A Librería Aenea (rúa dos Irmáns Rey Alvite 5, 15702 Santiago de Compostela) acolle, desde o pasado día 18 de decembro e ata o 8 de xaneiro, unha exposición de ilustracións e debuxos a cargo de Marina Seoane Pascual. O horario de apertura é, de luns a sábado, entre as 10:00 e as 14:00 h e entre as 17:00 e as 20:30 h (excepto martes e xoves, de 10:00 a 11:00 h e de 18:30 a 19:30 h).
Autor: admin
-
Exposición de Marina Seoane
-
Suso Cubeiro no «Vermú literario» d’A Libreira
A libraría A Libreira, do Temple
(Cambre, A Coruña), organiza mensualmente presentacións e charlas baixo o título
de «Vermú literario». Na edición
correspondente a decembro o convidado especial é o ilustrador Suso Cubeiro, que falará do libro Los tres cielos: Aventuras infantiles de Félix Rodríguez de la Fuente (Auga
Editora, 2010). Suso Cubeiro é o
responsable das ilustracións, mentres que os textos o son de Miguel A. Pinto
Cebrián. A cita é o próximo sábado, 18 de decembro, ás 13:30 h. -
«Unha ollada natural», de Calros Silvar, no Xardín Botánico Ría do Burgo
A exposición «Unha ollada natural», do ilustrador Calros Silvar, será inaugurada este xoves 2 de decembro, ás 20:30 h, na
Aula de Natureza Juan Lembeye do Xardín Botánico Ría do Burgo (Culleredo, A Coruña), onde estará ata o 31 de decembro de 2010. No acto de
inauguración intervirán Celestino Poza, concelleiro de Cultura de Culleredo; Carlos
Pereira Martínez, historiador; e o propio Calros Silvar.«Unha ollada natural» é unha colección de trinta láminas orixinais
empregadas na elaboración de guías da natureza para Baía Edicións, así como outras
publicadas con editoras como A Nosa Terra ou Siruela, acompañadas por unha
escolma dos cadernos de campo do autor. -
Novas presentacións de Dani Montero
O socio de AGPI e gañador do Premio Castelao 2009, Dani Montero, volve á carga cun par de sesións de sinaturas este venres e sábado nas librarías Paz e Banda Deseñada, en Pontevedra e Vigo, respectivamente. Nas dúas, haberá agasallo seguro para os primeiros que entren e merquen o libro.
Máis información no blogue de DEMO:
http://demoeditorial.blogspot.com -
Calros Silvar expón na Casa das Ciencias de A Coruña
A mostra presenta vinte cadros que ofrecen aos visitantes pinceladas da biodiversidade de Galicia. Aves, mamíferos, anfibios, fungos, plantas, e árbores representados pola man profesional do ilustrador Calros Silvar.
Son unha escolma das ilustracións feitas para guías de natureza e outros libros da mesma temática. Tamén hai debuxos de cadernos de campo, onde se poden observar bosquexos a apontamentos do natural, a cara oculta do traballo de ilustracións da natureza.
Calros Silvar é Licenciado en Belas Artes, ilustrador, naturalista e afeccionado á ornitoloxía. Ten publicados máis de cen libros, e foi galardoado con varios premios de ilustración, debuxo de humor e banda deseñada. -
David Rubin y David Pintor, premiados internacionalmente
“La tetería del Oso Malayo“, de David Rubín, en su
edición checa, ha ganado el premio al mejor cómic extranjero
del año 2009 en el Komikfest de Praga!Por otro lado, David Pintor gana en Italia la X edición del concurso: “L´illustratore
dell anno“, que convoca la cadena juguetera Città del
sole. David será el encargado de ilustrar el calendario de la
empresa. -
Axenda Fin de Semana
Chega o fin de semana e o imos ter moi ocupadiño:
1.-Manolo López Poy e Miguel Fernández presentan “O fillo da furia“, de DEMO Editorial nas Rías Baixas. O venres, as 18.00 estarán na librería Paz (Pontevedra), e o sábado as firmas serán á mesma hora en BD (Vigo).2.-Por outra banda, o mesmo venres celebraráse o terceiro Pecha Kucha en A Coruña. A cita é as 20.20 na Fundación Luis Seoane, con entrada gratuita, e contará coa participación do socio de AGPI, David Pintor.
3.-A nosa socia, Rebeca López, inaugura a súa exposición “Cuervitos e calaveras” na galería Amararte (r/ San Froilán, 20- baixo, Lugo). Esta exposición poderá visitarse ata o día 27.
-
Estas son as nosas caras

O pasado sábado celebramos en Santiago, o tradicional Encontro Galego da Ilustración, e aproveitamos para inmortalizar o momento con esta foto de familia, nunca mellor dito.
Se queredes ver as fotos dos anos anteriores, podedes facerlo aquí. -
Set de còmic 2010
O sábado 6 de Novembro remata o prazo para apuntarse ao encontro Set de còmic 2010, a tercera edición da convención de profesionais da industria do cómic celebrado en Lleida. Este ano, celebrarase o venres 12 e sábado 13 de novembro.
Podedes consultar axenda e programación da convención no seu blog.
-
Santy Gutiérrez, reelixido presidente da AGPI
Na asemblea xeral dos socios da AGPI, desenvolvida en Santiago de Compostela durante a xornada do VII Encontro Galego de Ilustración, decidiuse por unanimidade referendar nos a actual directiva da asociación. Á convocatoria de eleccións non foi proposta ningunha outra candidatura, polo que o equipo dirixido por Santy Gutiérrez foi reelixido para seguir á fronte da asociación durante os próximos dous anos.
A nova xunta directiva da AGPI queda, pois, composta polos seguintes membros:
Santy Gutiérrez, presidente
Suso Blanco Cubeiro, vicepresidente e tesoureiro
Almudena Aparicio, secretaria
Sesé Barreiro, vogal
Manel Cráneo, vogal e delegado en FADIP
Alberto García Ariza, vogal
Luis Sendón Cedrón, vogal




