O álbum La casa de los susurros —que recolle os tres volumes que compoñen a serie La manoir des murmures, publicada inicialmente en Francia, e que ten tamén editado o primeiro volume en galego—, será presentado este domingo, día 18, en Madrid: será ás 18:00 h na Fnac de Callao, coa presenza dos autores e mais de Alberto García, alias El Tío Berni. A obra está asinada por David Muñoz nos guións, Tirso Cons nos debuxos e o noso socio Javi Montes nas cores.
Autor: admin
-
‘La casa de los susurros’ preséntase en Madrid
-
Pelucas e Nan-Vaz expoñen na Coruña
Moonas
vs. Maulas: Taras y retrasos de Pelucas y Nan-Vaz é o título da
mostra de ilustración que inauguran Pelucas e Nando Vázquez.O acto de apertura da exposición será mañá, venres 16,
ás 21:00 h, na Cervezoteca Malte (rúa Panadeiras 20, 15001 A
Coruña). -
Dispoñible o catálogo de libros infantís e xuvenís galegos de 2012
Como vén sendo tradición, co obxecto de ser presentado na Feira Internacional de Boloña, a Xunta de Galicia e mais a Gálix prepararon un catálogo coa produción das editoras galegas no ámbito da literatura infantil e xuvenil durante o ano. O libro, que naturalmente tamén fai un repaso á obra editada en Galicia polos nosos ilustradores, pode consultarse ademais en liña (PDF, 29,2 Mb).A capa desta edición é unha ilustración da nosa socia Noemí López.
-
David Pintor presenta ‘Camino de Santiago’ en Madrid
Este xoves, 15 de marzo, ás 19:30 h, o noso socio David Pintor presentará o seu novo libro, Camino de Santiago. Será no Espacio Sins entido (c/ Válgame Dios 6, 28004 Madrid), e o acto contará co autor, ademais do editor do volume, Mauricio d’Ors, dos ilustradores Alfredo e Siro e de Catalina Mejía, editora de Sins Entido.Para a ocasión haberá unha pequena exposición con orixinais e cadernos de viaxe que poderá verse só esta fin de semana. O propio David Pintor conta no seu blog o proceso de xestación deste libro.
-
Ilustración nos Premios da Edición
O pasado venres desenvolveuse en Santiago de Compostela a VII Noite da Edición de Galicia, coa entrega dos Premios Ánxel Casal, outorgados anualmente pola Asociación Galega de Editores.
Varias das categorías dos premios teñen que ver, loxicamente, coa ilustración. Así, o Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil do ano 2011 correspondeulle a Xa me tardan estes Magos, de Mamá Cabra, ilustrado pola nosa socia Kristina Sabaite. Recibiron mencións especiais os libros O Apalpador e a castaña máxica, escrito e ilustrado por Xoán G., e Canto de Nadal, de Charles Dikens, ilustrado por Roberto Innocenti.
Pola súa parte, o Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano 2011 foi para Contos por teléfono, de Gianni Rodari, con ilustracións de Pablo Otero, e o xurado concedeu tamén unha mención especial a Lois Pereiro: breve encontro, do noso socio Jacobo Fernández Serrano.
Finalmente, o Premio Rosalía de Castro á Iniciativa editorial do ano 2011 foille concedido ás transformacións de álbums ilustrados en series de animación audiovisual d’Os contos do camiño e Caracois.
-
Leandro presenta unha colección de pósters sobre escritoras
Hoxe,
día 8 marzo, co gallo do Día da Muller, o noso socio Leandro presenta na libraría Trama (avenida
da Coruña 21, 27003 Lugo), ás 19:15 h, unha serie de pósters
con caricaturas de escritoras internacionais (tales como Patricia
Highsmith ou Virginia Woolf).O formato dos pósters é o A3, e poden
ser adquiridos na propia libraría. No acto de presentación, quen
merque algún exemplar poderá levalo asinado polo seu autor. -
David Rubín e José Domingo, nomeados para os premios do Salón de Barcelona
A
organización do Saló Internacional del Còmic de Barcelona publicou hoxe a listaxe dos nomeados aos premios da
edición deste ano. Entre os candidatos ao Premio á Mellor Obra de
Autor Español publicada en 2011 están El héroe — Libro 1, de David Rubín, e Aventuras de un oficinista japonés, de José
Domingo. Comeza agora seguinte fase de votacións entre os profesionais da BD en España, e os premios daranse a coñecer durante o Salón, que decorrerá entre o 3 e o 6 de maio. -
Presentación de ‘Sólo tinta’ e ‘3 × 1’ en Vigo
O ciclo de lanzamento das dúas derradeiras publicacións do colectivo Polaqia chega esta semana a Vigo. Sólo tinta, o sketchbook de Alberto Guitián, e 3 × 1, de Jano e Ricardo Mena, serán presentadas na libraría Banda Deseñada (rúa Cataluña 27, 36206 Vigo), este venres, 9 de marzo, á 19:00 h, coa presenza de Jano e Guitián, que asinarán exemplares para todas as persoas interesadas.
-
Versión en liña da exposición ‘Habelos, hainos’
A
mostra Ilustradores galegos: habelos, hainos, organizada en colaboración coa AGPI polo XIII Salón do Libro
Infantil e Xuvenil de Pontevedra, pode visitarse no Pazo da Cultura da cidade do Lérez durante todo este mes, como xa se anunciou desde esta mesma web.Desde esta ligazón pode accederse a fotografías do espazo da mostra (tomadas por Augusto Metztli), pero para ver as obras unha
por unha a AGPI habilitou unha zona na web coa exposición
completa en liña, á que pode entrarse aquí. -
Exposición ‘1 × 2’
Jose Souto e o noso socio
Rubén Mariño expoñen,
durante todo o mes de marzo, unha mostra de caricaturas relacionadas
co rock ’n roll, baixo o título de 1 × 2 (1
tema × 2 autores).Trátase dunha
serie de dez caricaturas (cinco pezas por autor), na que están
representados diferentes músicos. O público pode comprar as
obras expostas en formato postal, A4 ou A3. O lugar é o Café O
Alfaiate (rúa San Xoán 7, 15001 A Coruña).