Autor: admin

  • Notas de Axenda un pouquiño pasadas…

    pero para que quede constancia, e dado que son de interese:
    AGOSTO 2008:

    Na Feira do Libro, no Cantón Grande da cidade da Coruña, celebrouse o  mércores 6 de agosto Graffiti e Letras, e o xoves 7 de
    agosto de  tivo lugar o OBRADOIRO
    DE DEBUXO E GRAFFITI A TRAVÉS DAS PALABRAS
    , Impartido polo socio da
    AGPI, Anxo Fariña, autor dos megatoxos.

    _______________________________________________________________________

    XULLO 2008:

    A Asociación Galega de Editores (AGE), reunida
    en Asamblea Xeral Extraordinaria para a elección dos cargos da súa
    Xunta
    Directiva para os dous próximos anos, decidiu por maioría reelixir como
    presidente a Alfonso García Sanmartín, director de Rodeira-Edebé, nunha
    aposta
    da asociación pola continuidade na liña de traballo desenvolvida nestes
    dous últimos
    anos.

    O equipo directivo queda tamén
    configurado polo vicepresidente, Francisco Alonso (Edicións Xerais de
    Galicia);
    a secretaria, Ana Guerra Cañizo (Edicións Obradoiro); a tesoureira,
    Pilar
    Sampil (Editorial Galaxia) e cinco vogais: Francisco Villegas (Edicións
    do
    Cumio), Irene Penas (Everest Galicia), Antonio Balboa (Edicións
    Lóstrego),
    Consuelo Carreira (Sotelo Blanco Edicións) e Tucho Calvo (La Voz de
    Galicia).

  • O Salón de Cangas ya está cerca

    No sólo de Viñetas vivimos los aficionados al comic gallegos, tenemos la suerte de contar con el Salón de Cangas que aunque pueda no ser tan masivo como el de Coruña, es toda una referencia imprescindible en su ya 12ª edición.

    Este año, del 21 al 27 de Julio, tenemos una cita allí para disfrutar de talleres de BD y caricaturas (a cargo de Jvlivs y Luis Davila), la entrega de premios, exposiciones, la presencia de Tirso Cons y Manel Fontdevila, y seguro que nos encontramos con Horacio Altuna y Kenny Ruíz (que es el autor del cartel).
    Si a eso le sumamos que es una de las pocas citas que tenemos en Galicia, que es totalmente gratuíto y que Cangas tiene unas playas inmejorables,… ya estamos tardando en preparar la cita.

  • Miguel Porto á conquista de Alemania

    O noso socio Miguel Porto marcha cara terras xermanas este Domingo 20 de Xulio e alí estará ata o día 30 do mesmo mes, participando no Skizzenfesival, un festival de debuxo ó natural, que se celebra na cidade de Straslund. Dará así mesmo un taller xunto a deseñadora holandesa Sanne van de Goor o día 27.

    Máis información na web de Miguel Porto

  • Obradoiro de BD a cargo de Manel Cráneo

    Os próximos mércores 20 e xoves 21 de agosto, coincidindo co mes no que
    se realiza o Salón “Viñetas do Atlántico”, terá lugar na Biblioteca
    Pública da Coruña “Miguel González Garcés” unha nova edición do
    Obradoiro de Banda Deseñada a cargo do noso socio Manel Cráneo.

  • Xa se van coñecendo os invitados a Viñetas

    Un dos eventos máis importantes de BD que temos na península, Viñetas desde o Atlántico, xa vai enchendo a súa lista de invitados para a edición de este ano.

    Se tedes algunha obra de Catel Muller, Daniel Acuña, David Aja, Howard Cruse, José Louis Bocquet, Luc Brunschwig, Olivier Ka, Solano López ou Etienne Le Roux; ide preparándoa para unha bonita adicatoria.

    A edición de este ano terá lugar do 11 o 17 de Agosto, na cidade de A Coruña.

    Máis información no blogue oficioso do evento.

  • Proceso do proxecto do viaducto

    viaducto grafiti coruña fernando llorente
    Ilustración de Fernando Llorente

    Hai uns días falabamos do proxecto de ilustración dos pilares do viaducto de San Pedro de Mezonzo.

    Pois xa temos o enlace ao blogue onde se pode ver todo o proceso e como van quedando os pilares.

    Non ten desperdicio ningún. Unha delicia.

  • VII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Raíña Lupa

    Poderán optar a este premio convocado pola Deputación da Coruña tódalas persoas que presenten obras adicadas ao público infantil ou xuvenil, inéditas e non premiadas con anterioridade, e escritas en galego. As obras serán de tema e extensións libres, podendo contemplar a inclusión de elementos ilustrativos, gráficos, etc.
    Outorgarase un premio único e indivisible dotado con 6.500 euros. A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, reservándose durante dezaoito meses os dereitos de edición.

    B A S E S:

    Primeira
    Poderán optar ó premio tódalas persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten narracións adicadas ó público infantil ou xuvenil, inéditas e non premiadas con anterioridade, e escritas en galego.

    Segunda.
    Outorgarase un premio único e indivisible dotado con 6.500 €.
    A deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, reservándose durante dezaoito meses os dereitos de edición.

    Terceira.
    As obras serán de tema e extensión libres, observando as características propias da novela adicada ó público infantil ou xuvenil, podendo contemplar a inclusión de elementos ilustrativos, gráficos, etc. As obras presentaranse por duplicado e en exemplares separados, en tamaño DIN A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados.
    As obras presentaranse baixo un título e un lema, achegados de plica na que se fará constar o título e o lema no seu exterior, e que conteña no seu interior o nome e os apelidos do autor, o seu domicilio, nacionalidade e número de teléfono.

    Cuarta.
    O prazo de recepción das obras rematará o día 16 de agosto de dous mil oito e enviaranse á Deputación Provincial, Avda. de Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre “VII Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”.

    Quinta.
    O xurado estará presidido polo señor presidente da deputación e formarán parte del a señora deputada presidenta da Comisión de Cultura,Educación e Patrimonio Histórico-Artístico, e cinco persoas de recoñecido prestixio do ámbito literario nomeadas polo sr. presidente da Deputación , e o gañador do ano anterior, que poderá ser substituído por outra persoa, no caso de que non lle fose posible acepta-la súa participación; actuará como secretario o da corporación ou funcionario no que delegue.
    A composición do xurado publicarase con anterioridade á súa reunión, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

    Sexta.
    Os participantes terán a obriga de comunicar á deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.
    O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posibel única, sendo necesaria a asistencia dos dous tercios dos seus membros.
    As súas deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
    O xurado non poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia desta deputación, que é o órgano competente para resolve-lo premio.
    O premio decidirase nas datas comprendidas entre o 18 de agosto e o 30 de septembro do ano 2008, e será dado a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.
    A plica correspondente á obra que resulte finalista poderá ser aberta polo secretario do xurado a fin de que, se o seu autor o permite, poida darse a coñecer o nome do finalista.

    Sétima.
    Non se devolverán as obras presentadas non premiadas, e a partir da decisión do xurado serán destruídas.

    Oitava.
    A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte dos seus autores.

  • La ilustración gallega como uno de los pilares de la sociedad

    Esta vez es de manera literal. El viaducto de San Pedro de Mezonzo, en el centro de A Coruña, tendrá sus pilares decorados con el trabajo de varios ilustradores, muchos de ellos miembros de AGPI. De momento no hay imágenes, pero en cuanto dispongamos de ellas, las pondremos aquí.

    Los ilustradores encargados del proyecto son: Miguel Robledo, Manel Cráneo, Emma Ríos, Dani Montero, Marcos Calo,
    Xosé Tomás, Patricia Castelao, Leo López y Miguel Ruiz, Alberto
    Vázquez, Luis Sendón, Suso Cubeiro, Santy Gutiérrez, Javi Montes,
    Fernando Llorente, David Rubín y Xosé Cobas.

  • Lona ilustrada por Villán na Coruña

    fragmento da ilustración da lona da praza do papagaio

    Fragmento da ilustración de Villán.

    A semana pasada abriuse ao público a Praza do Papagaio da Coruña, que estivo pechada e en obras durante os últimos sete anos. Con motivo da inauguración, e para cubrir unha das zonas da praza que aínda están en obras, colgouse unha lona ilustrada por Óscar Villán, de 9 x 6 m. Permanecerá colgada durante, polo menos, todo o verán. 

    – Situación da Praza do Papagaio en Google Maps.

  • Presentacións Xosé Tomás

    O vindeiro venres 13 de xuño de 2008, ás 19h, terá lugar un acto de presentación das obras de María Solar O tempo do revés e Boa sorte, ambas ilustradas por Xosé Tomás e con actividades de Arturo Iglesias e Xosé Tomás. Será na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).