BD Banda presentará no Saló del Còmic de Barcelona un número especial en castelán co mellor do cómic galego.
Coa intención de conmemorar os seus cinco anos de traballo, o colectivo BD Banda anuncia a publicación dun número especial que sairá á luz con ocasión do vindeiro Saló del Còmic de Barcelona, considerado o principal evento deste campo en toda a península.
A revista será publicada por primeira vez en castelán e recollerá unha escolma de boa parte dos autores que, desde o número un, veñen colaborando co proxecto. A idea é que os lectores de fóra de Galicia poidan coñecer a publicación que foi galardoada en 2005 co premio do Salò ao mellor fanzine. En total serán 100 páxinas a toda cor que incluirán o traballo 19 autores de BD galegos.
A capa irá a cargo do celebérrimo Miguelanxo Prado e incluiranse textos de opinións de persoeiros do medio a escala estatal como son Maikel de El Jueves, Álvaro Pons de La cárcel de papel ou os responsables de FICOMIC, entidade que organiza o Salò de Barcelona. Canda estes contidos o número especial incluirá unha ampla reportaxe que percorrerá o espectacular salto que deu a banda deseñada galega últimos cinco anos. Este texto conta ademais coa colaboración da sección de banda deseñada de culturagalega.org, portal de Internet do Consello da Cultura Galega e auténtico referente informativo sobre este campo no noso país. (máis…)
Lemos na 

Ya sale el Barsowia nº7; esta es la nota de presentación que recibimos de los polaqos:
Foto: El cronista en el Centre national de la bande dessinée et de l’image.