A mostra con
pranchas da obra El héroe — Libro uno, de David Rubín, pode
visitarse ata o 31 de xullo no fórum da Fnac Diagonal Mar (Centro
Comercial Diagonal Mar, avinguda Diagonal 3, 08019 Barcelona). A
exposición inclúe orixinais e exemplos das distintas fases da
creación desta BD: lapis, tinta e cor.
Categoría: historico
-
Exposición de ‘El héroe’ en Barcelona
-
Novas presentacións de Demo Editorial
Mañá, mércores 6 de xuño, ás 19:00 h, a Fnac da Coruña (Mercado Eusebio da Guarda, praza de Lugo s/n, 15004 A Coruña) acollerá a presentación de Castelao: O pobre tolo, de Inacio e Iván Suárez. O acto, ademais da dos autores e o editor (Manel Cráneo), contará coa presenza do oboísta Benxa Otero, que acompañará a lectura dun fragmento da obra. Ao finalizar, haberá unha sesión de sinaturas para o público interesado.O sábado, día 9, outra publicación de Demo Editorial terá actividades de lanzamento. Pola mañá, ás 12:00, na Libraría Paz (rúa Peregrina 29, 36001 Pontevedra), e pola tarde, ás 18:00, na Libraría Banda Deseñada (rúa Cataluña 27, 36206 Vigo), será presentada a obra Sálpock: O val dos Cegos, de Álvaro López e Luis Sendón.
-
David Pintor, na Feira do Livro do Porto
O vindeiro sábado, 9 de xuño, o noso socio David Pintor estará presente na Feira do Livro do Porto, entre as 12:00 e as 13:00 h. Será na caseta de Kalandraka, asinando os libros Contos para meninos que adormecem logo a seguir e Minimalário.
-
Presentación de ‘Sinónimos de Lucro’ e ‘El Arca de las Historietas’
Os
novos números das revistas Sinónimos de Lucro e El Arca de las
Historietas serán presentados mañá, sábado
2 de xuño, ás 18:00 h, na libraría A Gata Tola (Avda. Romero Donallo 9, 15704 Santiago de Compostela).Haberá sesión de sinaturas cos autores, e petiscos para o público asistente.
-
Exposición e venda de serigrafías de Sergio Covelo
O Bar Hipólito (Avda. de Castrelos 28, 36210 Vigo) acollerá, entre o 4 e o 30 de xuño, unha exposición de serigrafías de Sergio Covelo titulada Bestiario. Nela, Sergio fai un repaso por personaxes míticos do terror, monstros e protagonistas de lendas.
As serigrafías estarán á venda no propio local da exposición.
-
Entrevista a José Domingo en ‘Abc’
A edición galega do xornal Abc publicaba onte unha extensa entrevista a José Domingo con motivo do seu premio no Salón de Barcelona. O texto repasa o proceso de creación de Aventuras de un oficinista japonés, e tamén dedica un pequeno capítulo a falar do cómic dixital, a propósito dos novos proxectos do autor. A entrevista completa pode lese aquí.
-
Exposición de ‘O pobre tolo’ en Lalín
A exposición das pranchas do cómic Castelao: O pobre tolo, de Inacio e Iván Suárez —que publica Demo coa colaboración da Librería Komic—, estará a partir de mañá, día 1, e ata o 8 de xuño, no Museo Ramón María Aller (rúa Ramón Aller 9, 36500 Lalín).
O acto de inauguración, ás 20:30 h, contará coa presenza do profesor Manuel Igrexas e do oboísta Benxa Otero.
-
David Rubín, en El Corte Inglés da Coruña
Este xoves, 31 de maio, o centro El Corte Inglés Ramón y Cajal (rúa Ramón y Cajal 57, 15006 A Coruña) inaugura o seu espazo «Mundo Cómic», e a primeira actividade será unha clase maxistral a cargo do noso socio David Rubín. Titularase «O proceso de creación dunha novela gráfica: El héroe», e estará ilustrada coa proxección de debuxos e páxinas do cómic. Será na sala «Ámbito Cultural», situada na 2.ª planta, ás 19:00 h, con entrada gratuíta ata completar aforo. A continuación, a partir das 20:00 h, David asinará exemplares das súas obras no devandito espazo «Mundo Cómic» (na planta baixa, a carón da sección de libraría).
-
Marina Seoane e David Pintor, na Feira do Libro de Madrid
Os nosos socios Marina Seoane e David Pintor estarán nos próximos días na Feira do Libro de Madrid asinando exemplares das súas obras.Marina asinará os que ten publicados na editorial Edimáter: ¡Brujas!, La lluvia mágica e ¡Vamos a viajar! 1 e 2. As sesións de autógrafos serán en dúas casetas, a de El Dragón Lector (n.º 52) e a da Asociación de Editores de Andalucía (n.º 278). Na primeira estará o 8 de xuño, entre as 18:30 e as 20:30. Na segunda, o 26 de maio e o 6 de xuño de 19:00 a 21:00; o día 7 de 18:00 a 19:00, o día 8 de 12:00 a 14:00, e o día 10 de 10:30 a 12:00 h.
Pola súa parte, David Pintor estará na caseta de Kalandraka (n.º 139) o sábado 2 de xuño, de 12:00 a 14:00 h.
Actualización: Ademais deles, outro dos nosos socios, José Domingo, estará tamén asinando os seus libros mañá, 26 de maio, a partir das 18:00, na caseta de Madrid Cómics (n.º 85). Ás 11:30, no mesmo lugar, asinará con outros dos colaboradores do proxecto Black Pulp Box.
-
Actividades do Colectivo Miñoco en ExpOtaku
Mañá, venres 25, ás 11:00 h, dará comezo a ExpOtaku; será en en Expocoruña (Avenida da Universidade
s/n, 15008 A Coruña). A temática da feira este ano foi ampliada con respecto ás edicións anteriores; así, inclúese o maratón informático Arroutada Party e búscase captar con diferentes contidos un público máis xeral, non exclusivamente do mundo do manga e os videoxogos.O Colectivo Miñoco, formado por Yago García, María Álvarez, Elena Valverde e Jorge Fernández, participa novamente este ano, cunha exposición centrada nos crossovers, e, ademais, unha charla (o sábado 26, ás 20:00 h) sobre o proceso creativo da exposición e outros proxectos do colectivo, e un «live painting» que se realizarán no seu stand da feira. Volverán dinamizar tamén dous concursos, un de fanart e outro de deseño de personaxes, co apoio da asociación organizadora da feira, Movemento Xove.
Actualización: Á parte das actividades dentro do colectivo, Jorge Fernández, pola súa parte, participará o sábado ás 17:00 nunha charla sobre o libro Cuando el titiritero reclama sus
marionetas, autoeditado por el e Fernando Pérez Barral, no que colabora como portadista.