Autor: admin

  • Polaqia en los USA

    Fruto del encuentro de dos colectivos de autores de cómic, desde EE.UU. Calavera Comics y desde Galicia Polaqia, el 7 y 8 de Junio, los tebeos editados por Polaqia están a la venta en el MoCCA, el Museo del Cómic de Nueva York, en el transcurso de uno de los festivales de cómic independiente más importantes de EE.UU, siendo esta, la primera vez que diferentes publicaciones de autores gallegos como “APB“, “Tanque Familiar“, “Pinche Mundo” o el propio “Barsowia“, entre otros títulos de la veintena que conforman el catálogo de Polaqia hasta la fecha, podrán adquirirse en EE.UU., y en un marco tan prestigioso como el MoCCA.

    Y también gracias a ello este Agosto, en Viñetas del Atlántico, en A Coruña (11-17 de agosto), quien quiera podrá adquirir los cómics que Calavera edita, inéditos en España hasta la fecha, en el stand de Polaqia, en lo que se plantea como el primer paso de una colaboración fructífera entre ambos colectivos.

    Para vestir de gala la ocasión, en el MoCCA se exhibira el cartel que se puede intuir ilustrando la ntocia y que fue realizado al alimón entre Alexis Ziritt –miembro de Calavera Comics- y David Rubín –miembro de Polaqia– cuya función es dar a conocer al lector estadounidense en que consiste Polaqia, que es, de donde y por quién está conformado el colectivo.

    Como siempre, Polaqia mantiene abiertas las puertas a colaboraciones, tanto a nivel individual como colectivo, tanto a autores de aquí como de cualquier otro confín de la Tierra.

    Más información en la web de Polaqia

  • PLANETA MINCHA: Novo proxecto de BD de Manel Cráneo

    Desde este mes pódense ler as historias de Planeta Mincha Xeográfico, a nova serie de bd do noso socio Manel Cráneo, que ve a luz no magazine cultural CAÑA, de difusión gratuita para toda Galicia. A serie pretende ser unha especie de National Geographic dun planeta creado polo autor na que poderemos ir descubrindo especies, costumes, lugares e outras curiosidades do lugar.

    Pero isto non fica aí, a serie ten un complemento: http://planetamincha.blogspot.com, un espazo virtual organizado polo Ministerio de Ciencia Mincha e que promete ser un reclamo máis para os lectores da serie e un sitio con vida propia onde terán cabida materiais e formatos que o autor non pode encaixar no formato cómic, como por exemplo músicas étnicas de diferentes zonas do planeta, artígos de investigación e películas publicitarias do Ministerio de Ciencia Mincha, entrevistas a personaxes que vaian aparecendo nas historietas, e outras curiosidades. “A idea e ofrecer outras posibilidades de achegarse a ese mundo que vaian máis alá dunha simple serie de cómic e poder traballar con outros formatos que me interesan particularmente como a música, a ilustración ou pequenos experimentos audiovisuais” comenta o autor “…e así darlle unha volta ao concepto habitual de bd e intentar dar un paso máis creando algo como mínimo diferente dentro do que entendemos como serie de bd”.

    Segundo comenta Cráneo, a serie Planeta Mincha Xeográfico non é máis que un avance doutro tipo de historias ambientadas neste planeta e noutros formatos, que lle gustaría poder desarrollar nalgún momento: “espero que isto sexa a punta dun iceberg que espero sacar a flote se cadran ben as cousas, de feito desde que se me ocurriu isto ata agora, pasaron xa sete anos.”

    As influencias deste proxecto son moi diversas pero sobre todo da cultura da ciencia ficción e a fantasía, de feito haberá referencias bastante evidentes a clásicos do xénero. Polo de agora pódese seguir a serie Planeta Mincha Xeográfico na revista Caña onde ademaís aparecerán publicadas tiras de humor de Alberto Guitián e unha sección de crítica de banda deseñada escrita por Henrique Torreiro, tamén socios da AGPI.

  • Homenaxe a Xaquín Marín

    A exposición Historieta galega, 1973-2008, colgada no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) desde o pasado 6 de marzo, pechará as súas portas o vindeiro domingo 8 de xuño. Dous días antes, o venres 6 de xuño ás oito da tarde, terá lugar unha homenaxe a Xaquín Marín. 

    – Información completa na web Compostela Cultura.

  • Max, novo presidente de FADIP

    maxA Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais (FADIP) renova a súa directiva e reforza a súa posición de representación do sector no Estado. 

    Constituíuse a nova xunta directiva da Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais (FADIP), que preside Francesc Capdevila Max, recentemente galardoado co Premio Nacional de Cómic instituido polo Ministerio de Cultura. 

    Max (Barcelona, 1956) é un dos autores de cómic e ilustración máis prestixiosos no panorama internacional actual. En 1997 recibiu tamén o Premio Nacional de Ilustración Infantil e Xuvenil, e no ano 2000 o Gran Premio do Salgou do Còmic de Barcelona en recoñecemento á súa carreira. Para el «é unha gran responsabilidade presidir a FADIP, ademais dunha honra». Así mesmo, recalcou que «estamos nun momento moi importante para a ilustración no Estado, pero o seu futuro depende de que os ilustradores consigamos facer oír a nosa voz en defensa duns dereitos básicos moi maltratados ata agora». 

    A FADIP agrupa a cinco asociacións de profesionais da ilustración de todo o Estado: as de Cataluña (APIC), Galicia (AGPI), Madrid (APIM), País Vasco (APIE-EIEP) e Valencia (APIV), e converteuse en auténtico interlocutor en representación do sector da ilustración no noso país.

    A nova directiva afronta como un dos retos máis importantes para o futuro inmediato a creación do Observatorio da Ilustración, cuxo fin será «procesar e estudar a información sobre as prácticas contractuais e económicas no mercado da ilustración», de forma que se poñan en evidencia os abusos que a ese respecto están levando a cabo algunhas empresas (especialmente no sector editorial), e tamén destacar as que desenvolven boas prácticas. 

    Xunto a Max, Completan a xunta directiva Manel Cráneo (por AGPI), Arnal Ballester (por APIC), David Heras (por APIV), Javier Blázquez (por APIM) e Danimaíz (por APIE-EIEP).

    Á súa vez, FADIP designou aos ilustradores Gerardo Trives e Lluís Miquel Abian como os seus representantes no European Illustrators’ Forum (EIF), e incorporou a Henrique Torreiro como xerente e a Susana Fernández como secretaria técnica.

  • Zanahorias en el cole

    No es autobombo el afirmar que en AGPI tenemos la suerte de contar con un excelente colectivo de profesionales. Es un hecho. Y casi todos los días tenemos constancia de la calidad de los trabajos realizados por alguno de nuestros socios y nos enteramos de ello cuando se produce un nuevo libro.

    Hoy no es el caso. Simplemente os dejo un enlace para que veais un bonito proyecto en el que estuvo metido nuestro socio Óscar Villán. Sobran las palabras y como quiero mantener un poquito de misterio, mejor seguid el enlace, no os arrepentireis.

  • Curso de introducción á serigrafía para socios da AGPI

    Dado o interese que esta disciplina desperta no noso colectivo, a AGPI e a Deputación da Coruña
    financiarán aos socios de AGPI un curso de Serigrafía organizado e impartido
    por Xulia Barros e Ramón Villaverde. Este curso intensivo vai dirixido a
    ilustradores, deseñadores e interesad@s en coñecer os rudimentos desta
    técnica e como afrontar e presentar un traballo para serigrafía (isto é,
    coñecer como hai que enviar un traballo listo para a sua filmación e
    impresión). En concreto, todo o que hai que ter en conta para deseñar
    camisetas.

    O curso é ten unha duración de 8 horas, e celebrarase en tres tandas os
    días 28 de xuño, o 26 de xullo e o 2 de agosto. O precio do curso son 70
    euros por persoa, 40 dos cales serán aportados por AGPI, e os 30
    restantes polo alumno/a.

    Temario:

    – INTRODUCCIÓN Á SERIGRAFÍA, visita ó taller é relato do proceso.

    – DESEÑO E PREPARACIÓN DE FOTOLITOS, requerimentos dun deseño para
    serigrafía. Fotomecánica.

    – CAMISETAS, tallas e escalado do deseño.

    Paramos para unha grata e satisfactoria comida en marco incomparable. A
    sobremesa será curta, pola tarde entraremos directamente no traballo de
    taller:

    – PREPARACIÓN E REVELADO DE PANTALLAS.

    – AXUSTE DA MÁQUINA, PREPARACIÓN DE UTILLAJE E TINTAS.

    – IMPRESIÓN.

    – RECUPERACIÓN DE PANTALLAS.

    O curso será impartido por Xulia Barros e Ramón Villaverde, que levan
    catro anos traballando arreo nas lides serigráficas no seu taller de
    Beade (Vigo). Deseñan e producen duas liñas de camisetas e traballan por
    encargo. Son proveedores exclusivos dos escritorios de Linux KDE Hispano
    e Gnome Hispano.

    Xulia Barros é ilustradora e socia da AGPI. Estudou Belas Artes, e
    Serigrafía na Universidade Popular de Vigo.

    Ramón Villaverde é monitor do plan FIP de programas de maquetación e
    deseño. Traballou como responsable de producción nunha serigrafía
    industrial e tamén estudou Serigrafía na Universidade Popular.



    Actividade desenvolvida con axuda da Deputación da Coruña

  • 7º Concurso de carteis Francisco Mantecón

    A empresa Bodegas Terras Gauda convoca a séptima edición do Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario “Francisco Mantecón”. O prazo de entrega está aberto ata as 18h do 30 de setembro de 2008. Concederase un primeiro premio de 10.000 euros e dous accésit de 2.000 euros.

    As bases están colgadas na web dos organizadores. 

  • Convocado o 19º Premio SM de Ilustración

    Acábanse de publicar as bases da 19ª convocatoria do Premio Internacional de Ilustración da editorial SM. O prazo de entrega será do 1 ao 31 de xaneiro do 2009 e hai un único premio dotado con 12.000 euros (importe que neste caso, e ao contrario do que ocorre en non poucos concursos, non se computará a conta dos dereitos de autor que se estipulen no contrato de edición. É dicir: é un premio dos de verdade, non un adianto máis ou menos xeneroso de dereitos de autor). 

    Esta editorial convoca anualmente varios premios; como vén sendo habitual, a diferencia do importe dos premios entre as distintas categorías é considerable:

    – Premio SM de Ilustración (álbum ilustrado): 12.000 euros
    – Premio de Literatura Infantil (El barco de vapor, castelán): 100.000 euros
    – Premio de Literatura Xuvenil (Gran Angular, castelán): 100.000 euros

    ¿Será que as ilustracións devalúan os libros? Ou haberá outra razón que descoñecemos. En calquera caso, benvidos sexan.

  • 10 anos de BD Galega en Lisboa

    Dende o próximo día 31 de Maio, a Bedeteca de Lisboa inaugura a exposición 10 anos da BD Galega, que mostra como nos últimos anos o contexto relativo á banda deseñada galega cambiou de manera significativa: ás Xornadas de Ourense e ó Salón de Cangas, xuntouse o VIñetas dende o Atántico, que ten traido a Galicia grandes referentes do comic internaciónal.

    O xurdimento, no inicio do milenio, de colectivos independentes como Polaquia ou BDBanda, permitiu que moitos de autores máis novos desen visibilidade ao seu traballo.

    Esta exposición presenta o traballo de 42 autores de varias xeracións, dende Xaquín Marín a Diego Blanco, e mostra a riqueza e diversidade da banda deseñada galega, reunindo varios estilos e tendencias nunha proba de enorme vitalidade.

    Esta exposición, organizada polo festival “VIñetas dende o Atlántico”, AGPI e a Xornadas de BD de Ourense, co apoio da Xunta de Galicia, vai estar na bedeteca ata o 20 de Xuño.

    Máis información:
    www.bedeteca.com

  • Benvidos a AGPI.ES: a nova web de AGPI

    Cúmprense estes días cinco anos dende que unha chea de
    debuxantes e ilustradores galegos acodimos á chamada da AGPI (por entón chamada Ilustradores Galegos Asociados) que nos
    convocaba en Santiago para asistir, nunha sorte de catarse profesional
    colectiva, á refundación da cáseque esquecida asociación. Desa reunión mantida
    na galería Sargadelos, xurdiu de novo, cal fénix das suas cinzas, o que dende
    entón deu en chamarse ASOCIACIÓN GALEGA
    de PROFESIONAIS da ILUSTRACIÓN (AGPI)
    , e que non é outra cousa que a
    consecuencia lóxica do emerxente movemento asociacionista que se estaba a cocer
    nos mentideiros dunha profesión que reclamaba a gritos a necesidade de gañarse o
    respeto de editores,clientes e da sociedade en xeral e que, coma se dunha revolución se
    tratase, deu por xuntar nun mesmo lugar a unha mesma hora a boa parte do
    colectivo profesional que a formaba. Asi pois, hai cinco anos que a AGPI decidiu organizarse en serio e
    retomar un dos seus principios fundacionais: traballar en prol da dignificación
    da profesión, a promoción dos seus membros, e o respeto aos seus dereitos.

    Moito queda aínda por facer para acadar estes obxectivos,
    mais tamén moito é o que dende entón se ten feito, e como proba de que os nosos
    esforzos teñen a sua recompensa, presentámosvos agora a remodelación do noso
    sitio web, que tan profunda e completa é que xa non se pode falar duna
    “actualización”, senón dun website completamente novo. Tanto é asi que deixamos
    atrás o dominio da nosa primeira páxina “agpilustracion.org” e presentamoslle ao
    mundo este novo sitio cun nome tamén novo, tan simple e identificativo como o da
    propia asociación: “AGPI.es“.


    Entrando en agpi.es atoparedes xa non unha web de ilustradores, senón un auténtico portal cheo de
    contidos pensados e organizados de maneira intelixente para seren usados por
    profesionais do debuxo, clientes potenciais dos servizos de ilustradores, pola
    prensa e os medios, e en definitiva, por todo aquel con interese no mundo
    gráfico do debuxo.

    Atoparedes nel novas do sector permanentemente
    actualizadas, galerías virtuais onde se mostran as exposicións organizadas pola
    asociación durante este tempo, información completa sobre quen somos e que é o
    que facemos. Os asociados dispoñen dun espacio exclusivo onde atoparán
    documentación de interese para o millor exercicio da sua profesión, información
    sobre asuntos económicos, fiscais e legais, actas das reunións e asambleas da
    asociación, listados e enderezos de contacto de editoriais e axencias, foros de
    discusión, convocatorias de cursos, talleres, becas, certames e concursos,
    etc…

    E o máis importante: todo aquel que queira visitarnos, pero
    sobre todo pensado nas necesidades de quen precise contratar un ilustrador,
    poderá atopar en agpi.es a principal utilidade deste website: un
    buscador de ilustradores organizado
    para facilitar a búsqueda por nome, por lugar de residencia ou por campos de
    traballo; de tal xeito que podemos asegurar que sexa cal sexa o estilo ou
    técnica artística que se precise para un determinado encargo, gracias a este
    localizador o cliente poderá atopar fácilmente entre os socios da AGPI un profesional de garantía que lle
    resolva o traballo de maneira solvente e eficaz. A utilidade deste buscador é
    tan grande que sen dúbida a web da AGPI se coverterá nunha ferramenta de
    uso fundamental para editores, creativos e directores artísticos que precisen
    localizar e contactar frecuentemente con debuxantes, facilitándolles o traballo
    e ampliando e actualizando a sua axenda de contactos.

    Con esta nova páxina que estamos a presentar, pretendemos
    mostrar a gran calidade e a amplísima variedade formal e estilística que teñen
    os profesionais galegos, nunha mostra da heteroxenia e a riqueza gráfica que
    sempre foi signo de identidade dos nosos artistas. E con elo prentendemos tamén
    ofrecer ao público e aos nosos clientes unha imaxe sólida de seriedade e de
    conciencia da propia identidade, que á postre é a millor garantía de que só un
    ilustrador profesional está capacitado para resolver adecuadamente o encargo
    recibido.

    Esperamos recibir moitas visitas, e desexamos que os
    contidos desta nova web sexan útiles e de interese. Donas e cabaleiros, ¡pasen e
    vexan!

    Santiago
    Gutiérrez,
    Presidente
    da
    AGPI