Autor: admin

  • Proxección da curtametraxe Muro Público

    O Sábado 29, as 18:00 h. no Centro Galego de Artes da imaxe
    (Rúa Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña) porxectaráse esta curtametraxe experimental, a modo de time-lapse documental, que conta co traballo de varios  socios de AGPI. Muro Público propón unha reflexión en torno ao concepto de propiedade da arte pública a través do apropiacionismo creativo no entorno urbán,onde un colectivo de artistas integra pictóricamente a publicidade que ateiga as rúas nas súas sucesivas obras murais e dando voz de narrador á cidadanía que transita o espazo entrópico do encadre visual.
    Os artistas que forman parte desde documental son:
    Liquen, Berto Gracia, Branda, Silvia Sánchez, Pelucas, Antía
    Sánchez, Minia Regos, Tayone, Nando Vázquez, Manuel Silva, Pablo Outón

    MURO PÚBLICO Trailer from Manuel Silva on Vimeo.

  • Exposición de Os lobos de Moeche

    Demo Editorial en colaboración coa Libraría Endo (Rúa entrepeñas, 41-baixo, A Coruña), organizan unha exposición con reproduccións de pranchas da banda deseñada de Manel Cráneo, “Os Lobos de Moeche“.
    Esta obra de aventuras, ambientada na segunda revolta irmandiña, xa acadou notable éxito desde a súa saída en 2009. Agora reaparece novamente en formato exposición.
    Ademáis dunha selección de pranchas reproducidas tamén se exhibirá algún orixinal. As pezas estarán á venta.

    A mostra permanecerá na libraría do 28 de xaneiro ao 28 de febreiro.

    A inauguración será este venres ás 20:30 h na propia librería e servirase un viño rioxa aos asistentes.

  • Presentación do último traballo de Xosé Tomás en FNAC

    Mañá venres, 14 de xaneiro, ás 18:30h, o noso socio Xosé Tomás realizará unha presentación do libro “El gran libro de relatos de piratas y corsarios” (Ed. Parramón), xunto cun obradoiro de creación de piratas no Forum do FNAC de A Coruña. Trátase da primeira presentación en Galicia deste libro, que xa foi vendido en Latinoamérica, traducido ao catalán, ao portugués e ao inglés, para a editorial neoiorquina Sterling Publishing.

  • Uxío Broullón gaña o concurso de carteis para Curtocircuito 2011

    O socio da AGPI, Uxío Broullón, gañou o concurso de carteis da imaxe de 2011 para o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito que convocou a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais do concello de Santiago de Compostela. O cartel gañador será a imaxe para o Festival durante todo o 2011.

    O xurado valorou “o gran nivel das obras presentadas” tanto de profesionais do medio de recoñecido prestixio como dos afeccionados que se animaron a participar. Foron un total de 83 propostas enviadas por 56 participantes (35 galegos, 18 do resto do Estado e 3 procedentes doutros estados). Tim Redford, director de Curtocircuito, definiu o cartel gañador como “moi simple, pero con moita forza, que rompe a imaxe oficial do Festival”.

    Máis información na nova no web do festival.

  • O Ratoon de Jano publícase en Francia

    A editora catalá Bang Edicións leva ao mercado francés Ratoon, a última obra do socio de AGPI Alejandro Viñuela, Jano. A obra muda, que xa está dispoñible nas librarías do noso estado, terá un prezo de venda de 13 euros e conta con 64 páxinas. Aquí podemos ver un teaser da historia.

  • As axudas á creación de BD transformaranse en premios para 2011

    A Consellaría de Cultura non convocará o vindeiro ano as axudas á creación de banda deseñada. Segundo explican desde este departamento, o orzamento destinado a este programa reduciuse de 30.000 a 15.000 euros nas últimas contas públicas. Nunha xuntanza con membros do sector anunciouse que de cara a 2011 a convocatoria de axudas será substituída por unha de premios, o que responde tamén ás reclamacións sobre o formato que se escollera na primeira convocatoria, que esixía unha xustificación de gastos de creación complicada para os autores.

    Información extraida de culturagalega.org

  • Novo álbums de Os Barbanzóns, de Pepe Carreiro

    Despois de estar cinco anos sen as aventuras dos Barbanzóns, o socio de AGPI, Pepe Carreiro acaba de publicar a cuarta entrega desta serie, da man da editorial Toxosoutos, titulado A noite das cacharelas.

  • AGPI en Facebook

    AGPI decidiu internarse nas redes sociais como unha ferramenta máis para darse a coñecer a e divulgar os seus fins fundacionais, así como para poñer á disposición dos seus asociados e amigos unha nova ferramenta de comunicación.
    Esperamos que a presenza de AGPI en Facebook sexa de utilidade; así que xa sabedes: podedes facervos fans da AGPI Asociación Galega de Profesionais da Ilustración facendo clic no botón “gústame”.

  • Convocatoria do VII Premio Castelao de Banda Deseñada

    A Deputación da Coruña convoca a VII edición do Premio Castelao de banda deseñada , dotado con 6.500 euros e a publicación da obra gañadora
    Co obxecto de promover  a creatividade e a aparición de novos talentos entre os autores de cómic, a Deputación da Coruña convoca este ano a VII edición do premio de banda deseñada “Castelao”, no que poderán participar todos os autores que presenten narracións en banda deseñada inéditas e escritas en galego, cun máximo de dous autores por obra (un como guionista e outro como debuxante).O premio está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra gañadora. Ademais, cos traballos orixinais recibidos, a Deputación realizará unha exposición de carácter itinerante.

    A temática das obras é libre, e estas deben ter unha extensión mínima de 48 páxinas. Os traballos presentaranse baixo plica, por duplicado e finalizados, tanto en guión como en debuxo. O prazo de admisión de orixinais remata o día 31 de marzo de 2011.

    O xurado do premio estará integrado polo presidente da Deputación, a deputada responsable da área de Cultura, e tres persoas de recoñecido prestixio no eido da banda deseñada, e a súa decisión farase pública o vindeiro mes de abril.

    Os interesados poden obter máis información na páxina web da Deputación da Coruña.

  • ‘Los retos de la era digital’, do Observatorio da Ilustración Gráfica

    portada de Los retos de la era digital Hoxe faise público, en formato PDF, o novo informe do Observatorio da Ilustración Gráfica. Leva por título Los retos de la era digital, e trata de forma especial os cambios que debe afrontar a profesión perante as perspectivas que se abren nos nosos días cos medios dixitais, e todas as consecuencias, positivas e negativas, que traen consigo. O informe repasa a situación dos novos mercados, as posibilidades e necesidades dos ilustradores e ilustradoras, a situación dos seus dereitos de autor neste contorno globalizado e outros temas non menos importantes como o ensino da ilustración en España.

    Los retos de la era digital é un texto asinado conxuntamente polos membros da Comisión de Profesionais do Observatorio: Horacio Altuna, Pablo Amargo, Elisa Arguilé, Arnal Ballester, Ulises Culebro, Ricardo Esteban, Manuel Estrada, Isidro Ferrer, Forges, Miguel Gallardo, Pablo Martínez, Max, Albert Monteys, Elena Odriozola, Javier Olivares, Carlos Ortín, Miguelanxo Prado, Mariona Sardà, Rosa Serrano e Javier Zabala. O informe completo, en castelán, pode lerse aquí. A versión en inglés pode encontrarse nestoutra ligazón. En próximos días poderá accederse tamén ao documento noutros formatos de lectura.