O Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado, que convoca anualmente a OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) tivo este ano como gañadora a obra Leviatán, presentada polo ilustrador galego Ramón Trigo. O álbum utiliza, segundo o xurado, «unha proposta pictórica moi persoal e unha magnífica
combinación de texto e imaxes contundentes». A entrega do premio terá lugar o día 17 de decembro no marco do Salón del Libro Infantil y Juvenil de Madrid.
Categoría: historico
-
Ramón Trigo gaña o Premio Lazarillo 2012
-
Presentación do derradeiro número de ‘Sinónimos de Lucro’ en Santiago
O fanzine Sinónimos de Lucro, no que participan, entre outros moitos, os nosos socios David Buceta, Alberto Guitián, Manel Cráneo, Idoia de Luxán, Yago García ou Sergio Covelo, chega ao seu sétimo número, que resulta ser o derradeiro. Mañá, sábado 24, preséntase, xunto co fanzine El Arca de las Historietas, na libraría A Gata Tola (avenida Romero Donallo 9, 15706 Santiago de Compostela). Será ás 18:00 h. -
Exposición ‘Miradas sobre la Torre’
A Casa Museo Casares Quiroga (rúa das Panadeiras 12, 15001 A Coruña) acolle estes días a exposición Miradas sobre la Torre. Nela recóllese a visión persoal de Manolo Gómez, Otero Regal e o noso socio Suso Cubeiro acerca da mitoloxía que rodea a coruñesa Torre de Hércules.
Así, a obra de Manolo Gómez fai unha interpretación das doce
probas de Hércules, mesturando a impresión dixital e a pintura acrílica; Otero Regal, pola súa parte, recrea lendas a través do gres porcelánico; e Suso Cubeiro emprega ilustracións a lapis e acuarela para se achegar a pasaxes relativas a Hércules e a Breogán. -
David Rubín presenta ‘Le héros’ en Francia
A punto de publicar en España o segundo tomo de El héroe (na web de Astiberri, a súa editorial, apareceu esta semana unha entrevista acerca do proxecto que chega agora a termo), David Rubín viaxa a París, onde esta tarde presenta a versión francesa da primeira parte (Le héros – Livre 01), publicada pola editorial Rackham. Haberá dúas sesións de autógrafos, hoxe e o sábado 24.Xa o día 30 de novembro, David estará en Madrid asinando exemplares das súas obras nas VII Jornadas Comiqueras Fnac/SD, na Fnac Callao (Preciados 28, 28013 Madrid).
Actualización: no blog de David poden encontrarse todas as citas da súa estadía en Madrid, onde participa tamén no salón Expocómic, nunha presentación do seu libro na libraría Generación X e na inauguración da exposición de orixinais seus no Café Molar.
-
Presentación de ‘A Estrela de Oriente’, ilustrado por Marcos Calo
O escritor e xornalista Pemón Bouzas presenta hoxe, día 21, a súa novela xuvenil A Estrela de Oriente (Unha historia dos Reis Magos), editada por Xerais. A obra achégase a «un dos grandes mitos de Occidente», e está ilustrada polo noso socio Marcos Calo. O acto de presentación será ás 20:00 h na Libraría Couceiro (praza de Cervantes 6, 15704 Santiago de Compostela), e contará coa participación do autor e mais a do director de Xerais, Manuel Bragado.
-
O mundo da BD mobilízase contra a supresión da bolsa AlhóndigaKomik
Unha carta aberta, asinada por centos de persoas ligadas ao ámbito do cómic (entre eles, varios dos socios da AGPI), así como colectivos como a Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP), foi feita pública onte como medida de protesta contra a supresión das bolsas outorgadas por AlhóndigaBilbao.
A nota de prensa que acompaña a carta considera as bolsas como «un referente fundamental no campo da BD nas nosas fronteiras, e fóra delas», e como «unha iniciativa pioneira cuxa traxectoria fica truncada coa súa drástica cancelación». «Unha bolsa única en España», continúa a nota, «recoñecida a nivel internacional, convertida nun exemplo a seguir». Nos seus cinco anos de existencia, a bolsa «obtivo excelentes resultados» en proxectos que se desenvolvían na Maison des Auteurs de Angoulême (Francia): Clara Tanit, Lola Lorente, Álvaro Ortiz, Alfonso Zapico e o noso socio Martín
Romero.A carta aberta recibiu o apoio non só de figuras do cómic nacional, como Max, Felipe Hernández Cava ou Miguel Gallardo, senón tamén do ámbito internacional, como Art Spiegelman, Chris Ware ou Benoît Peeters.
-
Exposición de Emma Ríos en Londres
Mañá, 21 de novembro, a nosa socia Emma Ríos inaugura unha exposición na céntrica libraría londiniense Orbital Comics. Trátase dunha pequena retrospectiva do traballo desenvolvido por ela en series como Osborn, Cloak & Dagger, The Amazing Spider-Man, Captain Marvel, Doctor Strange Season One ou Prophet, e poderá visitarse ata o día 4 de decembro.
Ademais, entre o 8 e o 9 de decembro Emma será unha das convidadas do Malta Comic Con, na Valeta.
-
Kristina Sabaite ilustra ‘Bicos de música’
O novo libro-CD-DVD de Mamá Cabra, Bicos de música, está xa nas librarías.O volume, publicado por Editorial Galaxia, contén dez cancións, dez historias e un audiovisual, e, como sucedeu en anteriores ocasións neste proxecto, conta coas ilustracións da nosa socia Kristina Sabaite.
Este venres, 23 de novembro, o libro será presentado cun concerto na Biblioteca Pública Ánxel Casal (avenida de Xoán XXIII s/n, 15704 Santiago de Compostela), a partir das ás 18:30 h.
-
‘Titoán’ preséntase en Santiago
Titoán, segundo volume da serie de oito entregas creada por Inacio Viñariño e Iván Suárez sobre a vida de Castelao, será presentado esta tarde na Librería Komic (rúa San Pedro de Mezonzo 34, 15701 Santiago de Compostela) a partir das 18:00 h. Os autores asinarán exemplares das súas obras, e estarán acompañados polo director da editorial, Demo, o noso socio Manel Cráneo.
-
‘SketchCrawl’ en Amoeiro
Maña, sábado 10 de novembro, terá lugar no concello de Amoeiro (Ourense) un SketchCrawl ou maratón de debuxo e graffiti.En caso de bo tempo, os participantes reuniranse ás 9:30 h en Cornoces; a partir das 13:30 h desprazaranse á vila de Amoeiro para a segunda sesión. Se chovese, o punto de reunión sería o pazo da Fundación Otero Pedrayo (Pazo de Trasalba, Trasalba, 32172 Amoeiro), onde se desenvolvería a actividade de 10:30 a 17:00 h.
Polo que se refire aos grafiteiros, comezarían ás 12:00 h nas
piscinas Costa do Monte, e en caso de chuvia no polideportivo de
AmoeiroO concello de Amoeiro convidará a petiscos ao mediodía, polo que se pide confirmación de asistencia a través da páxina da actividade en Facebook.