Autor: admin

  • Charla Ninja na Escola de Arte Pablo picasso de A Coruña


    Como remate da campaña Guía Ninja, este outono organizamos
    un ciclo de charlas nas tres escolas de arte galegas que imparten
    formación en ilustración:

    > A primeira charla Ninja será na Coruña, o vindeiro luns 10 de outubro ás 12:00, na Escola de Arte Pablo Picasso (rúa Pelamios 2, zona Orillamar). Os senseis Manel Cráneo e Guitián repasarán os
    contidos e os gráficos da Guía Ninja, ilustrándoos con anécdotas
    e experiencias reais. Se aínda non tes a túa copia da guía Ninja en
    papel poderás facerte coa túa alí. A asistencia é libre e gratuíta.

    > En novembro haberá charlas ninja en Ourense (na EASD Antonio Faílde) e Pontevedra (Belas Artes). Proximamente confirmaremos as datas.
  • Bosquexo 2016, edición Magosto


    Abriuse esta semana a inscripción ó Bosquexo, edición
    Magosto 2016.

    Bosquexo é un festival internacional de debuxo do natural, no que 20 debuxantes conviven e debuxan no entorno rural de Senderiz, unha tranquila localidade situada no Parque Natural de Sierra do Xurés.

    Este ano propoñen unha edición con motivo do Magosto, do 14 ó 16 de outubro. O custe é de 100€, con pensión completa e tódalas actividades incluídas.

  • Exposición do ilustrador Jano


    Podedes visitar a exposición de Jano
    , na que, ademáis dunha mostra dos seus traballos, podedes atopar probas de impresión e edicións limitadas.
    Inaugurouse o pasado xoves 29 de Setembro, na coctelería-restaurante-pub Belmont ( Rúa Trabajo, 13 – A Coruña )

  • Exposición de Emma Ríos

    Exposición Bella Muerte de Emma Ríos, organizada no marco de FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña, na súa 8ª edición. A exposición consiste nun conxunto de 72 obras orixinais a tinta pertencentes á primeira e segunda parte (inédita en España) do libro homónimo e outras obras de I.D., o seu último traballo persoal. Esta exposición complétase cunha intervención mural realizada pola artista na mesma sala.

    A inauguración terá lugar este sábado 1 de outubro ás 13h na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, 27 – A Coruña). Alí a autora compartirá a súa experiencia e asinará exemplares da súa obra. Ademais poderedes degustar a cervexa artesá de trigo Bandua, amenizada cunha selección musical da propia autora.

  • Puntos de venta da Guía Ninja do ilustrador

    A Guía Ninja en papel (edición en galego) xa se
    pode atopar nas principais cidades galegas. (PVP simbólico: 1€). En
    setembro engadiremos algúns puntos máis.

    Puntos de distribución da Guía Ninja en papel

    A CORUÑA
    Alita comics Nelle / Alita comics Orzán
    Kikomic
    Metrópolis comics
    Librería Moito Conto
    Librería Formatos
    Nave 1839
    Bibliotecas municipais

    COMPOSTELA
    A Gata Tola
    Alita comics
    Komic (desde 1 de setembro)

    LUGO
    Totem Comics

    FERROL
    Metrópolis comics

    PONTEVEDRA
    Librería Paz
    O Garaxe Hermético

    OURENSE
    Sindicato del Comic

    El Halcón Milenario

    * Podedes descargar o PDF en galego ou castelán na web >> http://bit.ly/2bOtYT2

  • Presentación de “Manual de escola”, de Xosé Tomás

    Este xoves, 11 de agosto ás 18h, o noso socio Xosé Tomás presenta o seu libro “Manual de escola” nos Xardíns Méndez Nuñez de Coruña, no marco de Viñetas desde o Atlántico, acompañado de Javier Pintor (profesor de literarura, crítico literario e colaborador de prensa e radio)

    Ademáis, Xosé Tomás está a impartir obradoiros de BD para nenos e maiores na Rúa da BD:
    > Mércores 10, ás 11h (maiores 12 anos)
    > Mércores 10, ás 12.30h (menores 12 anos)
    > Venres 12, ás 11h (maiores 12 anos)
    > Venres 12, ás 12.30h (menores 12 anos)

  • Firma de exemplares de Antonio Seijas

    O noso socio Antonio Seijas estará a asinar exemplares das súas últimas obras no marco de Viñetas desde o Atlántico de A Coruña: “La luz”, “Cartas de inverno” e “Un hombre feliz”. Será o xoves 11 de agosto, ás 18h, na caseta de Edicións de Ponent, na Rúa da BD.

  • Firma de “O Gato Lunar”, por Talía Perrilla


    Este xoves ás 19h a nosa socia Talía Perrilla estará a firmar exemplares de “O Gato Lunar”, a súa primeira autopublicación, no caseta de AGPI en Viñetas desde o Atlántico.
    Trátase dun cómic en branco e negro de 60 páxinas que conta a historia
    de Lunar, un gatito soñador que vive alleo ao mundo que lle rodea, e do
    seu precioso e adorado colar “Candadito”…
    Este “cuquicómic” está á venda na propia caseta de AGPI ata o venres ou no mercadillo de fanzines do Autobán BD do sábado 13 de agosto, de 12-21.30h en Nave 1839.

  • Chega o Autobán 2016!

    Xa queda moi pouquiño para o Autobán!
    Autobán é o minifestival de autoedición de Coruña, que este ano celebrarase en Nave 1839 desde a tarde do venres 12 de agosto á noite do sábado 13.

    Venres 12
    > O venres comeza co BRILÉ BRUTAL, un mundialillo do popular xogo, entre os participantes no Autobán e aqueles que queiran apuntarse (enviando correo a autoban.bd@gmail.com).

    > A continuación AUTOCINE e AUTOBOMBO, actividades que irán intercaladas. O AUTOCINE será unha sesión de curtos de animación na que contamos con “Viaxe a pés” (2015) de Khris Cembe, “Astigmatismo” de Nicolai Troshinsky e Decorado (2016) de Alberto Vázquez, que fará unha presentación do seu curto.
    O AUTOBOMBO son unha serie de presentacións rápidas a cargo de diversos participantes no Autobán, en formato 15×15 (15 imaxes por presentación, 15 segundos por imaxe).

    Sábado 13
    > O sábado comezase o MERCADILLO DE FANZINES ás 12:00, que se prolongará ata as 21:30.

    > Ás 13 H. se celebra o MINIBÁN, unha actividade para todos os públicos, e especialmente para a chavalada. Consistirá nesta ocasión en tres microconciertos de bandas locais adaptados especialmente para público infantil.

    > A partir das 14 H. haberá SESIÓN VERMÚ, DUELO DE DJs e COMIDA ECONÓMICA. Podedes comer no Autobán e gozar de boa música nun duelo épico de Miss Gozamales VS Beaal.
    > Ás 17 H. PRESENTACIÓN de Guía Ninja de AGPI, a cargo de Alberto Guitián.
    > Ás 18 H. MESA REDONDA Non nos mires, úneche!: Cultura alternativa e autogestión, con Sara Roca (Nave 1839), Miguel Porto (Bosquexo), Tonecho Otero (Freakemacine), Bernal Prieto (Autobán), moderados por Sira González.
    > Ás 20 H. COMITÉ DE SABIOS Reunión no cume: revista de actualidade sobre BD con Emma Ríos (autora de cómics), Simón Branco (libreiro do Sindicato do Cómic), Señor B (crítico en Metrópoles Delirantes). Modera Óscar Iglesias.
    > A partir das 22:30 comezará o COMBATE DE DEBUXANTES

    >> Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre.
    >> Podedes consultar a programación completa do Autobán 2016 nesta ligazón

  • Presentación da edición impresa da Guía Ninja do Ilustrador

    Convidámoste a asistir
    á presentación da edición impresa da Guía Ninja do Ilustrador, realizada
    pola AGPI. Unha ferramenta de sensibilización sobre boas prácticas
    na profesión que xorde
    para reflexionar e concienciar sobre condutas
    abusivas, ofrecer ferramentas útiles e dar orientación legal aos profesionais
    creativos.

    Será este mércores 10 de agosto ás 12.00 no Kiosko Alfonso. A partir dese
    momento o manual de supervivencia profesional estará tamén na web www.guianinjadoilustrador.org listo para a súa
    descarga en formato PDF, tanto en galego como en castelán. 
    No acto estarán presentes
    Sergio
    Covelo
    , presidente da AGPI, Manel
    Cráneo
    , ilustrador e colaborador da Guía Ninja do Ilustrador, e Alberto
    Guitián
    , ilustrador e coordinador xeral do Proxecto Ninja.

    Anímate a vir e leva un exemplar da guía!

    E se queres, podes
    participar coa túa opinión e os teus comentarios a través das nosas redes sociais.

    E non o esquezas… Be Ninja, my friend!