Autor: admin

  • ‘Os áridos’: BD divulgativa debuxada por Manel Cráneo

    Recentemente presentouse en Santiago o album de banda deseñada Os Áridos, promovido pola Asociación Galega de Áridos e debuxado por Manel Cráneo sobre un guión de Consuelo Chaves.
    A obra ten unha tiraxe inicial de 10.000 exemplares e está enmarcada dentro dunha campaña promocional que pretende achegar aos máis novos ao universo das canteiras e ofrecer unha imaxe deste sector profesional e do seu respeto ao entorno no que se desarrolla.

    O cómic está protagonizado por Lagartiño, un pequeno dumper que vai acompañado doutro camión máis vello durante o seu primeiro día de traballo na canteira có obxectivo de aprender os pormenores do seu traballo.

    Máis información:
    –El correo gallego
    –Entrecomics
    -Culturagalega 1 e 2

  • Nuevo libro de Alberto Vázquez

    Xa está á venda o novo libro de Alberto Vázquez. Trátase do mítico relato HOP-FROG de Edgar Alan Poe adaptado por Paco Liván.
    Hop-Frog é un bufón enano e deforme, por iso é o preferido do rei. Este é un gran bromista que aproveita a máis mínima ocasión para poder rirse á costa da xente canda os seus ministros. Unha historia de humillación e vinganza cun trasfondo escuro que está ilustrada cunha gráfica expresiva e baseada no trazo.

    – Máis información no blog do autor

  • White Ravens 2008 para libros galegos

    Ilustración: Rebeca Luciani

    No ano do seu décimo aniversario, a editorial KALANDRAKA incorpora o seu oitavo título a esta lista de honra.
    O libro de KALANDRAKA titulado O sorriso de Daniela, escrito por Carmen Gil, con ilustracións de Rebeca Luciani, vén de ser incluido na lista ‘The White Ravens 2008’ (Os Corvos Brancos). Esta distinción recoñece O sorriso de Daniela como un dos mellores álbumes infantís publicados en toda España durante o pasado ano.

    En anteriores edicións dos ‘White Ravens’, tamén foron distinguidos outros títulos de KALANDRAKA: Animais de Compañía (1999), Tío Lobo (2001), Onde perdeu Lúa a risa? (2002), O zapateiro e os trasnos e Nunca Máis (2003), Paxaros na cabeza (2006) e Smara (2007).

    Por outro lado, o selo OQO recibiu unha mención de honra no premio da Feira do Libro Infantil de Boloña polo seu volume O gran libro dos retratos de animais, escrito e ilustrado por Svjetlan Junakovic, e que está editado en galego, castelán, inglés, francés e portugués.

    OQO tamén vén de recibir en Italia un dos galardóns White Ravens polo seu libro Ovos duros, un conto popular do Magreb adaptado ao galego por Marisa Núñez e con debuxos de Teresa Lima (que recentemente obtivo o Premio Nacional de Ilustración de Portugal).

  • Abril dos Libros 08

    Un ano máis, o Concello de Pontevedra pon en marcha o programa “Abril dos Libros”, onde adica trinta días a actividades, concertos e obradoiros diversos.
    Como ven sendo habitual, a imaxe da campaña recae nun ilustrador, e en este caso, foi o noso socio Alberto García Ariza o encargado de facer a ilustración coa que se farán diversas aplicacións.

    Se estades interesados en ver o proceso de elaboración de dita ilustración, tedes máis información no blogue do autor.

  • O ladrón de palabras

    Xa está á venda a última obra para o público infantil do noso socio Anxo Fariña, O ladrón de palabras. Asina a autoría tanto do texto como das ilustracións. A obra xa foi presentada oficialmente da man da Concellaría de Normalización lingüística do Concello de Pontevedra.
    Paralelamente está a desenvolver uns obradoiros baseados no libro, e na mestura de debuxos e palabras. Uns xa tiveron lugar durante o mes de Marzo no concello de Pontevedra, onde participaron 400 rapaces.

    Proximamente esta actividade será realizada en outros concellos de Galiza, empezando no mes de Maio en Vigo.

    – Máis información no blog de Anxo Fariña

  • Santy: entrevista dixital en directo

    Nuestro socio y presidente de AGPI, Santy Gutiérrez, ilustrador y autor de las viñetas, publicadas en La Opinión, El Prisma y A Cosa Nostra, entre otros, estará este jueves 3 de abril a las 12 de la mañana disponible en un encuentro digital con todos vosotros.

    Actualización: aquí quedó registrada la entrevista.

  • Innocenti, premio Andersen de ilustración 2008

    ilustracion para Ilustración de Innocenti para Pinocho (fragmento; clic para ver completa).

    Cada dous anos, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) outorga os premios Hans Christian Andersen a un escritor e a un ilustrador que estean vivos e que, segundo a organización, teñan contribuido significativamente á Literatura Infantil e Xuvenil co conxunto da súa obra.

    Roberto Innocenti (Italia, 1940) foi o ilustrador premiado co Andersen de ilustración deste 2008, segundo se anunciou antonte na Feira do libro para nenos de Boloña (na que, por certo, se atopan os nosos socios Manel Cráneo e Pintureiro como representantes de AGPI).

    Jürg Schubiger (Suiza, 1936) foi o premiado na categoría de escrita.

    Máis información:
    – Sobre o premio Hans Christian Andersen.
    – Lista de premiados anteriores (1956 – 2006).
    – Información sobre Roberto Innocenti (en inglés).

  • III Xornadas de BD de Pontevedra

    Comezan mañá xoves as charlas das III Xornadas de Banda deseñada de Pontevedra coa conferencia retrospectiva do Premio Castelao, o máis importante de Galicia, reunindo aos tres gañadores ata o momento, os nosos socios David Rubín, Antonio Seijas e Jacobo Fernández. Están invitados tamén a estas Xornadas os autores Sergio García, que falará o venres do proceso creativo no cómic, coa charla e exposición Historia dunha Páxina, e JL Martín e Albert Monteys editor e director da revista El Jueves respectivamente que falarán o sábado dos trinta anos de historia da afamada publicación.

    As Xornadas, organizadas pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Asociación BD Banda, complementan dende este luns as charlas con exposicións, proxección de películas e obradoiros de banda deseñada para cativos.

    Podedes ver máis información na páxina da Asociación BD Banda

  • Exposición de José Tomas

    Desde AGPI tenemos el gusto de invitaros a la inauguración de la exposición de nuestro socio, José Tomas, Tras o espello que tendrá lugar el Jueves, 3 de Abril a las 19.30 h en “o Ensanche”, rúa Frei Rosendo Salvado, 14 (Santiago de Compostela).
    La exposición durará hasta el día 30 de Abril, por lo que no habrá excusas para no asistir.

    Aprovechamos además para recordaros la dirección del blog del autor, donde se pueden ver más muestras de su trabajo.

  • Miguel Porto na Galeria Pony Club de Portland

    Miguel Porto participará na exposición The Magik Show que se inaugura na Galería Pony Club de Portland o próximo día 3 de Abril e que pechará o día 27 do mesmo mes, coincidindo co último día do festival de cómic de Stumptown. A mostra contará ademáis con outros autores de BD como Hope Larson, Gabrielle Bell, Sammy Harkham ou Tom Neel.

    -Máis información no blog de Miguel Porto