Autor: admin

  • III premio compostela de album ilustrado

    A Concellería de Educación e a editorial Kalandraka abren unha nova convocatoria do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. O premio son 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor.
    O prazo de presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro de 2010 e o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da X Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello e Kalandraka.

    O Premio Compostela está dirixido a autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta impresa de todo o proxecto. O material, asinado baixo lema ou pseudónimo, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago.

    As bases poden consultarse aqui, y el resto de la información aquí.

  • Sobre a convocatoria de axudas á creación da BD.

    Perante a polémica suscitada pola publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria de axudas para a creación de banda deseñada, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración quere manifestar que non avala dita convocatoria. Aínda que formamos parte, xunto con outros colectivos, da comisión que puxo en marcha a iniciativa e estivo a disposición da Administración naquelas cuestións que lle foron suscitadas no decurso do proceso de tramitación de ditas axudas, o documento final non responde ao que esta asociación propuxera ante a administración; e dado que AGPI nin tivo acceso ao texto completo da orde antes da súa publicación, nin participou na redacción das mesmas, en ningún caso podería avalar oficialmente o contido da orde.
    As bases finais redactadas polo gabinete da consellería de Cultura e publicadas no DOGA non son o que nós esperabamos, polo que estamos sensiblemente decepcionados. A AGPI polo tanto, como colectivo, participa da inquietude dos seus membros, que se resume fundamentalmente nos seguintes puntos:

    A esixencia de titulacións: o quid da cuestión, e ao noso entender o que fai que este sexa o punto máis polémico da orde. Non é so que dende a administración se requiran unhas determinadas titulación aos creadores de BD, senón que este será un criterio imprescindible para a consecución das axudas, e non un mais dos baremos de puntuación para o acceso a unha bolsa. Este requisito invalida á meirande parte dos creadores de BD galegos, e polo tanto ao seren excluinte non poden ser aceptadas coma axudas válidas para o sector.

    Xustificación de gastos: a petición de xustificar os cartos recibidos trasforman a idea inicial de ofrecer bolsas á creación dun proxecto a convertilas en subvencións á edición dese proxecto.

    Outros puntos discutibles son a precariedade nos plazos nos que deben ser presentados os materiais.

    Proximamente celebraremos unha reunión de directiva e outra reunión cos responsables da dirección xeral da Xunta na que debatiremos este asunto, e con posterioridade a esas reunións a AGPI fará unha análise mais polo miudo do sucedido.

    Santy Gutiérrez,
    Presidente da AGPI

  • Nuria Díaz galardonada con el Premio Pura e Dora Vázquez

    Nuestra socia Nuria Díaz, ha sido galardonada con el VII Premio Pura e Dora Vázquez, que convoca todos los años la Diputación de Ourense, en la categoría de ilustración. La ganadora del premio ha ilustrado por medio de 10 imágenes, el texto de Xoán Babarro, Palabra era un universo paralelo, ganador del premio literario del mismo concurso. La ilustradora ha utilizado las texturas como el recurso principal de su obra, creando ese particular mundo mágico que nos ofrece el autor del texto.
    La dotación económica del certamen es de 3.000€ y despues de la resolución de estos premios en las dos modalidades de ilustración y narración, la Diputación de Ourense procederá a la edición de la publicación, que se utilizará en una campaña de animación a la lectura.

  • Audiocontos de Galaxia

    Os sete cabuxos (adaptación de Xesús Carballo Soliño, ilustracións de Enjamio), Branca de neve e os sete ananos (adaptación de Ánxela Gracián, ilustracións de Ánxeles Ferrer), O galo Quirico (adaptación de Xavier Senín, ilustracións de Noemí López) e Os catro amigos (adaptación de Xesús Carballo Soliño ilustracións de Kristina Sabaite ) son os catro primeiros títulos escollidos pola editorial “Galaxia”para presentar a colección ‘Audiocontos’.
    Os audiocontos son unha fermosa proposta que conxuga a literatura de sempre cunhas versións dramatizadas, en CD, a cargo destas dúas coñecidas voces da dobraxe galega, baixo da dirección de Tero Rodríguez.
    Estes primeiros audiocontos permitirán, sen dúbida, achegar as historias que coñecemos de toda a vida doutra maneira aos máis pequechos da casa.
    Non se tratan de simples narracións, senón dunha proposta artística diferente e ao mesmo tempo complementaria ao libro. Os efectos de son, as músicas escollidas e a interpretación, fan destes audiocontos un produto novidoso que ensaiamos agora en galego e do que estamos certos que terán unha boa acollida.
    Ademais, os CDs ábrense e péchanse cunhas animadas cancións que serven de pórtico e epílogo perfecto a unha das cousas máis marabillosas que hai: que alguén nos conte un conto.

  • PREMIOS FERVENZAS LITERARIAS 2009

    Acaban de darse a coñecer os premios Fervenzas Literarias, que otorga o blog do mesmo nome e que é unha das referencias da literatura galega na rede.
    Entre os premiados deste ano lévase o premio ao mellor ilustrador David Pintor seguido de outros socios da AGPI como Xosé Cobas, Enma Ríos ou Manel Cráneo.
    Ademáis o mellor libro infantil foi para novela Chamádeme Simbad, escrita por Francisco Castro e ilustrada por Manel Cráneo.
    Entre as 5 mellores cubertas tamén nos encontramos a cuberta de Patricia Castelao para O sombreiro do Chichiriteiro e de novo a David Pintor (A peripecia de Roi) e Manel Cráneo (Chamádeme Simbad).
    Noraboa a todos!!

  • 15 Feira Laica en Lisboa

    Este fin de semana, en Lisboa, se celebra la 15 Feira Laica en el espacio de la Fábrica Braço de Prata. El sábado estará abierta de 18 a 24 h. y el domingo desde las 15 h. hasta las 21h.

    Más información en  www.feiralaica.com

  • Monadas, ilustrado por Jaime Asensi

    La Editorial zaragozana Libros del Innombrable acaba de editar el libro de poemas MONADAS de Luce Moreau Arrabal ilustrado por Jaime Asensi. Poemas todos dedicados a los animales. Colección Sarastro. Edición bilingüe en francés y castellano

  • Terceira entrega dos Megatoxos

    Despois de vender 20000 exemplares dos dous primeiros volumes da saga dos Megatoxos, o noso socio Anxo Fariña, presenta o terceiro libro desta colección: Os Megatoxos e os Templarios da Luz. Unha novela xuvenil con moita acción e intriga na que o noso socio asina tanto o texto como as ilustracións. Máis información nas webs: www.megatoxos.com e http://introterrestres.blogspot.com

  • MIL COUSAS PODEN PASAR EN VIGO

    Preséntase en Vigo a obra gañadora do premio Merlín 2009:  Mil Cousas Poden Pasar de nuestro socio Jacobo Fernández Serrano.

    O acto, que contará coa participación de Chus Pereiro, Helena Pérez e Jacobo Fernández Serrano, terá lugar o vindeiro xoves, 10 de decembro, ás 20,00 horas na Libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12

  • EN MARCHA A CAMPAÑA CONTOS PARA FALAR CON DESEÑOS DE MANEL CRÁNEO

    Xa está en marcha por toda Galicia a campaña da editorial Rodeira (EDEBE), Contos para Falar que entra dentro do programa BOCABERTA da Xunta de Galicia e que pretende dinamizar o uso do galego e a animación á lectura entre os máis novos.
    Están concertados 15.000 nenos de toda Galicia para participar do espectáculo en diversas vilas e cidades nos próximos meses. As actuacións estarán repartidas por 43 concellos galegos.

    O noso socio Manel Cráneo foi o encarregado de levar a cabo a imaxe gráfica da campaña que inclúe carteis, plotters e outras pezas como un cd musical con temas compostos exclusivamente para este espectáculo. Podedes ver algunhas imaxes no seu blog.

    Ademáis a organización da campaña e a interpretación musical corre a cargo de Fernando Esclusa (o noso gabinete de prensa na AGPI).