Autor: admin

  • Golfiño en portada

    Desde onte e ata o 31 de marzo de 2007 permanecerá colgada no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche (Fray Rosendo Salvado, 14/16- Santiago) unha exposición de portadas da revista Golfiño.

    Máis información:
    – En culturagalega.org

    – En santiagosociocultural.org
    – Cartel do evento (1,4 MB).

  • Obradoiros de creación de personaxes BD na Coruña

    José Tomás impartirá unha serie de obradoiros de creación de personaxes de banda deseñada os días 3, 10, 17 e 24 de marzo de 2007 na Coruña. O prezo é de 30€ para socios da entidade organizadora, Xacarandaina, e de 35€ para non socios.

    – Información completa no cartel do evento (368 KB).
    – Dúbidas e preguntas: tlf. 981 277 315

  • Exposición de David Pintor en Barcelona

    pinto barcelona O próximo día 22 de febreiro ás 20h, celebrarase na Galería Sargadelos de Barcelona (Provença 276) a inauguración da exposición Viaxes, que mostra a última obra pictórica do artista galego David Pintor. A exposición estará aberta ata o 24 de marzo e mostrará acrílicos, pasteis, ceras e aguadas correspondentes ás últimas viaxes realizadas polo pintor.

    – Ver invitación da expo [.jpg, 1,4MB]

  • Bases III Premio BD Castelao

    Tendo en conta, por número e calidade, o grupo de novos autores de historieta que teñen xurdido nos últimos anos en Galicia, contando pois, nestes momentos, cun destacado colectivo de autores, ó entender de moitos especialistas o máis importante do panorama nacional, a Deputación da Coruña, sensible á significación que esta a ter este colectivo convoca o III Premio de banda deseñada “Castelao”, de acordo coas seguintes: BASES.

    (O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de maio de 2007.)

  • Ana M. Machado e Rui de Oliveira en Compostela

    Acabamos de recibir de GÁLIX o aviso de que o vindeiro luns 12 de febreiro a escritora Ana Mª Machado e o ilustrador Rui de Oliveira estarán charlando na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela:

    Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2007

    A Asociación Galega de literatura Infantil e Xuvenil, GÁLIX, comprácese en convidalos ó acto:

    A Literatura Infantil e Xuvenil Brasileira

    que terá lugar o vindeiro luns 12 de febreiro, ás 19.30 na

    Galería Sargadelos de Santiago de Compostela

    A charla será presentada por Xosé Neira Cruz e contará coa presencia de :

    • Elizabeth D’Angelo Serra, secretaria xeral da Fundaçao Nacional do Livro Infantil e Juvenil, sección brasileira do IBBY (International Board on Books for Young People)
    • Rui de Oliveira, ilustrador, recibiu numerosos premios, recentemente Premio de Literatura Infanto Juvenil da Academia Brasileira das Letras no 2006.
    • Ana María Machado, escritora e investigadora sobre literatura infantil e xuvenil. Recibiu o Premio Hans Christian Andersen no ano 2000.

    Atentamente,
    GÁLIX

  • VIII Salón do LIX de Pontevedra: De medo

    imaxe quero medo Este domingo 4 de febreiro comenza o oitavo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Como nos dous anos anteriores, a AGPI colaborou montando unha expo relacionada co tema central do Salón; nesta ocasión, o medo. O proceso foi o mesmo que o seguido na exposición anterior, Plantando libros: os ilustradores fixemos os debuxos que o tema nos suxeríu e despois enviámosllos ós escritores, que os ilustraron con palabras.

    A exposición titúlase Apaga a luz, quero medo, inauguraráse o domingo ás 11:30h e permanecerá aberta un mes: ata o 4 de marzo. O horario de visitas é de luns a venres de 18:00 a 21:00, os sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00, e os domingos de 11:00 a 14:00.

    Tamén no Salón terá lugar a presentación da nova etapa da revista BD Banda, que, despois de máis de cinco anos promocionando e dando a coñecer os novos autores de BD galega máis alá das nosas fronteiras, aposta pola profesionalización e pasa a publicarse con publicidade semestral, en galego e en castelán.

    Tanto os autores coma as series e todas as novidades do proxecto serán presentadas o vindeiro luns 5 de febreiro ás 18:30 da tarde, no Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, abrindo así as presentacións editoriais do Salón.

    Non acaban aí as actividades relacionadas co mundo da ilustración neste oitavo Salón do LIX; tamén haberá talleres con Noemí López, Itziar Ezquieta e Alberto Vázquez?, e as clases maxistrais das que falamos na nota anterior.

    Toda a información sobre o Salón do LIX en salondolibro.org.

  • David Pintor na mostra da Feria de Bolonia 2007

    david pintor Ilustración de D. Pintor para Plantando libros.

    O ilustrador galego David Pintor foi seleccionado para participar na mostra de ilustradores da Feria Internacional de Bolonia entre un total de máis de 2000 ilustradores procedentes de todo o mundo. Destes 2000 ilustradores presentados ó certamen foron seleccionados para a mostra un total de 90, entre os cales se encontra o autor galego como único español seleccionado. Unha exposición con estos traballos poderá verse en Bolonia os días 24, 25, 26 e 27 de Abril de 2007, no marco da feria da literatura infantil máis importante do mundo. A mostra recorrerá tamén algúns dos máis importantes museos xaponeses.

    ¡Noraboa David!

    – Páxina web da Feria de Bolonia: http://www.bookfair.bolognafiere.it

  • Clases maxistrais de ilustración en Pontevedra

    Durante o vindeiro VIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra terán lugar nada menos que oito clases maxistrais de ilustración impartidas por Pablo Amargo, Rui de Oliveira, Miguelanxo Prado, Miguel Calatayud, Arnal Ballester, Noemí Villamuza, Isidro Ferrer, e Pep Montserrat, e coordinadas por Kiko da Silva. As prazas son limitadas; para inscribirse hai que chamar ó teléfono da entidade organizadora; a Asociación Sociopedagóxica Galega: 986 852 710, antes do 1 de febreiro.

    As clases celebraránse na Casa das Campás entre o 8 e o 10 de febreiro, seguindo este programa.

  • Plantando Libros en Compostela

    plantando libros Esta mañá tivo lugar a inauguración da exposición Plantando Libros no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche de Santiago de Compostela. Ó acto asistiron o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará; a Concelleira de Educación e Mocidade do Concello de Compostela, Elvira Cienfuegos; o Director da Biblioteca 33, Pedro Lucas, e o ilustrador Óscar Villán en representación da AGPI. Houbo tamén unha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure.

    A exposición, que presenta 38 imaxes de 38 socios de APGI ilustradas por 38 textos de 38 escritores, pode verse desde hoxe ata o 17 de febreiro no CSC do Ensanche de Compostela, que abre de 10 da mañá a 9 da noite e está sito na rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (a carón da Praza Roxa).

  • Catro autores galegos de BD na cresta da ola

    A revista de crítica musical e cultural MondoSonoro publica unha lista cos 10 mellores cómics estatais e internacionais publicados en España durante o 2006.

    A sorpresa é ver que esa lista conta con tres títulos de autores galegos e os tres son ademáis socios da AGPI. Esta selección faise entre os miles de títulos que se publican no mercado estatal cada ano.

    As tres obras seleccionadas son La tetería del oso malayo, de David Rubín, publicado pola editorial vasca Astiberri, Psiconautas, de Alberto Vazquez, tamén de Astiberri, e Damsmitt con guión de Kike Benlloch e debuxos de Manel Cráneo e editado pola editorial madrileña de Ricardo Esteban, Dibbuks.

    A banda deseñada galega segue na cresta da ola. Noraboa a estes 4 fantásticos.

    A lista completa:

    Españoles

    Bardín, el superrealista (Max)
    El arte. Conversaciones imaginarias con mi madre (Juanjo Sáez)
    Psiconautas (Alberto Vázquez)
    La casa del muerto (Keko)
    Los juncos (Sandra Uve)
    La isla de nunca más (Javier De Isusi)
    La tetería del oso malayo (David Rubin)
    Francografías (El Cubri)
    Bajo la piel (Sergi Álvarez y Sagar Forniés)
    Dámsmitt (Kike Benlloch y Manel Cráneo)

    Internacionais

    Agujero negro (Charles Burns)
    Louis Riel (Chester Brown)
    Stuck Rubber Baby (Howard Cruse)
    Krazy & Ignatz (George Herriman)
    Ice Haven (Daniel Clowes)
    Inverosímil (Jeffrey Brown)
    Mitologías (Anders Nilsen)
    Desayuno por la tarde (Andi Watson)
    Lady Snowblood (Kazuo Koike & Kazuo Kamimura)
    Ex Machina: Estado de emergencia (Brian K. Vaughan y Tony Harris)