O libro Verdedades, de Yolanda Castaño e o noso socio Xosé Tomás, será presentado mañá, 5 de decembro, ás 20:00 h, no Café Lanzós (rúa dos Lanzós 21, 15300 Betanzos). O volume, publicado por Biblos, ten como temática «as plantas, os froitos, as verduras… e as persoas que conviven con elas e as observan». O acto de lanzamento contará coa presenza dos autores e mais do editor, Tucho Calvo.
Categoría: historico
-
Presentación de ‘Verdedades’, ilustrado por Xosé Tomás
-
Jaime Asensi adapta unha novela de Ramón J. Sender
Acaba de ser publicada a versión en cómic da novela El fugitivo, de Ramón J. Sender, que preparou o noso socio Jaime Asensi con guión do xornalista suízo, afincado en España, Hans Leuenberger. O libro, que conta a historia dun condenado a morte nos anos posteriores á Guerra Civil, está editada pola malagueña Leoedita.Esta é xa a cuarta adaptación á banda deseñada de obras literarias a cargo de Jaime Asensi, despois das levadas a cabo con traballos de Alfred Jarry (Ubú Rey), Torrente Ballester (Fragmentos) e Fernando Arrabal (Pic-nic).
-
AGPI participa no Culturgal
Desde hoxe ata o domingo, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, e a AGPI estará presente no programa. Como é habitual, por unha banda, a través dun stand na zona expositiva amosaranse as
publicacións da asociación e o traballo dos asociados, e facilitarase
información
sobre as actividades desenvolvidas. Pero ademais, como entidade colaboradora da organización da feira, AGPI tamén formará parte do contido do programa coa actividade «A hora da ilustración», que se levará a cabo o sábado, 1 de decembro, a partir das 12:30 na zona denominada O Garaxe. Os nosos socios Sergio Covelo, Yago García (Yaguete), Alberto García Ariza, Augusto Metztli, Enrique Mingote, Pablo Otero e Ana Santiso mostrarán os seus traballos en proxeccións comentadas das súas ilustracións ante o público.Alén diso, para dinamizar o espazo expositivo a AGPI leva adiante un cómic mural en forma de «cadáver exquisito» aberto á participación do público; nel cada quen pode debuxar unha viñeta e continuar a historia comezada por outros.
A AGPI, en colaboración co Culturgal, organizou ademais uns encontros vis à vis con compañías culturais para pór en contacto proxectos de ilustradores con empresarios do sector.
O programa deste ano conta con outras achegas relacionadas coa ilustración. Por exemplo, o venres, ás 18:30, presentarase Galaxia Comics, iniciativa de Editorial Galaxia para a lectura de banda deseñada en iPhone e iPad, que inicia a súa andaina co álbum Nómades, de Xosé Tomás. O sábado, a partir das 13:30, haberá un coloquio titulado «Humor en cadriños», cos debuxantes Pepe Carreiro, Xosé Lois e Siro, entrevistados por Félix Caballero; o coloquio será retransmitido en directo mediante streaming a través da web de Culturgal. E o domingo, ás 13:00, haberá unha conversa de María Solar con José Domingo e Xavier Alcalá, tamén retransmitida polo mesmo medio.
Culturgal, de entrada gratuíta, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra (rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra). Pode accederse ao programa completo nesta ligazón (PDF, 2,29 Mb).
-
Presentacións da BD ‘A Torre dos Mouros’
A Torre dos Mouros, a BD creada polo noso socio Manel Cráneo como parte do proxecto arqueolóxico Torre dos Mouros para a divulgación das primeiras conclusións das investigacións desenvolvidas na primeira campaña, terá a súa primeira presentación pública hoxe, 30 de novembro, en Carnota (onde está localizado o xacemento). Será no salón de actos do concello (praza de San Gregorio 19, 15293 Carnota), ás 19:30 h. O acto contará coa presenza de Manuel Gago, periodista e historiador, Antón Malde, arqueólogo (ambos os dous, asesores históricos da BD) e Manel Cráneo, autor e editor da obra.
Todos eles estarán tamen nas seguintes presentacións, que terán lugar, respectivamente, o xoves 13 de decembro ás 20:00 h na Biblioteca Ánxel Casal (avenida de Xoán XXIII s/n, 15704 Santiago de Compostela), e o venres 14 ás 20:00 h no Pub Dublín (rúa das Panadeiras 50, 15001 A Coruña).
A Torre dos Mouros é unha banda deseñada histórica de 16 páxinas que se distribuirá conxuntamente coa segunda edición do álbum Os Lobos de Moeche, tamén da autoría de Manel Cráneo.
-
Antonio Seijas presenta ‘Cartas de inverno’
Hoxe, día 29, ás 20:00 h, o noso socio Antonio Seijas fai a primeira presentación pública da súa novela gráfica Cartas de inverno, adaptación da obra homónima de Agustín Fernández Paz.Será na Alianza Aresana (rúa de María 11, 15624 Ares, A Coruña), e contará coa presenza de Julio Ignacio Iglesias Redondo (alcalde de Ares), Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado (director de
Edicións Xerais) e o propio Antonio Seijas. -
‘Carne de papel’, exposición de Miki
O noso socio Miki (Miguel Ríos López) inaugura, o próximo sábado ás 20:00 h, a exposición Carne de papel en A Tapa das Meigas (rúa dos Olmos, 15003 A Coruña). A mostra componse de pequenas acuarelas de nus femininos, e poderá visitarse ata o 21 de decembro, día en que haberá unha festa de clausura, tamén ás 20:00 h.
-
Exposición de Tazalunarbooks
1.er aniversario é o título da exposición de debuxo e ilustración organizada por Tazalunarbooks, proxecto de edición promovido polo noso socio Augusto Metztli. Nesta mostra os visitantes poderán ver todos os deseños de postais, chapas e imáns, así como as ilustracións dos libros e cadernos producidos pola editorial, e mais obras orixinais.
Celébrase coa exposición o primeiro aniversario do espazo «La
esquina coloreada», dedicado á ilustración, na histórica Confitería-Café La Esquina (praza de Galicia 7, 15819 Arzúa). Na inauguración, este venres, 30 de novembro, ás 20:30 h, estará o DJ Fulminati coa súa «Blacksession II». A exposición poderá visitarse ata o 15 de xaneiro. -
Encontros ‘O cómic no museo’ en Pontevedra
Mañá comezan os «Primeiros encontros coa banda deseñada: O cómic no museo», unha actividade coordinada por Octavio Beares (tamén coñecido como Señor Punch) no Museo de Pontevedra (Pasantería 2-12, 36002 Pontevedra).
Os encontros compóñense de tres conferencias, todas elas ás 20:00 h. A primeira (27 de novembro), terá por título «A banda deseñada, a arte ignorada polo mundo da arte» e será impartida por Kiko da Silva; a segunda (28 de novembro) denominarase «Viñetas sen medo, ou como dedicarse ao cómic dende Galicia e non morrer no intento», estará a cargo de David Rubín; e a terceira (29 de novembro), «Del tebeo a la novela gráfica: dos décadas de cómic en España (1990-2012)», terá a Pepo Pérez como relator.
-
Calendario e exposición en El Halcón Milenario
O espazo artístico alternativo El Halcón Milenario —que coordina, entre outros, o noso socio Federico Fernández— presenta este venres, 30 de novembro, a exposición El año que viene.A mostra comparte contido co do seu Calendario 2013, que serve de catálogo dos artistas que teñen pasado ata o de agora polo espazo.
A inauguración da exposición, con presentación do calendario, será ás 20:30, no local de El Halcón Milenario (rúa Cervantes 18-1.º dereita, 36201 Vigo).
-
José Domingo participa nos Encontros sobre Cómic de Valladolid
Os novenos Encuentros sobre Cómic «Los Diálogos del Sr. Boliche», que se desenvolven en Valladolid hoxe e mañá, contan entre os seus convidados co noso socio José Domingo.
Así, mañá, 24 de novembro, José estará presentando o seu libro Aventuras de un oficinista japonés no salón de actos da Casa Zorrilla (Fray Luis de Granada 2, 47003 Valladolid), a partir das 18:00 h.
Por outra parte, José Domingo presentou estes días o seu novo portafolio de ilustración infantil, que pode verse aquí.