Categoría: historico

  • FORGES: Medallla de Oro ao mérito no traballo

    Pouco a pouco parece que a nosa profesión vai sendo recoñecida coma un traballo serio e non coma una afición.
    O ministro de Traballo, Jesús Caldera, entregou a medalla de oro ao mérito no traballo ao humorista gráfico Antonio Fraguas ‘Forges’, xunto a outras 25 persoas.
    O humorista Antonio Fraguas ‘Forges’ é un dos humoristas gráficos máis carismáticos e con más traxectoria. A súa obra, de sobra coñecida por todos, foi publicada no Diario Pueblo, Informaciones, Diez Minutos, Hermano Lobo, Por favor, Diario 16, El Mundo e El País, entre outros.

  • Exposición de orixinais de Xosé Tomás

    Exposición na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia de Santiago: orixinais de Xosé Tomás do libro dobre O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos, escrito por Miguel Vázquez Freire. Durante este período haberá actividades de animación á lectura baseadas nesta obra, así como obradoiros de ilustración impartidos polo ilustrador.

    Podedes ver unha mostra do traballo de Xosé Tomás na súa web e no seu blog

  • Nocturna: Goya á mellor película de animación

    A alta calidade da ilustración galega está tendo cada vez máis recoñecementos. O último foi o Premio Goya ó mellor longametraxe de animación para Nocturna, da productora Filmax.

    Varios dos socios de AGPI estiveron involucrados na producción, e como mostra podemos ver o cartel pintado por Sergio Casas.

    No blog de Sergio podemos ver a maiores máis mostras do seu traballo para outras produccións coma Donkey Xote, por exemplo

  • Reflexión de David Rubín sobre a promoción da Xunta á BD Galega

    O noso socio, David Rubín, fainos chegar unha reflexión no seu blogue, acerca do stand da BD Galega na feria de Angouleme, que propiciou un no menos interesante debate: Mi opinión sobre el tinglado de la BD galega.

  • IX Salón do LIX de Pontevedra: O mar

    Acaba de facerse público o programa do IX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra deste ano. O tema é O mar, e terá lugar entre o 27 de xaneiro e o 2 de febreiro de 2008.

    – Información completa na páxina web do Salón.

  • ‘Cadernos de viaxe’ de Anxo Fariña

    Un dos nosos socios, Anxo Fariña, preséntanos unha nova colección “Cadernos de viaxe” da que é autor e ilustrador. Publicada en tres idiomas (galego, castelán e inglés), trata de dar a coñecer Galicia a xente nova dun xeito diferente. Estréase con dous títulos: “A Ribeira Sacra 1” e “A Costa da Morte 1”.

    – Máis información no seu blog

  • La Opinión se hace eco de la expedición a Angouleme de la BD Galega

    Miguel Porto, Javi Montes y Fran Bueno estarán representando a la BD Galega, por primera vez en un stand propio en el festival más importante a nivel Europeo.

    Por otro lado se contará en dicho espacio informativo con la exposición A Banda Avanza, además de una selección de publicaciones hecha en colaboración con el propio sector, que representa la producción actual en Galicia de autores como Antonio Seijas, David Rubín, Manel Cráneo, Kike Benlloch, Miguelanxo Prado, Pepe Carreiro, Norberto Fernández o Xaquín Marín, entre otros. Además para acompañar la promoción se repartirá el CD BDG del Consello da Cultura Galega y catálogos de la muestra Dez anos de viñetas.

    Noticia completa

  • Homenaxe ao humorista gráfico Siro

    O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), e a Facultade de CC da Comunicación da USC ofrecerán unha homenaxe ao humorista gráfico Siro pola súa traxectoria profesional, o día 24 de xaneiro, xoves, no Auditorio da Facultade de CC da Comunicación en Santiago (Avda. de Castelao s/n).

    O acto comezará ás 12 horas e será presentado polo decano do CPXG, Xosé Manuel Vega Gómez. Entre os asistentes estarán Xosé Luis Vilela ( director de La Voz de Galicia ), Xosé Luís Barreiro Rivas ( articulista de La Voz de Galicia ), Bieito Rubido ( xornalista ), Xulia Díaz ( xornalista ), Miguel Túñez ( decano da Facultade de Ciencias da Comunicación ) e Pinto & Chinto ( humoristas gráficos ) que farán unha pequena achega á traxectoria profesional do debuxante.

    Ademáis, haberá unha actuación da cantante Manuela e do grupo Corre Carmela que chove. A entrada ao acto de homenaxe é libre.

  • Emma Ríos, Alberto Vázquez e David Rubín

    Hoxe, en culturagalega.org fan unha reseña do traballo de tres dos nosos socios que máis repercusión están a ter.
    Para ler a nova completa, preme neste enlace.

  • Reportaxe sobre cómic galego en La Opinión

    Os diarios La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo publicaron unha reportaxe a dobre páxina sobre autores galegos de BD que cruzaron fronteiras co seu traballo, acadando publicar as súas obras en mercados estranxeiros. Podedes ler parte da reportaxe en La Opinión ou descargar un ZIP cos PDFs da dobre páxina da versión en papel do mesmo diario.