Autor: admin

  • GZ Crea 2006

    A Xunta acaba de convocar os novos premios GZ Crea 2006, que inclúen as categorías de teatro, artes plásticas, fotografía, moda, música, relato, poesía, vídeo, gastronomía, banda deseñada, graffiti e carteis. Destinado a galegos ou residentes en Galicia de entre 16 e 30 anos. Información completa en www.gzcrea.com.

  • Premios Nacionais de Ilustración 2006

    O Ministerio de Cultura concedeu hoxe os Premios 2006 ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís editados durante o ano 2005. O Primeiro Premio, dotado con 12.020 euros, correspondeu a Isidro Ferrer, polas ilustracións do libro Una casa para el abuelo, escrito por Grassa Toro e publicado por Edicións Sinsentido. O Segundo Premio, dotado con 6.010 euros, foi concedido a Elena Odriozola, polas ilustracións do libro La princesa que bostezaba a todas horas, escrito por Carmen Gil e publicado por OQO Editora.

    Fonte: nota de prensa do Ministerio de Cultura [PDF].

  • III Festival de Cans

    chimpin Texto: Xurxo García.

    O pasado fin de semana celebrouse o III Festival de Cans, e ali fumos Hugo Covelo, David Rubín e máis eu. Hai que confesar que pasamo-la tarde fuxindo do calor. Aínda encima, dous ibamos con curtas seleccionadas, pero as entradas agotáranse á semana de sair á venda (xa o sabedes si queredes ir a Cans), así que en solidariedade, tras un intento de entrar nun pase gratuito no jalpón friki (buff… trintaetantos grados e tellado de uralita) decidimos seguir fuxindo do calor, tomar algo e achegarnos á carpa onde había algunha actuación.

    Ali ao lado saían os vehículos oficiais, os famosos chimpines, pero de momento non nos coincidía mais que velos subir polos camiños alá no quinto pino levando á xente para ve-las proxeccións (ostias, ali van!!) en algunha das viaxes entre a carpa e o noso campamento base, un bareto-tenda (e xa van quedando poucos) no que unha ronda con dous cubatas, dúas cervexas e unha boa ración de tortilla custaba 7 euros (¡¡¡!!!).

    Cando o sol comenzou a dar tregua, comenzaban as curtas de animación, e localizamos un chimpín conseguindo entrar no alpendre da casa do Carreira, onde se proxectaban (esto comenzaba a parecerse peligrosamente a unha crónica de Hunter S. Thompson, moito periodismo gonzo, moita cervexa e todo eso, pero non víamos unha maldita curta)
    jjmmm… As 6 curtas de animación seleccionadas gustáronnos, (cinco delas un pouco máis) .

    Encerrados
    Dirección: X. M. Domato, Irene Formoso, Diego Gómez, M. A. Janeiro
    Unha historia tipo matrix de realidades paralelas de animación en 3d.

    Ladróns de bonecas
    Dirección e guión: Fernando Cortizo
    Historia de animación en plastilina cun guión moi interesante.

    O Señor dos Mosquis (O retorno da lei)
    Dirección: David Rubín Guión: Beatriz Iso
    Que levou o premio do público (non sei en que pensaba o xurado) (plas, plas, plas!!!).

    Ladrons de cadáveres vs Klu-Klux-Klan
    Dirección: Xurxo García, Guión e ilustración: Manel Cráneo
    Para amantes do cómic e do gótico. Unha historia publicada en BD Banda.

    Os dous lados da valla
    Dirección: Diego Méndez
    A gañadora do premio do xurado, mezcla con imaxe real e plastilina, tema de actualidade (a verxa marroquina), e formato documental con voces en off dos subsaharianos e estética de cámara oculta, (coa que apenas se veían os personaxes nin a propia animación).

    Km 53
    Dirección e guión: Nacho Abia
    Que a min me pareceu unha historia moi Pixar con dous paxaros impertinentes e unha estrada no medio do deserto.

    Pegas (por poñerlle unha a esta festa cojonuda do audiovisual indíxena): a mala sonoridade dos jalpóns.

    Nota final: O agroglamour mola!

  • Cartoon Manía: Max e Dave Fleischer (I)

    Proxección de cortos de animación de Max e Dave Fleischer no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI): sábado 24 de xuño de 2006 ás seis da tarde.

    hnos fleischer Texto: Ignacio Benedeti.

    Os irmáns Max e Dave Fleischer foron, a finais dos anos vinte e durante toda a década dos trinta, os principais competidores de Walt e Roy Disney. En primeiro lugar, veremos “Tramp, tramp, tramp the boys are marching” (1926), temperá mostra experimental de cine de animación con son sincronizado, estreada dous anos antes do moitas veces referido como primeiro cartoon sonoro “Steamboat Willie” (1928), de Disney, grazas á asociación entre Max Fleischer e o enxeñeiro Lee de Forest.

    É mester salientar que os Fleischer chegan ao cine de animación debido ao interese de Max na mecánica e na técnica. Entre os inventos máis destacados de Max Fleischer figuran o rotoscopio (máquina que permite trazar sobre o papel os movementos fotograma a fotograma de seres vivos, co que se acadan debuxos impresionantemente realistas), o rotógrafo (que proporcionou, a principio dos anos vinte, máis flexibilidade aos animadores á hora de combinar imaxe real con animación) e o proceso multiplano Turntable 3D (custosísimo recurso, empregado en contadísimos cartoons dos anos trinta, que permite a obtención de imaxes con sensación de profundidade mediante a mestura dos cels –follas de acetato transparente nas que se debuxan os personaxes-, con maquetas). Rodado con esta sorprendente técnica tridimensional, o programa inclúe “Little Dutch Mill” (1934), “Time for love” (1935), “Musical memories” (1935, considerado como un dos cartoons máis bonitos da historia), “Betty Boop and the little King” (1936) e a produción especial “Popeye the sailor meets Ali Baba´s forty thieves”(1937), segundo de tres cartoons especiais protagonizados por Popeye cunha metraxe de máis do dobre do habitual da época para unha curta que se chegaron a publicitar nas carteleiras dos cines a igualdade de tamaño que o título da longametraxe á que precedían.

    Outra curiosidade histórica é que este programa inclúe a primeira aparición cinematográfica do mítico mariñeiro, con “Popeye the sailor” (1933). A selección complétase co racista “Out of the inkwell” (1938), un dos últimos desta serie iniciada en 1921, e con dous aclamados cartoons surrealistas, “Bimbo´s Initiation” (1931) e “Snow White” (1933), considerados como dous dos dez cartoons máis importantes da historia do cine e favorito, o último deles, de Salvador Dalí. O programa finaliza con “Volcano” (1942), da mítica serie Superman, cada un de cuxos cartoons tiña o asombroso presuposto de cen mil dólares da época.

    Antes de perder o control do seu estudo, en 1942, os irmáns Fleischer chegaron a rodar dúas longametraxes de animación: “Gulliver´s Travels” (1939) e “Mr Bug Goes to town” (1941). En moi poucos anos, os únicos animadores que conseguiran facer algo de sombra a Walt Disney foron esquecidos tanto polo público como pola industria, excepto polo propio Disney, quen, a principios dos anos cincuenta, empregou ao fillo do seu outrora rival Max, Richard Fleischer, para que dirixise a inesquecible “20.000 leguas de viaje submarino”.

    Cortos que se emitirán:

    • TRAMP, TRAMP, TRAMP THE BOYS ARE MARCHING (8 de maio de 1926). Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer.
    • BIMBO´S INITATION (24 xullo de 1931). Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer.
    • SNOW WHITE (31 marzo de 1933). Dirección: Max e Dave Fleischer.
    • POPEYE THE SAILOR (14 de xullo de 1933). Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer.
    • LITTLE DUTCH MILL (26 de outubro de 1934). Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer.
    • TIME FOR LOVE (6 de setembro de 1935). Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer.
    • MUSICAL MEMORIES (8 novembro de 1935). Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer.
    • BETTY BOOP AND THE LITTLE KING (31 de xaneiro de 1936). Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer.
    • POPEYE THE SAILOR MEETS ALI BABA´S FORTY THIEVES (26 de novembro de 1937). Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer.
    • OUT OF THE INKWELL (22 de abril de 1938). Dirección: Max e Dave Fleischer. Produción: Paramount. Animación: Thomas Johnson, Otto Feuer.
    • SUPERMAN IN VOLCANO (10 de xullo de 1942) Dirección: Dave Fleischer. Produción: Max Fleischer.

    Duración: aproximadamente 100 minutos.

  • Tertulia sobre BD no Consello da Cultura Galega

    Lemos en culturagalega.org:

    A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organiza esta tertulia sobre banda deseñada. Tres especialistas abordarán as singularidades da banda deseñada actual e a súa posición no sistema literario. Henrique Torreiro, organizador das Xornadas de Ourense; Kiko Da Silva, autor e promotor da revista “BD Banda”; Kike Benlloch, escritor, guionista de banda deseñada e membro do colectivo Polaqia.

    A biblioteca do CCG no Pazo de Raxoi acollerá o martes 30 de maio ás 17 horas este encontro de reflexión e debate no que tres contrastados especialistas exporán os seus puntos de vista e cruzarán opinións sobre banda deseñada. A posición desta arte no sistema editorial e literario, a súa relevancia cultural e social, o estado da cuestión en canto a artistas, autores e editores e a as experiencias levadas a cabo ata o momento serán algúns dos temas que estarán sobre a mesa desta tertulia. Henrique Torreiro é promotor da banda deseñada e un dos maiores expertos de Galicia, el é unha das persoas clave nas Xornadas de Ourense, ademais de exercer de xestor cultural en diversas iniciativas e publicacións; Kiko Da Silva é autor de banda deseñada e humorista gráfico, tamén é promotor da revista “BD Banda” que este ano presenta exposición no Saló del Còmic de Barcelona; Kike Benlloch é escritor e guionista de banda deseñada, forma parte do colectivo Polaqia que edita a revista Barsowia, traballa como produtor do portal Culturagalega.org. A tertulia está aberta a quen queira asistir e participar.

  • Caos y tal y cual

    caos tal y cual - nuria diaz Cartel: Nuria Díaz.

    Nuria Díaz inaugura una hoy una exposición de dibujos:

    Caos y tal y cual es una exposición de dibujos hechos en casa, en la cocina, en el tren, tomando un café, aquí, allí, de cañas, en el baño, en el coche… Me complace invitaros a la inauguración el miércoles 24 a las 23:00 h. en el café-pub Tupperware de Santiago.

    Junto con la inauguración se hará también la presentación del nº 8 del fancine cambadés O Despregable, habrá conciertos y un recital de poesía a cargo del poeta villagarciano Juan Carballo, presentado su libro ‘Na miña fiestra e outros poemas de andar pola casa’.

    Un cordial saludo.
    Nuria Díaz.

  • As rúas do libro galego conflúen na ‘Praza das Letras’

    portada praza das letras - kiko da silva Texto: Manel Cráneo
    Ilustración: Kiko Dasilva

    A Consellería de Cultura e Deporte inicia unha nova andadura cultural en pro da lectura en língua galega.
    Praza das Letras é o nome do proxecto que aparece como revista impresa co obxetivo de converterse próximamente en portal web aglutinador de tódalas novas e a información que xenera o mundo do libro en Galicia.
    En principio a idea é que a publicación conviva co portal e deste xeito conseguir entre outras cousas que a información chegue ao máximo numero de lectores posible e capte a atención dos que non o son.

    A promoción dos nosos autores será un dos platos fortes deste proxecto e así o confirma o primeiro número da revista onde Kiko Dasilva encargase do deseño de portada e protagoniza a contra nunha sección que estará adicada ao ilustrador da mesma.

    Entre outras cousas a revista tamén conta coa sección Le comigo, de entrevistas a xente relacionada co mundo do libro na que cada un dos convidados resposta a unha serie de preguntas comúns para todos. Entre os entrevistados neste primeiro número atopamos ao noso socio Fran Bueno.

    Cabe destacar a información xeral que aparece sobre a futura Lei do Libro en Galicia, onde se destacan os puntos de maior interese da mesma, ademáis dun artigo sobre Manuel Lugrís, homenaxeado este ano no Día das Letras galegas, outro sobre O Fútbol na Literatura Infantil e Xuvenil Galega e unha entrevista á nosa Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, entre outros temas de interese.

    Este tipo de iniciativas son as que se botaban en falta para potenciar o sector do libro e a promoción da lectura en Galicia. A partir de agora as diferentes rúas do libro galego xa teñen unha nova praza onde confluir, esperemos que esta praza viva moitos días de feira.

    —
    O nº1 de Praza das Letras pódese descargar en prazadasletras.org

  • Grabación da tertulia de BD Banda

    Quinto aniversario BD Banda Foto: Jorge García.

    O Consello da Cultura Galega acaba de colocar na súa web a grabación da tertulia conmemorativa do 5º aniversario da revista BD Banda, celebrada o pasado 16 de maio, como anunciamos na anotación anterior. Que a disfrutedes.

  • Mesa redonda de BD Banda

    Víctor Rivas, Miguel Robledo, Henrique Torreiro, David Rubín, Hugo Covelo, Bernal, Kiko Dasilva, Andrés Meixide e Manel Cráneo participarán hoxe, martes 16 de maio ás cinco da tarde, nunha mesa redonda que terá lugar na Biblioteca do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º Andar, Santiago de Compostela). Este encontro vén a conto do 5º aniversario da revista, ¡felicidades!

    Máis información:
    – Sentámonos a mesa (bdbanda.com).
    – BD Banda celebra o seu 5º aniversario no CCG (consellodacultura.org).
    – BD Banda celebra su 5º aniversario con número especial (lavozdegalicia.es).

  • Siro López: O Humor en Castelao

    Mañá, mércores 26 de abril, ás 20.00 horas, a sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña (Cantón Grande. 21-23) acollerá unha conferencia do xornalista e debuxante Siro López, que será presentado polo tándem xornalístico formado por Pinto e Chinto.

    Esta actividade está enmarcada no ciclo O Estatuto, marco de concordia, unha iniciativa promovida por esta entidade que levará o debate ao redor da primeira norma institucional galega por numerosas localidades galegas.

    O Humor en Castelao.
    Castelao tivo un talento artístico pouco común que lle permitiu afondar en eidos moi distintos das creacións plástica e literaria. Porén, é no humor gráfico e literario onde acadou niveis de calidade que o converteron nun dos grandes creadores europeos, e o único que practicou con idéntico enxeño as dúas actividades. Se como humorista literario bebeu das fontes do humor popular galego, presente no refraneiro, no cantigueiro, nos contos e demais manifestacións da cultura oral, como humorista gráfico asumiu a caricatura modernista que a comezos do século XX apareceu en Munich. Deste e outros temas falaranos Siro López nesta interesante charla.

    Siro López Lorenzo.
    Artista plástico e xornalista. Publica os primeiros debuxos na revista Chan, logo da cal traballa en outros xornais ata pertencer na actualidade á redacción de La Voz de Galicia. Tamén durante anos colaborou en revistas como Encrucillada ou Grial. Ten publicado obras ensaísticas (Con Rafael Dieste nos arquivos do trasno ou Luis Seoane debuxante), álbums (Siro trinta anos despois ou Xente na brétema), teatro e obras didácticas, ademais de ilustrar varios libros de Xabier Alcalá, Pepe Carballude, Neira Vilas, Manuel Rivas, etc. Conta con varios premios, o máis recente o Álvaro Cunqueiro de Teatro. Participou en varias canles de radio e na TVG realizando diversos espazos culturais e humorísticos.

    Fonte: Gabinete de prensa da Fundación Caixa Galicia