Despois de varios anos traballando de forma exitosa para o mercado estadounidense da banda deseñada con guións doutros autores, a nosa socia Emma Ríos publicou unha historia curta no último número (o 26) da serie Prophet, da Image Comics. Tal e como comenta no seu blog (onde se poden ler as páxinas), trátase da primeira historia escrita, debuxada e coloreada enteiramente por ela que prepara para o mercado norteamericano.
Categoría: historico
-
Emma Ríos escribe e debuxa para ‘Prophet’
-
David Pintor, na Feira do Libro de Vigo
O noso socio David Pintor estará mañá, venres 30 de xuño, ás 19:00 h, na Feira do Libro de Vigo, na presentación do libro Dun tempo e dunha terra, por el ilustrado. O volume é unha antoloxía poética de Celso Emilio Ferreiro editada por Tambre, en selección de Gonzalo Navaza. -
Antonio Seijas anuncia a súa próxima novela gráfica
O noso socio Antonio Seijas anunciaba onte no seu blog a próxima publicación da novela gráfica Cartas de inverno, adaptación da novela homónima de Agustín Fernández Paz.A obra, xa rematada, chegará ás librarías o próximo outono, publicada por Edicións Xerais.
-
Premio CCEI para Xan López Domínguez
A obra La noche del Marramiáu, escrita e ilustrada polo noso socio Xan López Domínguez, resultou gañadora do Premio CCEI 2012 na categoría de ilustración.Os premios CCEI naceron en 1962 co fin de «estimular e destacar a produción literaria das
obras infantís e xuvenís máis sobresalientes, editadas en España,
para nenos e adolescentes menores de 16 anos». En 1996 comezaron a incluír a categoría de ilustración. -
Exposición de Pablo Otero na Coruña
Durante esta segunda quincena do mes de xuño, a libraría Libros para Soñar da
Coruña (avenida de Fisterra 64, 15004 A Coruña) expón orixinais do libro A cociña de Toto Murube, de Jose Antonio Ramírez Lozano e o ilustrador Pablo Otero.Pablo Otero será ademais o encargado de coordinar, a principios de xullo, un taller de creación plástica para nenos na libraría Libros para Soñar de Vigo (rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo), co título Supercidades.
-
‘Garbancito y otros cuentos’, en Zamora
Os nosos socios Óscar Villán e Federico Fernández teñen obra
incluída na mostra Garbancito y otros cuentos, que
pode visitarse ata o 21 de xullo na sala de exposicións da Biblioteca
Pública de Zamora (plaza Claudio Moyano s/n, 49001 Zamora).A exposición conta
con ilustracións pertencentes a dez títulos publicados por
Kalandraka Editora. Nela poden verse obra doutros seis ilustradores: Marc
Taeger, Ana Míguez, Sofía F. Rodríguez, Gabriel Pacheco, Pablo
Auladell e Pablo Mestre, a partir dunha proposta narrativa de José
Antonio López Parreño Rodorín. -
Fran Jaraba anuncia a edición da súa seguinte obra
Segundo publicaba esta mañá a web CulturaGalega.org, o noso socio Fran Jaraba ten xa data para a edición da súa nova obra, División Azul. Será na próxima primavera, e a publicación virá de mans de Edicions de Ponent. Despois da triloxía cubana, recollida hai dous anos no volume De sangre y ron mi Cuba, Fran Jaraba somerxeuse nun capítulo diferente da historia contemporánea, coa experiencia dos soldados españois a loitaren na fronte rusa da II Guerra Mundial.
-
‘Turo’, na web de RTVE
A banda deseñada Turo, escrita e debuxada por Mateo Guerrero e coloreada polo noso socio Javi Montes, recibe unha ampla reportaxe na web de Radio Televisión Española. Nela, Mateo Guerrero comenta moi diversos aspectos da súa obra, e non esquece falar do colorista. Do traballo de Javi Montes di que «é marabilloso, ambiental, potente, narrativo…», e que desde que comezou coa obra o tivo en mente como colorista. «Con el, sempre estou seguro de que
vai enriquecer o traballo, achegando elementos ambientais importantes a través da cor». -
Clase maxistral de José Domingo en Pontevedra
Mañá,
sábado 9 de xuño, de 10:30 a 14:30 h, o noso socio José Domingo impartirá unha
masterclass na escola de banda deseñada e ilustración O Garaxe
Hermético, en Pontevedra. As prazas son limitadas, e requírese o pagamento de
inscrición. Todos os datos, aquí.No
mesmo lugar, esta tarde ás 18:00 h. inaugúrase a exposición
Fabricando BDs, de Fernando Iglesias Kohell. -
Sinaturas de Xan López Domínguez na Feira do Libro de Madrid
Mañá,
día 9 de xuño, o noso socio Xan López Domínguez estará asinando libros na Feira do Libro de Madrid, de 12:00 a 14:00
h, nas casetas 307 e 308, da editorial Edelvives.