Nuestro socio, David Pintor, acaba de recibir el premio de la Bienal Carnet de Voyage, una de las ferias más importantes del mundo dedicada a los libros sobre viajes, celebrada en la localidad francesa Clermont-Ferrand.
“Ciudades de Papel“, publicado por Patito Editorial, es una colección de estampas realizadas por David en sus viajes. Recomendable 100%.
Enhorabuena, David
Autor: admin
-
Premio a Ciudades de Papel, de David Pintor
-
VI Encontro Galego de Ilustración en Santiago de Compostela
Como vén sendo habitual, na derradeira fin de semana de outubro desenvolverase en Santiago de Compostela, organizado pola AGPI, o Encontro Galego de Ilustración. O Encontro chega este ano á súa sexta edición, e contará coa presenza de Max e Horacio Altuna. As actividades abertas ao público serán pola mañá, este sábado, 31 de outubro, na sala da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela), a partir das 10:15 h. Despois das conferencias dos dous convidados, e dun breve intermedio musical a cargo do grupo vocal Crexendo Amodo, no Encontro haberá tempo tamén para a presentación do Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica, cunha mesa redonda na que intervirán os propios Max (presidente de FADIP e membro da Comisión do Observatorio) e Horacio Altuna (presidente de APIC e tamén membro da Comisión), ademais de Henrique Torreiro (xerente de FADIP), Santy Gutiérrez (presidente de AGPI) e Manel Cráneo (vicepresidente de FADIP).
Pola tarde, haberá un xantar de confraternización para socios de AGPI (inscritos previamente), e, a partir das 17:30, a asemblea xeral de socios pechará a xornada.
Na rolda de prensa ofrecida hoxe, na que participaron Santy Gutiérrez, Manel Cráneo e Henrique Torreiro, foi presentado, ademais do programa do Encontro, o libro do Informe 2008, así como a versión galega deste, que pode ser descargada gratuitamente desde a web (PDF, 804 Kb).
O programa completo do Encontro pode descargarse aquí (PDF, 1,93 Mb).
-
Entrevista a nuestro “presi” en Briefing Galego
Hoy ha aparecido publicada en Briefing Galego una entrevista que le hicieron a Santy Gutiérrez, presidente de AGPI, donde habla de nuestra asociación, la situación de la ilustración en Galicia, y de muchas otras cosas, todas ellas interesantes, como suele ocurrir con Santy.
-
IJU presenta a súa publicación e o proxecto de promoción do deseño e a ilustración no sector do xoguete.
AIJU publicou en 2008 “Made In Spain -Guía de la ilustración para la industria del juguete-” na que se informaba sobre como traballar con ilustradores, presentando casos de éxito empresa-ilustrador, así como unha selección de ilustradores e os seus traballos.
Para dar a coñecer mellor as posibilidades reais destes profesionais e mostrar ás empresas como desenvolver un produto diferencial, innovador e exitoso, AIJU liderou un proxecto a través do cal preténdese achegar aos profesionais do deseño e a ilustración á industria do xoguete.
O resultado, tras un ano de traballo, foi Mis Buggie, unha reinterpretación actualizada dos vehículos de xoguetes clásicos.
Tanto a publicación como o proxecto levado a cabo tiveron moi boa acollida, non só entre o sector do xoguete e produtos infantís, senón tamén entre profesionais do deseño e a ilustración. Tanto é así que Mis Buggie foi un dos produtos elixidos na exposición SUMA Y SIGUE, organizada polo IMPIVA. A exposición que se expón no MUVIM mostra unha selección de traballos recentes que ejemplifican o bo deseño que se está levando a cabo actualmente na Comunidade Valenciana.
Para dar a coñecer ao público, tanto a publicación como o proxecto gOs meus Bugie, realizarase unha presentación de ambas as iniciativas o 22 de Outubro ás 20:00 na casa do libro de Valencia. Ademais entregaranse publicacións aos asistentes.
-
Ilustrarte 2009
Atención! Hasta el 31 de octubre está abierto el plazo para la
presentación de originales en la Bienal Internacional de Ilustración
Infantil Ilustrarte 2009, que tendrá lugar en Lisboa. Los objetivos de
esta bienal son promover la ilustración infantil como una manifestación
artística y crear un espacio en el que poder ver y discutir sobre ella.Los ilustradores seleccionados en la Bienal participarán en la
exposición que se inaugurará en el mes de marzo de 2010, y uno de ellos
será el galardonado con el premio Ilustrarte, dotado con 5.000 euros.
El jurado de la pasada edición (año 2007) otorgó el premio, entre las
1500 candidaturas de 60 países, a la ilustradora Susanne Janssen (Alemania) y 3 menciones especiales a Martin Jarrie (Francia), Isabelle
Vandenabeelle (Bélgica) y Chiara Carrer (Italia). -
Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica
Xa está dispoñible, en formato impreso e en PDF, o Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica. Que deben facer os ilustradores ante os cambios que se están
a producir en todos os ámbitos en que se moven? Como reaccionar ante
Internet e os medios dixitais? Os e as profesionais da ilustración
gráfica deben comezar tomando conciencia da situación. O Observatorio da
Ilustración Gráfica é un «sistema de detección», un
instrumento para analizar a realidade da industria, e o seu primeiro
resultado é este Informe 2008: unha ferramenta para empezar a situarnos
profesionalmente no século XXI, unha base para a reflexión sobre os
problemas que temos que resolver ante os novos retos.O Informe 2008 vén avalado polos membros da Comisión de Profesionais do
Observatorio: Horacio Altuna,
Pablo Amargo, Elisa Arguilé,
Arnal Ballester, Ulises Culebro,
Ricardo
Esteban, Manuel Estrada, Isidro Ferrer, Forges,
Miguel Gallardo, Pablo
Martínez, Max, Albert
Monteys, Elena Odriozola,
Javier Olivares,
Carlos
Ortín, Miguelanxo Prado,
Mariona Sardà, Rosa
Serrano y Javier
Zabala.O libro componse de:
• Informe: exposición das realidades de diversos ámbitos en que está
involucrado o mundo da ilustración, con conclusións dirixidas ás
institucións, aos clientes e aos ilustradores profesionais. Está
dispoñible en formato PDF en español, catalán, éuscaro, galego e inglés.
• Anexos: entre outros, artigos asinados por Santy
Gutiérrez, Mariona Sardà, Horacio
Altuna e Pepo Pérez,
e transcricións de mesas redondas
con intervencións de Javier Zabala, Javier
Olivares, Isidro Ferrer, Kate
Larkworthy, Michel Lagarde, José
Luis Merino, Ulises Culebro, Alejandro García
Schnetzer, José Antonio Millán, Mariví
Pulido, Toni Segarra e Philip
Stanton. Os anexos
están unicamente dispoñibles na versión en castelán.O libro pode descargarse desde de
forma gratuíta www.fadip.org (tamén
en galego), en formato PDF. En papel (unicamente
dispoñible na versión en castelán) pode ser adquirido pedíndoo á nosa
asociación ou solicitándolo a FADIP (). -
Set de Cómic
Os organizadores de Set de Cómic, entre os que se atopa o respetado
autor galego e amigo de moitos de nós, Victor Rivas, están xa a piques
de celebra-lo seu segundo set de cómic. Éste é un evento que reúne a
profesionais de todos os ámbitos do mundo do comic, dende autores e
editories pasando por libreiros, distribuidores, impresores, etc…
nestas xornadas ofrecense reunións, charlas e conferencias, coloquios,
meetings profesionais, etc… e pretende ser unha feria do sector que
facilite a comunicación entre todas as partes implicadas na producción,
distribución e venda dos tebeos, co fin de lograr avances nas condicións
de traballo e milloras na viabilidade do mercado.Tralo éxito da primeira edición, o segundo Set de cómic celebrarase
en Lleida os días 20 e 21 de novembro de 2009 e como nesa primeira
ocasión o público xeral poderá contemplar exposicións de destacados
autores en diferentes escenarios da cidade e os profesionais
participarán en reunións e charlas especializades. Tamén se facilitará
un punto de encontro para que os autores interesados poidan presentar as
súas propostas aos editores.
dende a AGPI animamos a todos os autores e profesionais dos tebeos a que
se acheguen ás xornadas.
Toda información sobre como acudir, tarifas e aloxamentos, programa de
actividades e demais, poderedes atopala no blogue do evento.
-
Creando Historias con Anxo Fariña
Un
dos nosos socios, Anxo Fariña, dirixirá e impartirá a
actividade: “Creando historias con Anxo Fariña”. Esta iniciativa da
Secretaría Xeral de Política Lingüistica pertence ao programa Bocaberta.A
editorial galega A Nosa Terra organiza esta actividade dirixida a nenos
e nenas entre os 11 e os 13 anos na que o autor-ilustrador do libro
compartirá as súas experiencias sobre a creación da obra. En total,
terán lugar un mínimo de 140 sesións en vilas de entre 10.000 e 20.000
habitantes nas provincias da Coruña e de Pontevedra e en vilas de máis
de 5.000 habitantes en Lugo e en Ourense. -
Dez anos de BD galega en Bruxelas
Coincidindo
coa presentación oficial do VIII Festival de
Banda Deseñada da Rexión de Bruxelas, e dentro das actividades Galicia,
tempo de BD, inaugurouse o día 1 na capital
belga a nosa mostra 10 anos de BD galega, unha
retrospectiva dos grandes traballos da banda deseñada galega
dos últimos anos,que xa estivera en España, Portugal e Cuba. Ao acto, asistiron autoridades
belgas e medios de comunicación especializados, así como
representantes da Dirección Xeral de
Promoción e Difusión Cultura da Cultura da Consellería de Cultura
e Turismo, promotora da exposición, e a Fundación Galicia Europa,
entidade que tivo a iniciativa de trasladar a mostra a Bruxelas.O
obxectivo desta iniciativa é facer promoción entre o público e os
editores belgas da obra dos ilustradores galegos, especialmente
daqueles que teñen publicado en francés. Durante
a presentación, realizouse un pequeno percorrido pola historia da
banda deseñada galega, salientando especialmente o recoñecemento
acadado na última década, cando Galicia se converteu nun dos
principais focos do cómic a nivel español.Composta
por láminas de 42 autores, 10 anos de BD galega é, xunto á dedicada ao debuxante Raoul Cauvin, unha das dúas exposicións temáticas que
se exhibirán entre o 9 e o 11 de outubro durante o festival de Bruxelas, un dos máis
importantes do poderoso mercado francófono
e que nesta edición coincide coa celebración en Bélxica do Ano da
Banda Deseñada.Ademais
dos milleiros de visitantes, autores e editores que cada ano enchen
as salas do
festival, a mostra abrirase a visitas guiadas para escolares,
estudantes das escolas de cómic e público en xeral na Maison
Pelgrims de Bruxelas, onde permanecerá ata o día 8 de
outubro. Posteriormente, trasladarase ao recinto do festival onde se
poderá contemplar xunto aos stands dos ilustradores
internacionais seleccionados pola organización.Podedes ver imaxes do evento no flickr de AGPI.
-
XXI Xornadas de BD de Ourense
Onte comezou a vixésimo primeira edición das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. O programa, con exposicións monográficas dedicadas a Miguel Brieva, Juanjo Sáez e David Rubín, e seis colectivas en que participan, entre
outros, moitos socios de AGPI, pode verse aquí. Na web
oficial podedes tamén descargar o novo número da revista O Fanzine das Xornadas, que inclúe artigos e varios traballos en cómic de autores galegos.







