Unha Orde de monxes deambula polos camiños cunha misión, atopar as
portas do Paraíso, pero as portas que acaban abrindo van ser moi
diferentes… Esta é a sinopse da obra do noso socio Fernando Llorente, La Carreta Del Diablo, galardonada có Premio Castelao de Banda Deseñada o ano pasado. A partir de agora, podedes atopar a versión en castelán en Amazon. A versión en galego está en proceso de preparación.
Autor: admin
-
Publicada “La carreta del diablo”, de Fernando Llorente
-
Decorado, de Alberto Vázquez no Festival de Cannes

A última curtametraxe de animación, Decorado, de
Alberto Vázquez, é unha das 11 curtametraxes seleccionadas na Quincena de Realizadores del
Festival de Cannes, que ten lugar do 11 ó 22 de maio. Esas serán as datas do estreo mundial da curtametraxe, no propio festival.
Tamén foi elexida para participar no Festival de animación de Annecy (Francia), que terá lugar do 13 ó 18 de xuño.
Así mesmo, a súa única largometraxe, Psiconautas (codirixida con Pedro Rivero), basada na novela gráfica de mesmo nome, escrita e ilustrada polo propio Alberto, se estreará no Festival de Cans (O Porriño) -
Nace a ‘Guía Ninja do Ilustrador’

Ilustración de José DomingoA maioría dos ilustradores e ilustradoras son profesionais freelance, polo que, á parte de crear, teñen que manexar plans de empresa, negociar proxectos e facer presupostos, contratos e facturas. O ilustrador debe coñecer a fondo os dereitos e deberes da súa creación artística, para protexela e poder explotala. E, ademais, ten que moverse nun mercado complexo e protexerse de prácticas abusivas. Os ilustradores freelance precisan adestramento e habilidades ninja!
Ante esta esixencia profesional, desde AGPI consideramos indispensable a elaboración dunha guía que subministrase as ferramentas necesarias para defender os nosos dereitos e a nosa profesión. Así nace a Guía Ninja do ilustrador, un manual de boas prácticas, con información actualizada e moi valiosa que recolle e resume todo o que desde hai anos veñen divulgando as asociacións profesionais.
A partir de hoxe, e con cadencia semanal, publicaremos unha viñeta e un artigo en guianinjadoilustrador.org, conformando así un decálogo da profesión que pode ser divulgado facilmente a través das redes sociais e que permite o acceso rápido a informacións máis amplas sobre dereitos e cuestións prácticas da profesión.
-
O oficio de ilustrar: encontro con Carme Solé
A ilustradora e pintora barcelonesa Carme Solé Vendrell será a
protagonista dunha charla-encontro que, co lema “O oficio de ilustrar”,
se celebrará este xoves ás 18.30h na Galería Sargadelos de
Santiago, no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura.
Carme Solé falará da súa ampla traxectoria artística: máis de 700 títulos, entre álbums e libros de texto, publicados internacionalmente; participación en diversas exposicións; colaboracións en proxectos de escenografía; ademáis de impartir cursos de ilustración
en Europa, América e Asia. Cabe destacar o Premio Nacional de Ilustración que recibiu en 2013, polo conxunto da súa obra.Carme Solé visitará a exposición
de ilustracións, libros e instalacións artísticas da Campaña “Contos
para despois da chuvia”, na que se pode ver unha selección de imaxes do
seu álbum “A lúa de Xoán”, publicado por Kalandraka. Publicado
orixinalmente en 1982, trátase dun dos traballos máis importantes na
bibliografía desta autora, por ter marcado a súa proxección
internacional.“A lúa de Xoán”, aborda o temor á morte e a forma de
afrontalo. Esta é unha das cualidades que sobresaen da súa produción editorial: a reflexión -a través da ilustración e da literatura- sobre
temas profundos como a soidade, a tristura ou a perda dun ser querido;
un interés que responde ao compromiso da autora por falarlles aos nenos e
ás nenas sobre os seus medos e darlles respostas que non atopan nos
adultos. -
Comeza a Feira de Boloña con presencia da ilustración galega

Desde o 4 ó 7 de abril ten lugar a Fiera del Libro per Ragazzi, feira de gran importancia para o mundo da ilustración, especialmente a ligada á literatura infantil e xuvenil, na cidade italiana de Boloña.
Novamente, o posto oficial promovido pola Xunta de Galicia dedica un espazo á ilustración, en colaboración coa AGPI. Nesa parte do stand está a proxectarase continuamente un bucle de imaxes de ilustradores da AGPI e hai acceso a exemplares do noso último catálogo, “Novas olladas sobre os clásicos universais”. Expóñense exemplares de libros ilustrados por socios nosos no último ano, ademáis dunha exposición con ilustracións de varios dos socios: Alberto Guitián, Alberto García Ariza, Almudena Aparicio, Andrés Meixide, Carlos Rodil, Flavia Lago, José Gimeno, Iria Fafián, Iván Mourente, Javi Montes, Julia Gema, Kristina Sabaite, María Elisabeth, Marina Seoane, Marta Álvarez, Minia Regos, Nuria Díaz, Paula Mayor, Pedro Díaz, Perrilla Gatirrosa, Pinturero, Rodrigo Chao, Victoria Riveiro e Yupiyeyo.
Ademáis, contamos coa presencia das nosas socias Almudena Aparicio e Nuria Díaz, que impartirán obradoiros e dibuxarán en directo durante estes días. -
XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Entre o 1 e o
23 de abril celébrase, no Pazo de Cultura de Pontevedra, o XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil, este ano, baixo o lema “Canta bichería!”. Os animais serán os
protagonistas este ano: domésticos, salvaxes, polares,
nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes
do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!
O cartel desta edición, para cuxo proceso de selección a organización contou coa AGPI, corre a cargo da nosa socia María Álvarez, “Yupiyeyo” Outra colaboración coa AGPI foi na selección de autores (os nosos socios Dani Padrón e Sandra Carmelo) para os manteis ilustrados de «Almorzos ilustrados», repartidos polos establecementos hostaleiros do centro histórico.
No extenso programa podedes atopar obradoiros, música, teatro, cine e varias actividades que teñen que ver coa ilustración.
> O venres 1 de abril ás 19h o noso socio Anxo Fariña coordinará o obradoiro “Extravaganzza en Pontevedra”.
> O sábado 2 de abril en dúas sesións (ás 11h e as 17h) se elaborará un libro xigante no que colaborarán ilustrando algúns dos nosos socios. Esta actividade esta organizada polo debuxante Víctor Rivas e a editorial Xerais.
> O venres 8 de abril ás 17.30h, a nosa socia “Yupiyeyo” (María Álvarez) impartirá o obradoiro “Fagamos un conto ilustrado”. Este obradoiro repetirase o mércores 20 de abril no mesmo horario. > O domingo 17 de abril o noso socio Anxo Fariña impartirá o obradoiro “Camiño da Illa das Esculturas”.
> O sábado 23 de abril ças 11.30h e 17.30h os rapaces farçan un “Contacontos debuxado”, da man da nosa socia “Yupiyeyo” (María Álvarez)
>> Durante todo o salón podedes visitar a exposición das ilustracións de “As peripecias de Extravaganzza Pérez”, do noso socio Oscar Villán.
Podedes consultar o programa completo na páxina do Salón aquí. -
AUTOBOM [Festival de autoedición e BD de autor]
Hoxe comeza AUTOBOM na Coruña, festival invernal de autoedición e BD de autor!
A continuación tedes un resumo da programación, podedes
consultar máis información aquí.As actividades do venres 18 de marzo terán lugar en Nave 1839, situada na estación de
trens, e as do sábado 19 de marzo na Maleta, bar situado na rúa Orzán, 170.VENRES 18 de marzo | en Nave 1839
> 19:30 | ENCONTRO DE FANZINERXS
> 20:00 | PROXECCIÓN e PRESENTACIÓN | Sangre de unicornio
(entrada libre e gratuíta)> 21:00 | CONCERTOS ILUSTRADOS | Hongo e Mano de obra
Actuacións musicais de Hongo e Mano de obra, amenizadas por
debuxos en directo de distintxs debuxantes galaicos: Luis Sendón, Silvia
Blackened, Paula Fraile e Martín Romero.
A entrada da actividade é de 5€; a
recadación será integramente para os grupos. Tamén venderánse rifas sorteando
as obras realizadas, os ingresos axudarán a pagar os custos do Autobom.> CASETA DE FANZINES
SÁBADO 18 de marzo | na Maleta
> 12:30 – 21:30 | MERCADILLO DE FANZINES e cómic de autor
> 12:30 – Peche | EXPO EXPRÉS | Cúbreme de cartos
Exposición
interectiva de venda de obras de Jano.> 13:15 | MINIBÁN CON TATI
O Minibán consistirá nun contacontos a cargo de Tati, que
combinará a narración con ilustración.> 17:30 | AUTOLAB
Coa axuda da xente de LabOu, faranse unha serie de
exercicios de estilo, exercicios divertidos que permiten facer un cómic entre
varias persoas de forma rápida, amena e colaborativa. O resultado
publicarase na web e redes sociais de Autobán, e seguramente tamén nun futuro
Autozine, o fanzine do Autobán.> 19:30 | PRESENTACIÓN | Permanezan en sus asientos
Permanezan en sus asientos é un cómic editado por Fosfatina Ediciones e debuxado por Jano,
con maquetación e deseño de Cristo Aleister.> 20:15 | MESA REDONDA | Animal Collectives: autoedición como
experiencia colectiva
Participan Álvaro López (Polaqia e Altar Mutante), Xulia
Pisón (Miñoco), Rubén Romero (Fosfatina) e Alejandro Gaudino (Taiga, Cabeza de
Corte Aéreo). Modera Kike Benlloch.> 23:30 | FESTA POLAQA
Polaqia foi un colectivo de 12 autorxs que conseguiron
estender o seu proxecto editorial autogestionado ao longo dunha década, con 16
números publicados do seu fanzine Barsowia, aos que habería que sumar outros
títulos de autores diversos. A modo de peche deste Autobom organizaremos unha festa onde
non faltará a diversión, o picoteo, os sorteos e máis sorpresas, todo amenizado
con boa música e polaqos.>> ACTIVIDADE EXTRA | Exposición “Estraños Desenhos”
Mglon presenta a exposición de debuxos “Estraños Desenhos”
no Ledicia Bar, xusto á beira da Maleta. A exposición pode visitarse desde o 5
de marzo ata o mes próximo.Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre, salvo
o Concerto ilustrado que custará 5€ (a recadación irá destinada aos grupos). -
Resultados da enquisa de ilustración
A APIM (Asociación Profesional de Ilustradores de Madrid) acaba de publicar o resultado da enquisa «Ud. está aquí», un estudo sobre a situación dos profesionais da ilustración en España. Esta enquisa difundiuse polas redes sociais e contou coa colaboración das asociacións de ilustradores españolas, nas que se inclúe AGPI.Foron 450 persoas as que participaron na enquisa, polo que desde APIM piden prudencia para interpretar os datos resultantes, xa que non se refiren ao total dos ilustradores españois, senón aos que realizaron a enquisa.
Neste enlace podedes ver os resultados.
-
AGPI participa nos ‘Encuentros’ de APIM
A Asociación Profesional de Ilustradores de Madrid (APIM) organiza para este venres e este sábado, días 26 e 27 de febreiro, unha nova edición (a número trece) dos seus Encuentros con Ilustradores Profesionales, que nesta ocasión contan con presenza doutras asociacións de ilustradores, como a AGPI.Os Encuentros terán lugar no Museo Abc (Amaniel, 29, 28015 Madrid), e comezarán mañá ás 17:30 cunha mesa redonda titulada «Mirando desde el otro lado», na que falarán tres profesionais do mundo da dirección artística publicitaria e editorial: Juan Pacheco, de Essencial Prod; Fernando Agresta, de Edelvives, e Pep Huertas, de McCann Barcelona.
O sábado a xornada iniciarase ás 11:00 cunha sesión de revisión de portafolios (para a que xa está pechado o prazo de inscrición), cos ilustradores Riki Blanco, Juan Díaz-Faes, Alé Mercado, Mar Blanco e Enrique Lorenzo. Despois, ás 12:30, proxectarase en exclusiva o filme Vivir para dibujar, dibujar para vivir, documental sobre a realidade do cómic en España, en que APIM participou como produtor asociado na súa campaña de crowdfunding. Xa pola tarde, ás 16:00 presentaranse os resultados da Encuesta Nacional de Ilustración «Usted está aquí», coordinada pola APIM nas últimas semanas. Ás 16:30 será o momento da mesa redonda «Viajar acompañado: la función de las asociaciones de ilustradores en la actualidad», na que participarán Alé Mercado (responsable de relacións internacionais de Illustrators Ireland), Miguel Gallardo (presidente de APIC), Raquel Cuenca (presidenta de APIM) e Sergio Covelo (presidente da AGPI).
-
Paula Mayor participa na celebración do aniversario de Rosalía
A nosa socia Paula Mayor é unha das catro ilustradoras escollidas pola Deputación da Coruña para celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con novas imaxes da poeta que se exhiben en grandes lonas na fachada da deputación e o Teatro Colón e que están a difundirse polas redes sociais. As outras ilustradoras son Uqui Permuy, Aurora Cascudo Román e Aldara Prado (Dara Deer). As catro ilustracións poden verse aquí, e nesta ligazón pode accederse a máis información sobre o proxecto completo e as outras actividades do aniversario.