O acto terá lugar ás 8 da tarde cunha mesa redonda na que participarán Suso Cubeiro, Manel Cráneo e Santy Gutiérrez como representantes da nosa directiva.

  • Alberto Vázquez: El evangelio de Judas

    comic alberto vazquez A finales de noviembre llegará a las librerías el nuevo tebeo de Alberto Vázquez: El evangelio de Judas.

    Es un recopilatorio de historias cortas editado por Astiberri y con más de cien páginas inéditas… Según nos cuenta Alberto, el cómic habla sobre una ardilla que es muy muy buena y muy católica. Conoce a un montón de personajes que trastocan su vida (jesús cristo, Jeremías, Barrabás, el sapo Christian, el pollo crazy, etc, etc…)… es un viaje por su vida desde un punto de vista psicológico…

    Judas, la ardilla protagonista, es dibujante como nosotros y se habla un poco del mercado editorial…

    – Más información e imágenes en el blog de Alberto.

  • A mansión dos Pampín

    A mansión dos Pampín (2005), un álbum de Miguelanxo Prado que fala do feísmo e das chapuzas urbanísticas en Galicia a tódolos niveis, está disponible na web do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) en formato JPG e en PDF (17 MB). A versión en papel en castelán foi publicada por Norma Editorial.