Categoría: historico

  • Os pelelliños de Anxo Fariña

    pelellinhos O día 1 de decembro Anxo Fariña presentará en “La casa del Libro” de Vigo a súa colección Os pelelliños. Unha colección pensada para nenos de 2 a 5 anos, da que Fariña é autor tanto do texto coma das ilustracións.

    Dí Anxo: Estades todos convidados, sobre todo se tedes fillos ou sobriños, xa que vou facer entre outras cousas un pequeno obradoiro.

    – Máis información no blog de Anxo Fariña.

  • IV Simposio O Libro e a Lectura

    Chéganos dende a Asociación Galega de Editores (AGE) a información sobre o IV Simposio O Libro e a Lectura que este ano terá como eixo o Libro e o mercado.

    Se queredes máis información, está toda disponible na súa web.

  • Morreu Felip Baldó

    Texto de Paco Gimémez

    Sentimos mucho tener que despedirnos de nuestro amigo cuando todavía tenía tanto por hacer, tanto proyectos por acabar y compartir. Su discreción y optimismo nos mantuvieron siempre alejados de las situaciones dolorosas que le rodeaban y no quiso nunca hacer evidente la enfermedad que padecía. Porque Felip siempre ha sido así, lleno de ánimo e ilusión. Y colaborador… hasta el final.
    Ahora que celebramos el décimo aniversario de APIV no podemos olvidar que el fue uno de sus fundadores, uno de los participantes en el proyecto de la primera época allá por los años ochenta, y también en los noventa, cuando por fin la asociación pudo cuajar. Más tarde, Felip centró sus actividades en su faceta de pintor, pero como amante de los libros ilustrados permaneció siempre con nosotros, trabajando discreta y cálidamente, como un referente experimentado con el que siempre se podía contar. Su única ausencia sólo se ha debido a sus problemas de salud, cuando le invitamos a participar en la mesa redonda a propósito del “Premio al Mejor Libro Ilustrado” que le concedieron en 2005 por su obra “El laberint i la lluna”. Esta ausencia, preámbulo de la presente, resulta ahora mucho más dolorosa por ser la primera y la última.
    Queremos que esta nota sirva como afectuosa despedida de sus compañeros y amigos: Hasta siempre Felip, querido compañero de viaje. Nos queda tu obra y tu calidad humana para recordarte siempre.

  • Tamén nos deixou Manfred Sommer

    A aqueles os que non lles soe o nome, so teñen que fixarse no debuxo. Quizáis sexa máis coñecida a obra que o autor, pero este debuxante nacera no País Vasco no ano 1933 e criado en Cataluña.

    No seu traballo, máis que ver influencias, temos unha obra capaz de estar ao lado de Caniff e Pratt.

  • Retranca

    portada retranca 1 Nace unha nova revista de humor: Retranca. Presentarase o vindeiro 31 de outubro no Café Moderno de Pontevedra. Esta é a presentación que os retranqueiros fan da súa revista en revistaretranca.blogspot.com:

    A RETRANCA CHEGA AOS QUIOSCOS !!!

    Preséntase Retranca, unha revista que aposta por recuperar o humor galego co lema “lerasnos de morto se non nos les de vivo”. O acto desenvolverase no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia (Pza de San Xosé, Pontevedra) o vindeiro 31 de outubro ás 20h.

    A partir deste mes de novembro os galegos teremos unha cita mensual co sorriso nos nosos quioscos. O Café Moderno de Caixa Galicia, en Pontevedra, acolle o vindeiro día 31 de outubro ás oito da tarde (noite se Samaín) a presentación de Retranca. Esta nova revista chega ao mercado disposta a recuperar a longa tradición humorística galega e conta coa Santa Compaña coma Mascota, baixo o lema “Lerasnos de morto se non nos les de vivo”. O feísmo é o tema principal do primeiro número desta publicación, que agasalla os lectores cunha foto do rei “que espertará as paixóns máis ardentes”, advirte o envoltorio. A proposta chegará a primeira semana de novembro ao público a través dos quioscos de todo o país, cunha distribución de 8.000 exemplares que se venderán a un prezo de 2,20 euros cada un.

    A Kiko da Silva, director e promotor do proxecto, súmanse nestas páxinas auténticas estrelas como son as firmas de Manuel Rivas e Miguelanxo Prado. Canda eles, autores xa coñecidos dos xornais galegos coma Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Kohell, Leandro, Luís Davila ou Andrés Meixide. Alberto Guitián, Jacobo Fernández ou os colectivos Pestinho+1 e Reizentolo, entre outros son algúns dos colaboradores galaicos do proxecto. Desde fóra do país achegan a súa ollada os coñecidos Idígoras & Pachi ou Mel, coñecidos polas súas colaboracións en El Mundo ou El Jueves. Boa parte destes autores participarán no evento de presentación.

    A iniciativa parte do humorista gráfico e ilustrador Kiko da Silva, e quere ocupar un espazo ata agora descoidado nas bancadas. “Hoxe en día non hai ningunha publicación dedicada a nos facer rir de nós mesmos en Galicia”, explica, “e coa tradición de humor que temos, con nomes coma Castelao, Fernández Flórez, Julio Camba, Siro ou Pepe Carreiro non é de crer que non haxa público”. Da Silva xa leva anos a traballar no campo da edición co proxecto BD Banda revista de cómic que verá en breve o seu segundo número e que xa foi galardoada en diferentes eventos dedicados á novena arte.

    Non faltedes a presentación o vindeiro 31 de outubro ás 20 h. no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia (Pza de San Xosé, Pontevedra)… Haberá humor, música e pinchiños!!!

    Agardámovos… a todos/as porque xa sabedes… LERASNOS DE MORTO SE NON NON LES DE VIVO!!!

  • Presentación do libro “Golfiño en Portada”

    O próximo Martes, 30 de Outubro, presentarase o libro “Golfiño en Portada”, do autor Fausto Isorna.

    O evento terá lugar nos obradoiros da imprenta Litonor, no Polígono Industrial do Tambre, en Santiago de Compostela.

  • AGPI convoca o IV Encontro Galego de Ilustración

    imaxe de uxio broullon Ilustración de Uxío Broullón.

    Do venres 26 ao sábado 27 de Outubro terá lugar en Santiago de Compostela o IV Encontro Galego de Ilustración, o máis ambicioso da curta historia da AGPI, pola cantidade e calidade dos convidados e dos actos.

    O venres 26, no Café do Casino, ás 12 horas, terá lugar a rolda de prensa coa presenza do presidente e a xerente de FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales) e pola tarde reuniráse a Directiva da FADIP na Galería Sargadelos.

    O sábado 27 celebraránse os seguintes actos de portas abertas na Fundación Caixa Galicia:

    • Estudo económico da ilustración española. Charla a cargo de Carmen Castro (Xerente de FADIP)
    • Os dereitos de autor na ilustración gráfica. Charla a cargo de Mariona Sardá (Asesora xurídica da APIC e da FADIP)
    • Ilustrar en España, Europa e o mundo. Mesa redonda coa participación de Horacio Altuna, Dani Maiz, Cristina Durán, Miguel Teso e Gerardo Trives. Modera Manel Cráneo (Presidente de AGPI)
    • Homenaxe a Siro López

    Ás 15:00 haberá un xantar para os socios da AGPI e a partires das 17:30 terá lugar a Asamblea Xeral da AGPI no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, tralo cal rematará o Encontro.

    Tódolos socios de AGPI que o desexen poden apuntarse na seguinte dirección: correo@agpilustracion.org Velaquí un mapa coa situación dos lugares nos que se celebrarán os distintos actos:


    Ver mapa más grande

    – Programa en versión PDF, (600 Kb)

  • Inauguración ‘Quero medo’ en Santiago

    Mañá martes inauguramos dentro das actividades do festival Curtocircuito a exposición de AGPI Quero medo na Fundación Torrente Ballester, na Rúa do Vilar 7, en Santiago de Compostela. O acto terá lugar ás 20:00 horas.
    Ofrecerase un viño e unha degustación de exquisitos pinchos variados a tódolos asistentes.

  • Celebración do día da Biblioteca en Teruel

    Aínda que Teruel queda un pouco lonxe, non queremos deixar de colaborar na difusión da preciosa parella de texto e cartel que Grassa Toro e Isidro Ferrer elaboraron para a celebración do Día da Biblioteca (24 de outubro) en Teruel:

    Pregón
    Día de la Biblioteca 24 de octubre 2007
    Cartel: Isidro Ferrer.
    [Versión grande, PDF, 2 MB]

    cartel de isidro ferrer para la biblioteca de teruel

    ¡Anuncio, anuncio! ¡Vecinas, vecinos, los seres y los humanos, anuncio, anuncio!

    ¡Hemos descubierto la forma de transportar el tiempo! ¡Admirados protagonistas, admirables secundarios de esta realidad, somos capaces de transportar el tiempo!

    Después de haber aprendido a meter manzanas en un cesto, el agua en un cántaro, el vino en un pellejo, las monedas de oro en un cofre y las cartas de amor en un sobre lacrado, hoy anunciamos en esta población que podemos llevar y traer el tiempo de aquí para allá y de allá para aquí, atravesando desiertos, mares y bosques, sin desparrame, vuelco o pérdida de la sustancia.

    ¡El tiempo! ¡El tiempo! ¡La señora de las dos piernas! ¡El anciano de las botas! ¡El niño que ha olvidado los pies en casa! ¡La joven de las uñas apasionadas! ¡Todos! ¡Acérquense, acérquense, acabamos de recibir un cargamento de tiempo! ¡Tomen, abran, hojeen, detengan la mirada, dispongan la voz! ¡Dos siglos de mitología griega, dos siglos! ¡Veintiséis años de modernismo! ¡Veintiséis, sí, con cisnes! ¡Disponible la segunda mitad de la Edad Media! ¡No tengan prisa, no agotamos existencias! ¡Hay para todos y siempre hay!

    ¡Tiempo, tiempo, ponemos el tiempo en sus manos! ¡Hemos encontrado la manera de transportar el tiempo! ¡Cambiamos uno de sus días por un año entero! ¡1927, ofrecemos el 1927 de cabo a rabo! ¡Y si queda contento, le invitamos a que se lleve el 98, y los mil ciento catorce años anteriores a 1492! ¡Tenemos tiempo de los cinco continentes, de los seis continentes, de los continentes que ustedes quieran! ¡Hemos descubierto la forma de transportar el tiempo!

    ¡El joven del bigote pintado! ¡La niña valiente de las trenzas! ¡La señora antigua de la peluca actual! ¡El señor calvo de solemnidad! ¡Acudan, acérquense, acudan! ¡A la biblioteca, a la biblioteca! ¡Está abierta! ¡Sin prisa, no corran, no vayan a tropezar! ¡Niños y embarazadas primero, sin prisa! ¡Tenemos libros, discos, películas, periódicos, revistas! ¡No corran, sin prisa! ¡Tenemos todo el tiempo del mundo!
    ¡Todo el tiempo del mundo!

    Grassa Toro

  • Expos AGPI: próximas datas e lugares

    logos quero medo e plantando libros

    Informamos das próximas datas de exposición das nosas mostras Quero medo e Plantando libros:

    – Quero medo estará no Festival Cortocircuito que se celebrará en Santiago de Compostela do 16 ao 21 de outubro de 2007; despois, entre o 24 de outubro e o 27 de novembro, na Casa da Cultura do Concello de Catoira.

    – Plantando libros exporase na Biblioteca González Garcés da Coruña do 8 de novembro en diante; a data de clausura non se concretou aínda, pero a intención é que permaneza alí durante dous meses.