Autor: admin

  • Montero gaña o 8º Certame de caricatura novel

    Xose Manuel Olveira (Pico) Dani Montero acaba de facerse co premio á mellor colección de caricaturas no VIII Certame de caricaturistas noveis organizado e convocado pola Casa da Xuventude, a Concellaría de Cultura e o Centro Cultural da Deputación de Ourense. Este primeiro premio está dotado con 800 euros, e a entrega terá lugar en marzo, en Ourense. Durante ese mesmo mes as caricaturas de Dani Montero estarán expostas na Casa da Xuventude xunto coas de outros premiados.
    Tamén podedes velas aquí na web da AGPI.

  • Postura da AGPI no asunto dos dereitos de autor

    A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) únese a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AEGL), e reivindica xunto a eles a regularización dos pagos dos dereitos de autor, destacando que os ilustradores e os escritores teñen dereito, como autores, a cobrar polo seu traballo un adianto e unha liquidación dos dereitos de autor.

    Manel Cráneo, ilustrador e presidente de AGPI, afirma que hai moitos editores que ignoran as súas obrigas para cos autores, e que existe unha Lei da Propiedade Intelectual, aprobada polo Real Decreto Lexislativo de 12 de abril, núm. 1/1996, que ampara aos autores máis do que realmente moitos pensan. Esta lei, que alude aos dereitos morais e de explotación, polo xeral non é respectada polos editores non só en Galicia, senón a nivel estatal, e está relacionada coa propiedade intelectual que calquera cidadán adquire ao ter publicada unha obra da súa creación.

    (máis…)

  • Lallave, colectivo e fanzine

    lallave Recibimos a seguinte información da xente do colectivo lallave:

    Lallave é un colectivo de artistas (ilustradores e deseñadores, basicamente), con sede en A Coruña, no que participan varios membros da AGPI.

    Están a realizar unha publicación ca única intención de ser un soporte aberto a novas colaboracións do ámbito artístico.
    No primeiro número (edición limitada 200 copias) os colaboradores encargáronse de autoproducir e editar as súas obras (pegatinas, postais, xogos, tarxetas,…) para encher o formato sobre sorpresa no que foi publicado.

    A edición, esgotada en puocas semanas, distribuíuse en A Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra principalmente, tamén algún exemplar en Madrid e Barcelona; o interés despertado polo lanzamento e nosa presencia en internet, deu lugar a unha gran resposta de artistas nacionais e internacionais interesados en colaborar no proxecto..
    O seguinte número será en soporte cd interactivo, con todo tipo de material audiovisual: cortos, animacions 3d, música, fotografía, ilustración…

    Os colaboradores da AGPI que forman parte deste colectivo son Manuel Silva e Luis Sendón.

    Animadevos a participar, podedes contactar en lallave100 arroba gmail.com ou na nosa páxina www.fotolog.com/lallave.

  • Concurso cartel 32º Congreso do IBBY

    A xente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) envíanos as bases do concurso seleccionador para o cartel do 32º Congreso Internacional de IBBY, que se celebrará en Santiago de Compostela no ano 2010.

    Recordamos tamén que na AGPI temos en marcha outro concurso para a selección dun cartel promocional do asociacionismo, restrinxido nesta ocasión para os socios: Bases (PDF, 160 KB).

    (máis…)

  • Tipos, de Nuria Diaz

    exposición nuria diz berride Tipos é unha exposición sobre a variedade, a pluralidade e asimismo a semellanza entre todos nós. E unha reflexión acerca dos distintos comportamentos e actitudes humanas, un acercamento á sociedade actual, reflexada a través dunha serie de persoaxes estereotipados, alienados e parasitados. Eles somos nós, ela es ti, aquel son eu, son afirmacións que ningún de nós atrévese a formular xa que nos creemos orixinais e inigualables, sen ningún tipo de imitación posible, aínda que no conxunto todos sexamos iguais, feitos polo mesmo patrón cos mesmos pensamentos e inquietudes. Iguais pero diferentes, ¿non din?

    TIPOS
    Retratos pictóricos de Nuria Díaz

    Desde o 3 de Xaneiro de 2006
    No café La Marina
    Avda. La Marina
    Vilagarcía de Arousa

  • Meninas de Iria Crespo

    Meninas de Iria Crespo Mañán, mércores 21 de decembro, a partires das 9, inaugurase na cevecería pop La Casa de Arriba (rúa Martín Códax 23 A), en Vigo, a exposición de temática clásica das Meninas, por Iria Crespo.

    Baseándome nun xogo cas cores planas, facendo que cores básicas inunden cada unha das táboas, presento diferentes poses de bonecas adornadas nun estilo inspirado nas meninas de Velázquez. Liña clara, cores planos, e apariencia sinxela.

    Benvid@s á casa das meninas.
    Iria.

  • Morre Lázaro Enríquez

    lázaro Enr Onte, ós 55 anos, morreu Lázaro Enríquez. Reproducimos a noticia aparecida hoxe ó respecto no Correo Gallego:

    Muere en Vigo a los 55 años el ilustrador y diseñador cubano Lázaro Enríquez
    Europa Press. Vigo

    El ilustrador cubano afincado en Vigo desde principios de los 90, Lázaro Enríquez, falleció ayer en Vigo de forma “inesperada”, según confirmaron a Europa Press fuentes próximas al artista, a la edad de 55 años.

    Enríquez está considerado el último gran calígrafo occidental y ha trabajado en colaboración con numerosas editoriales de Cuba y de España, entre ellas, Edicións Xerais, con la ilustración de varios libros para niños.

    Nacido en La Habana, en 1950, trabajó en la isla, así como en los países de la órbita de la ex Unión Soviética, antes de afincarse en la ciudad olívica, y recibió numerosos premios por su labor, entre ellos, una mención especial y medalla de oro en Japón, por su trabajo de caligrafía. Además de carteles, láminas e ilustraciones para libros, la organización de la World Fishing Exhibition 2004, celebrada en Vigo, le encargó la elaboración de un cuaderno de acuarelas.

    Su entorno ha mostrado su sorpresa por este fallecimiento, ya que, aunque Lázaro tenía problemas de salud, sus allegados aseguran que trabajó hasta última hora. Sus restos mortales se encontraban ayer tarde en la sala número cuatro del tanatorio vigués de Emorvisa.

    Lázaro Enríquez acababa de firmar sus últimos grabados caligráficos, que la editorial Xerais entregará esta Navidad.

  • El circo de Rubín abre sus puertas

    invitación presentación "el circo del desaliento" Ya sale del horno El circo del desaliento, el esperado álbum de David Rubín; él mismo nos invita a la presentación:

    …tomen asiento!

    trapecistas que no gastan redes, exóticas fieras sedientas de licorcafé, bellas señoritas tragasables, dragones espartanos, saltimbanquis paticojos, payasos con mal de amores, sirope de tragedia, hombres bala con miedo a las alturas, faquires que no ganan para tiritas, unicornios descornados, domadores muertos de miedo, lanzadores de cuchillos ciegos… junto a ellos; el jefe de pista, el garabatero insomne: david rubín, quien les brinda la oportunidad de asistir este sábado 17 a la presentación de su primer álbum “el circo del desaliento”, editado por astiberri.
    la carpa se levantará en ALITA CÓMICS, calle orzán 110, a coruña, frente al pub pánico, a las siete y media de la tarde.

    se obsequiará a los asistentes con una exposición de originales, firmas de ejemplares, cuatro dj’s -David M, Van ‘Em, Dj Sith, Low_1, de los colectivos Higher Club, Bior, Break That Beat- que desde las seis de la tarde harán las delicias de todo aquel que presuma de buen gusto.
    Todo esto será regado por un sinfín de cañas gratis para los asistentes a cargo de alita cómics y david rubín, que por algo es su puesta de largo.

    no lo olviden!!…el circo abre sus puertas, ábranle su corazón, malditos!

    feliz martes y trece!

    david rubín.

    Más:
    – Contagiado por el virus. Entrevista a Rubín.
    – Máscaras; crítica del álbum, por Álvaro Pons de La cárcel de papel.
    – Cartel anunciador del evento [200 kb].

  • In Memoriam: Will Eisner

    Homenaxe a Will Eisner (Manuel Lariño) Nota: Santy Gutiérrez
    Ilustración: Manuel Lariño

    O 3 de xaneiro de 2006 cumprirase o primeiro aniversartio da morte do gran mestre de debuxantes William Erwin Eisner, que faleceu á idade de 87 anos por unha insuficiencia cardíaca.

    A obra deste autor é inmensa, cuantitativa e cualitativamente, e serviu de escola a xeracións de profesionais do debuxo. Pero non só o resultado do seu traballo é admirable, senón tamén o modo en que logrou exercelo: dende que os seus primeiros traballos profesionais fosen publicados á idade de 19 anos na revista WOW, What a Magazine!, ata a súa última obra, a novela gráfica publicada no ano 2003, Fagin the Jew (Fagín o xudeu), transcorreron nada menos que 67 anos. 67 anos de vida profesional, que nin sequera a II guerra mundial logrou interromper cando Will Eisner foi chamado a filas, pois en pleno conflito seguiu debuxando carteis e historietas para entreter aos seus compañeiros de filas. Todo un exemplo de tesón, dedicación e amor ao medio que quen intentamos dedicarnos a este difícil oficio deberiamos imitar.

    Na AGPI quixemos render homenaxe a unha vida adicada á historieta, debuxando versións persoais do seu personaxe máis coñecido: The Spirit. Aquí podes ver os traballos dos socios: Homenaxe a Eisner.

    Grazas Will.

  • Cómo se fixo o “Ubu Rey” de Jaime Asensi

    Cartel exposicion Jaime Asensi Esta exposición pretende mostrar o proceso de elaboración tanto dun cómic como de ilustracións, baseándose na versión en cómic de Jaime Asensi do Ubu rey de Alfred Jarry, e outras ilustracións e orixinais non publicados. Terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames, A Coruña), do 14 ao 26 de novembro, en horario de 18h a 21h (luns a venres) e de 12h a 14h e de 17h a 20h (sábados e domingos). A inauguración (con pinchos) farase o día 14 ás 20h. Os interesados en coñecer máis detalles sobre este evento poden poñerse en contacto co Concello de Ames ou directamente con Jaime Asensi.