Categoría: historico

  • Expos AGPI: próximas datas e lugares

    logos quero medo e plantando libros

    Informamos das próximas datas de exposición das nosas mostras Quero medo e Plantando libros:

    – Quero medo estará no Festival Cortocircuito que se celebrará en Santiago de Compostela do 16 ao 21 de outubro de 2007; despois, entre o 24 de outubro e o 27 de novembro, na Casa da Cultura do Concello de Catoira.

    – Plantando libros exporase na Biblioteca González Garcés da Coruña do 8 de novembro en diante; a data de clausura non se concretou aínda, pero a intención é que permaneza alí durante dous meses.

  • Aiko, de Ánxeles Ferrer

    aiko Ilustración de portada do libro.
    Clic para ampliar.

    Aiko é o título do álbum, escrito e ilustrado por Ánxeles Ferrer, que aparecerá proximamente na Editorial Everest, dentro da colección Rañaceos.

    De oito anos en diante.

    – Galería de Ánxeles Ferrer na web da AGPI.

  • I Premio Int. Compostela para álbumes ilustrados

    premio compostela de album ilustrado Ilustración de Óscar Villán para o cartel da convocatoria

    A editorial Kalandraka e o Concello de Santiago convocan o I Premio Internacional Compostela para álbumes ilustrados. O prazo de presentación de traballos finaliza o 31 de xaneiro de 2008; o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil, data que coincide ademáis co décimo aniversario de Kalandraka.

    O premio será de 12.000 euros, en concepto de adianto de dereitos de autor. A obra galardoada será publicada en tódalas linguas oficiais peninsulares (galego, catalán, vasco, castelán e portugués) pola editorial Kalandraka.

    – Bases [PDF, 3,5 MB]
    – A noticia na páxina web do Concello de Compostela.

  • Hermano Lobo dixitalizada

    A revista de humor Hermano Lobo, que se publicou entre os anos 1972 e 1976, foi dixitalizada e pode consultarse en hermanolobodigital.com.

  • Participar na Mostra da Feria de Boloña 08

    Os interesados en participar na selección para a Mostra de Ilustradores da Feira do Libro de Boloña 2008 han de enviar cinco ilustracións inéditas ou publicadas despois do 1 de xaneiro de 2005 a este enderezo:

    Illustrators Exhibition
    Fiction – Non Fiction [elexir a opción que corresponda]
    BolognaFiere
    Piazza Costituzione 6
    40128 Bologna – Italy

    A medida máxima das ilustracións será de 32 x 42 cm (ou 42 x 32 cm) no caso das ilustracións para a categoría de ficción, e de 50 x 70 cm (ou 70 x 50 cm) para as de categoría de non ficción. As imaxes deberán ir acompañadas da solicitude de participación que podemos atopar na web dos organizadores, e identificadas cunhas etiquetas que tamén están en dita web: información completa para participar na Mostra de Ilustradores da Feira do libro para nenos de Bolonia (en inglés).

    O prazo de admisión de traballos remata o 19 de outubro de 2007.

    (O pasado mes de maio de 2007 M. Cráneo e Ó. Villán asistiron á Feira do Libro para nenos de Boloña e escribiron media ducia de páxinas para informar sobre o evento: PDF en galego, PDF en castellano.)

  • Celebración: 20 anos de Komic

    expo fran bueno e david rubin Cartel do evento, feito por Rubín.

    A libraría santiaguesa Komic cumple vinte anos; o aniversario celebraráse con distintos actos, a saber: unha exposición de traballos de Fran Bueno e David Rubín que terá lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche (r/ Frei Rosendo Salvado 34, Santiago de Compostela) do 3 ao 13 de outubro; unha conferencia de Álvaro Pons (BD galega, a visión exterior, 11 de outubro ás 12h); unha charla coloquio con Á. Pons, D. Rubín e F. Bueno (mesmo día ás 19h) e una festa concerto coa Banda de Nash na Sala Nasa (22:30h).

    ¡Felicidades, Pío!

    P.D.: Rubín informa do evento no seu blog.

  • Pinto & Chinto, en el XXXI Salón del Cómic de Gijón

    pinto y chinto David Pintor y Carlos López (Pinto & Chinto) han sido invitados por la organización del Salón Internacional del Cómic de Gijón a participar dentro de los actos que se celebrarán en la ciudad asturiana del 9 al 13 de octubre de 2007.

    El dúo de humoristas gráficos dará una charla el día 12 de octubre a las 18:00 h en el Centro Cultural Antiguo Instituto donde hablarán del humor gráfico en la prensa. La presentación del acto correrá a cargo del dibujante asturiano Neto.

  • Entrega do Premio Int. de Cómic

    O pasado mes de agosto fallouse o primeiro Premio Internacional de Cómic “Luis Molina”, creado polo Concello de Blanca (Murcia). Está dotado con 3.000 euros e reaceu na obra Sin título do mallorquín Pau Rodríguez Jiménez. A entrega do premio terá lugar o próximo día 28 de setembro de 2007. Haberá tamén exposicións, presentacións e talleres de cómic.

    – Informacion completa no blog Con C de arte.

  • Memoria, olvido, y todo lo demás

    curso ilustracion albarracinCartel: Isidro Ferrer

    Memoria, olvido y todo lo demás es el título del I Curso Internacional de Ilustración y Diseño Gráfico que se celebrará del 26 al 29 de septiembre de 2007 en Albarracín. Lo organiza la Fundación Santa María de Albarracín y lo dirigen Isidro Ferrer y Grassa Toro. Contará con la presencia de Arnal Ballester, Pep Carrió, Alejandro Magallanes, Peret, Giorgio Pesce y Raúl.

    Leemos en la página de la Fundación Santa María de Albarracín:

    La intención de este I Curso y de los que puedan ser continuación es plural: queremos desentrañar las gramáticas y las poéticas intrínsecas al acto de creación, desvelarlas para poder presentarlas como objeto de conocimiento compartido. Queremos también volver conscientes las relaciones entre nuestros oficios y nuestras artes y nuestra concepción de la realidad.

    La metodología elegida para alcanzar estos fines equilibra la reflexión y la acción. Ponencias y talleres se sucederán a lo largo de cuatro jornadas. Unas y otros quedan a cargo de profesionales con abundante y reconocida producción y con experiencia en espacios donde se propicia el aprendizaje. Cada curso tendrá un eje central definido de antemano que será referencia continua tanto para los planteamientos teóricos y expositivos como para la realización de producciones en los talleres.

    – Programa del curso (PDF, 2 MB)

    – Ficha de inscripción (PDF, 120 KB)