Autor: admin

  • Viñetas desde o Atlántico 2016


    Nova
    edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, do 8 ó 14 de
    agosto
    en A Coruña.

    Nunha
    postura analítica e crítica sitúanse varios dos autores invitados: Cristina
    Bueno
    , que aborda a realidade dos desfiuzamentos en Aquí vivió: historia de un desahucio;
    Nadar, coa súa novela autobiográfica El mundo a sus pies, sobre as vivencias
    dun parado; Jorge González, que tratou en varias ocasións os efectos sociais
    das ditaduras iberoamericanas do XX; ou o guionista Juan Díaz Canales, con Como
    viaja el agua
    .

    Os
    afeccionados ás historias do universo da Patrulla X poderán gozar da presenza
    dun dos alma máter destes personaxes, Chris Claremont, responsable de rexir os
    destinos de Cíclope, Lobezno,Tormenta, Mística e Magneto durante os dezaséis anos
    mais fecundos desta tropa.

    Poderemos
    ver os orixinais de Bajo el sol de Medianoche, do Corto Maltés, de Rubén
    Pellejero
    e Juan Díaz Canales, unha obra respetuosa cos lectores e coa memoria
    de Hugo Pratt, creador da personaxe. Canales, expoñerá a súa primeira obra como
    guionista e debuxante, Como viaja el agua, protagonizada por dous anciáns
    marxinados. Entre os convidados está Jorge González, Premio Internacional de
    Novela Gráfica Fnac-Sins Entido con Fueye, autor de Las gaviotas son felices, e
    de Hate Jazz en colaboración con Horacio Antuna. Tamén estará Daniel Torres, mostrando
    o proceso creativo da súa obra La
    Casa
    , na que fai un percorrido pola Historia da Humanidade a
    través das súas vivendas.

    Un dos creadores
    galegos invitados é Ramón Marcos, nome destacado en Opiumou Galimatías, e
    debuxante de obras como Vida de nai ou Operación mascota, dentro da serie
    Silvana, a filla do explorador.

    A Sala de
    Exposicións Salvador de Madariaga, acollerá os orixinais dos Premios Castelao
    de Banda Deseñada
    dos anos 2014 e 2015: O inferno do debuxante de Kiko DaSilva e
    A carreta do diaño de Fernando Llorente. E na Torre de Hércules podedes visitar
    a e
    xposición
    Viñetas na Torre: 19 carteis das edicións de Viñetas desde o Atlántico.

    Miguelanxo
    Prado
    e David Rubín rinden homenaxe a
    Miguel de Cervantes na exposición Miguel
    de Cervantes/ El retablo de las Maravillas
    , conmemorativa do IV Centenario de la Muerte de Cervantes, na
    Sala de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita.

    Na exposición “A voz do vento”, no Centro Ágora, Jano ilustra poemas de Manuel María.

    A imaxe do
    Viñetas 2016 é una creación do debuxante Keko. Xunto co cartel, hai outros dous
    elementos esenciais de Viñetas desde o Atlántico: a gran familia de personaxes
    que tomarán estes días as rúas e a feira da historieta. As casetas coas últimas
    novidades editoriais, tomarán o Paseo das Palmeiras transformándoo na Rúa da BD cun amplo programa de obradoiros, entretemento e encontros comerciais cos
    autores. Alí poderedes atopar a caseta da Agpi, con información, láminas e fanzines dos
    socios, ademáis de ser punto de venta e recollida da Guía Ninja para
    ilustradores.

  • Presentación do número 5 de Altar Mutante


    Nova entrega de
    Altar Mutante, fanzine de ciencia ficción e terror, no que participan participan habituais da escena galaica como Debelius, Santy, Xulia Pisón, Diego Sendón, Xavier Pena, Manel Cráneo, Super C, Kike Benlloch, Roberto Díez, Juan Vidal, Luís Sendón ou Álvaro López acompañados por invitados de galaxias próximas como Suki, Crhistian Giuseppe, Amelia Navarro, Josep F. Rico, Don Rogelio J, ou Pedro Villarejo.

    Durante esta semana, podedes facervos có número na caseta de AGPI, no Viñetas desde o Atlántico ou o sábado durante o Autobán BD na Nave 1839 (Estación tren – A Coruña)
    O martes 9 ás 20,00 na Cervezoteca Malte (R/ Galera, 47 – A Coruña), farase a presentación oficial, onde, ademáis de poder comprar este fanzine, se inaugura unha exposición que durará ata o 31 de agosto, e na que se mostran algúns dos ferros orixinais que foron aparecendo no fanzine.
    A partir da semana que vén podedes facer os vosos pedidos a través do correo: altarmutante@yahoo.es

  • Concertos ilustrados

    Dentro das actividades organizadas por Autobán, están os concertos ilustrados. En colaboración con Nave 1839 (na estación de tren da Coruña), terá lugar este sábado 23 de xullo un triple concerto dos
    grupos Jay, Dois e The Vog, que serán ilustrados en directo por Bea Lema e Roque Romero.
    >> A partir das 19.30h, cun custo de 5€ que serán destinados a pagar ós grupos e ilustradores.

  • Comunicado en relación á situación do CGAI


    Nos últimos meses estamos vendo como o Centro Galego de
    Artes da Imaxe
    (CGAI) está sufrindo unha perda de recursos e persoal que pon en grave perigo o seu funcionamento. Tememos
    que esto sexa un paso máis
    dun desmantelamento paulatino desta institución. Nos últimos días o despido dun
    dos dous proxeccionistas foi a gota que colmou o vaso nesta situación de
    deterioro.

    Colectivos profesionais do sector audiovisual e cultural están a
    reclamar melloras na dotación do Centro, considerando que é unha institución
    que debe ser preservada e mellorada para que siga coa súa función de
    conservación e arquivo da memoria audiovisual de Galicia.

    O CGAI é unha institución imprescindible para Galicia e a nosa
    cultura
    . Dende a AGPI consideramos que esta situación tamén nos toca coma
    colectivo de creadores e queremos expresar a nosa disconformidade co abandono
    da filmoteca de Galicia por parte dos órganos de goberno.

    Por iso, animámosvos a
    participar este mércores día 13 ás 20:00h na xuntanza convocada enfronte do
    CG
    AI (R/ Durán Loriga 10,
    A Coruña) para protestar por este desmantelamento
    encuberto.

  • Javier Sáez Castán, Premio Nacional de Ilustración 2016

    Javier Sáez Castán foi galardoado onte co Premio Nacional de Ilustración correspondente a 2016. Outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co obxectivo de «recoñecer e distinguir o conxunto do labor realizado por un ilustrador español no ámbito do libro e das letras españolas», está dotado con 20.000 euros. O xurado escolleu a Sáez Castán «pola súa creatividade e talento narrativo que implica a dimensión obxectual do libro; pola súa capacidade para construír mundos e contaxialos; pola calidade das súas obras, moitas das cales son grandes clásicos contemporáneos de dimensión internacional, e pola súa xenerosidade como formador».

    Castán (Huesca, 1964) é ilustrador e escritor especializado en libros para nenos. Iniciou a súa carreira no campo da publicidade e traballando como ilustrador para institucións como a Universidade e o Concello de Alacante e empresas de publicidade. As súas obras teñen recibido numerosos premios e distincións, entre os que destacan o de Mellor Libro Ilustrado na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de México en 2004 e o de Mellor Libro do Ano do Banco del Libro de Venezuela en 2005 pola súa obra Animalario universal del profesor Revillod.

    O xurado, presidido por José Pascual Marco, director xeral de Política e Industrias Culturais e do Libro, estivo composto por Mónica Fernández, subdirectora xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas; Carmen Marcos, designada por APIC; Aitana Carrasco, por APIV; María Pascual de la Torre, por APIM; Jacobo Fernández Serrano, por AGPI; Ana González Lartitegui, por Euskal Irudigileak; Iratxe López de Munain, por FADIP; Antonio Seijas, pola OEPLI; Estrella de Diego, pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando; María del Rocío Martínez, polo Centro de Estudios de Género da UNED; Rafa Vivas, polo Ministro de Educación, Cultura e Deporte; e a galardoada na pasada edición, Elena Odriozola.

  • DECÁLOGO NINJA: #10 Infórmate, asóciate

    Chegamos ao final do decálogo da Guía Ninja do
    Ilustrador
    , e facémolo cunha reflexión sobre a importancia da información e da
    unión de profesionais da ilustración como ferramentas indispensables. Contámosche que unha das mellores formas de acceder a elas é a través das asociacións, e che damos algunha pista sobre as súas tarefas e o seu funcionamento. O artigo, naturalmente, vén ilustrado cunha viñeta, neste caso do noso socio Uxío Broullón (Ictioscopio).

    Pero isto non queda aquí. Estamos a preparar unha versión en PDF do decálogo completo, que estará dispoñible proximamente na web www.guianinjadoilustrador.org tanto en galego como en castelán. Manterémoste ao tanto. E recorda… Be Ninja!

  • Decálogo Ninja: #9 Os papeis do ilustrador

    Como todo profesional freelance que desenvolve a súa actividade en España, o ilustrador debe asumir unhas condicións burocráticas, fiscais e de cobertura sanitaria bastante áridas e incómodas. Neste post resumimos estas condicións e deixamos algunhas recomendacións para que levar os papelames non se che converta nun viacrucis.

    Este é o punto número nove do Decálogo, xa non queda nada para que o decálogo este completo! Lembrade que podedes consultar todos os artigos na Guía Ninja do ilustrador !!
    #BeNinja!

  • Faladoiro de Antonio Seijas na Biblioteca Forum

    O noso socio Antonio Seijas,
    ilustrador e autor de banda deseñada, participará nun faladoiro dentro
    das actividades incluídas na programación da mostra bibliográfica
    IlustrArte.
    Neste faladoiro, fará un recorrido sobre a súa obra,
    aportando imaxes dos seus traballos, tanto cubertas de discos, libros,
    literatura infantil e xuvenil e pintura, coma dos seus últimos
    proxectos, así como do proceso de creación dos seus álbums de banda deseñada: “Un
    Hombre Feliz” (Premiado no Certame Castelao da Deputación da Coruña e
    Premio ao mellor guión no Saló de Cómic de Barcelona por votación
    popular), “Cartas de Inverno” adaptación da obra de Agustín Fernández
    Paz e Premio Isaac Diaz Pardo ao mellor libro ilustrado en Galicia 2012
    pola Asociación Galega de Editores, e “A LUZ” Nomeada a Mellor Obra
    Española do 2014 nos Premios Expocómic. Ademáis responderá a todas as cuestión que os asistentes lle
    expoñan.

    Entrada é gratuita e ata completar aforo.
    8 de xuño, 19 h.
    Biblioteca Forum – Rúa Río Monelos, 1 – A Coruña

  • Mostra sobre José María Cao Luaces


    A mostra “José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura
    arxentina”
    inicia na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela un percorrido polas catro
    provincias galegas para poñer en valor a obra deste debuxante
    imprescindible na historia da ilustración e caricatura galega, a pesar de ser un gran descoñecido na súa terra.

    A mostra reúne unha
    escolma de 40 caricaturas a través das que se poñen de manifesto as
    distintas etapas polas que pasou o seu creador.

    Cao Luaces nado en Cervo en 1862, comezou traballando na fábrica de
    Sargadelos deste concello lucense. Con 25 anos emigrou a Buenos Aires.
    Alí, logo dunha amplísima e prolífica traxectoria en diferentes
    publicacións da capital porteña, o artista galego acadará prestixio internacional e será recoñecido
    como “patriarca da caricatura arxentina”. Co seu influxo indirecto,
    Castelao creará a moderna escola galega de humor gráfico.

    Podedes visitar a mostra en:
    > Biblioteca Ánxel Casal (Santiago de Compostela) >> 4 de maio-11 de xuño
    > Biblioteca Pública Antonio Odriozola (Pontevedra) >> 14 de xuño -10 de xullo
    > Sala José Ángel
    Valente (Ourense) >> 12 de xullo-7 de agosto
    > Biblioteca Pública de Lugo >> 2-28 de setembro
    > Casa da
    Cultura de Melide >> 30 de setembro-25 de outubro
    > Biblioteca
    Pública Miguel González Garcés (A Coruña) >> 27 de outubro-27 de
    novembro
    > Sala de exposicións de Sargadelos en Cervo >> 29 de novembro-20 de decembro.

  • Quico, premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración

    O noso socio, Francisco Pérez, máis coñecido como Quico, foi o gañador do XIII Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración que otorga a Deputación de Ourense, dotado con 1.500€.
    O xurado destacou “unha orixinalidade e creatividade especial” nas ilustracións que acompañan o texto de Montserrat Pis Marcos, titulado “Dos estranos ollos de Damaluar e das aventuras que lle sucederon o día que desapareceron as súas zapatillas”, resaltando a calidade e agradables tonalidades do traballo.