Autor: admin

  • Premios Injuve 2007

    Quedan poucos días para que remate o prazo de entrega de traballos para os premios de Cómic e Ilustración Injuve 2007. As bases poden consultarse na páxina do Instituto de la Juventud.

  • A fraga ilustrada

    cartel a fraga ilustradaO bosque animado convertirase durante este fin de semana en A fraga ilustrada. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza este próximo sábado e domingo un encontro de debuxantes sen precedentes: A fraga ilustrada. Trátase dunha xuntanza de 23 ilustradores galegos de primera liña e de varias xeracións que traballarán nun taller de campo para ilustrar conxuntamente a obra El bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez. 

     

    O obradoiro, que se desenrolará no mesmo espacio onde se trascorre a acción da novela, na Fraga de Cecebre, conta coa colaboración do Concello de Cambre así como da Deputación da Coruña e a propia Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

    Este acto é unha ocasión axeitada para que os profesionais da ilustración se interrelacionen traballando e convivindo xuntos, así como unha novidosa e inusual actividade, xa que rara vez un autor gráfico traballa ó natural. 

     

    Para Manel Cráneo, presidente de AGPI, “os obxectivos básicos destas xornadas son fomentar a interrelación entre os profesionais da ilustración que, polo xeral, traballamos aillados, así como analizar a interesante contribución á literatura de Wenceslao Fernández Flórez nunha novela tan visual”. Do mesmo xeito, Suso Cubeiro, secretario de AGPI e coordinador do encontro, avoga por abrir esta profesión á sociedadade en xeral: “queremos que non se nos vexa como artistas locos ou persoas solitarias só pendentes dun lapis, senón como traballadores con moita tenacidade, xa que neste traballo, como profesión liberal, non é doado establecerse”.

    Neste senso, a organización do evento tamén pensou naquelas persoas como os autores noveis, axentes do mundo literario e público xeral que estexan interesados na actividade. Por este motivo se organizan os seguintes actos de portas abertas:  (máis…)

  • Exposición de David Pintor en Pontevedra

    santorini O próximo día luns 2 de abril ás 20:00 inaugurarase na Galería Sargadelos de Pontevedra unha exposición do artista David Pintor.

    Postais de quen viaxa co macuto polícromo.
    (Texto de Lito Caramés sobre a exposición)

    …de sutaque, asalta a tentación de aplaudir a precisión do apelido para quen é o autor das pinturas que penduran nas paredes. E logo sábese que este creador é veterano na xuventude: leva trece anos agochado tras o 50% do dúo Pinto & Chinto. O seu traballo de caricaturista condiciona a súa pintura? A variada obra de Pintor ten na ilustración da illa grega de Santorini un logotipo, e a identidade do traballo arreo. Illa grega que se repensa en óleo, en debuxos, e que por suposto sae no seu portal web

    As viaxes sempre teñen algo de ida por volta, de observación exterior e auto-reflexión. A exposición Viaxes, de David Pintor, presenta vintesete cadros, dos que sete son feitos en tinta negra e o resto ao óleo. Nos primeiros destacan os nus femininos e algunha paisaxe, como a do porto de Barcelona. Son estas pezas de trazo áxil, groso, mínimo, con poucas precisións posteriores, incluso como exercicio caligráfico.

  • Premio Int. de ilustración SM para Imapla

    Imapla recibiu hai uns días o Premio Internacional de Ilustración SM, dotado con 12.000 euros (o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil de escrita, convocado pola mesma editorial, está dotado con 100.000 euros). O traballo premiado, que aínda non foi publicado, titúlase Los pájaros aprenden idiomas.

    No mesmo acto entregáronse tamén os premios El Barco de Vapor, que recaeu en Carlo Frabetti por un traballo titulado Calvina, e o Juvenil Gran Angular, que levou Marta Zafrilla por Mensaje cifrado.

    – Información completa na nota de prensa da editorial SM.

  • Cartelería galega

    Orquesta Os Breogan´s

    Berto tomouse a molestia de montar unha galería en Flickr cunha interesante serie de 873 cartaces galegos da segunda metade do s. XX: Cartelería galega (I).

    Di Berto:

    […] Hai tempo que a rede de bibliotecas nodais de Galiza está facendo labores de escaneado e publicando os carteis na súa lamentablemente engorrosa e pouco visible páxina web, allea ás redes sociais e descoñecida pola comunidade galega en internet, algo que considero inxusto. De aí que ao ver tremendo tesouro gráfico oculto decidín que unha das miñas misións para este ano sería buscar unha serie de hacks para conseguir trasladar todos eses gráficos e información a unha rede social onde puideran ser vistos, comentados e compartidos polo maior número de xente posible. A fin de contas o traballo das bibliotecas fíxose cos nosos cartos.

  • Patricia Castelao en Imaginaria

    patricia castelao No último número da revista dixital arxentina Imaginaria, César Da Col preséntanos un informe sobre Patricia Castelao.

    “Ilustrar es una forma más de contar historias; crear un mundo que haga que el lector se deslice por la historia. Cuando me planteo una nueva ilustración es a lo que suelo dedicarle más tiempo, a reflexionar sobre qué quiero contar. Es lo que más admiro en los ilustradores; por ejemplo Tadahiro Uesugi, François Roca, Tha, Quentin Blake y otros muchos más, tienen estilos muy diferentes pero cada una de sus ilustraciones son cuentos de por sí.”

    De propina, Patricia cóntanos o proceso de elaboración do cartel para a Campaña de Lectura de Nadal 2006 da Xunta de Galicia.

    – Galería de Imaginaria: Patricia Castelao.

  • O debuxo por diante

    fragmento de cartel de steinberg Imaxe: fragmento dun cartel de Saul Steinberg presente na exposición (clic para ver completo).

    Kiko da Silva, Montse Cea e Eduardo Valiña son os comisarios de O debuxo por diante, título xenérico dunha serie de exposicións que pretenden facer visible a presenza troncal e relevante do debuxo na arte contemporánea. Os traballos, expostos do 13 de marzo ao 29 de abril de 2007, distribúense entre o Auditorio de Galicia, a Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

    Na lista de participantes podemos atopar a Kohell, Óscar Villán, Pinto e Chinto, Pablo Auladell, Isidro Ferrer, Javier Olivares, Albert Monteys, Maikel, Pablo Amargo, Xaquín Marín, Víctor Rivas, JLMartin, CARLÖS, Miguel Robledo, Miguelanxo Prado, Pep Montserrat, Arnal Ballester, Marc Taeger, Manel Fontdevila, Miguel Calatayud, Vizcarra, Rei Zentolo, diversas portadas da revista El jueves… xunto a Eugenio Granell, Saul Steinberg, Jean Jacques, Jack Dauben, Franklin Rosemont, Marcel Duchamp, Maruxa Mallo, Richard Serra, Arturo Souto, Luis Seoane, Raimundo Patiño, Quintana Martelo, Pamen Pereira, etc.

    Máis información:
    – Na páxina do CGAC
    – En compostelacultura.org
    – En La voz de Galicia
    – El El País

  • Deseña GZ e Icono GZ

    iconos kiko da silva Imaxe: algúns dos 40 iconos de Kiko da Silva (clic para ampliar).

    O vindeiro sábado 17 de marzo, ás 12 do mediodía, inaugúranse na Casa das Campás de Pontevedra as exposicións Deseña GZ (un paseo pola historia e a actualidade do deseño gráfico galego, segundo a descrición do Concello de Pontevedra, organizador do evento) e Icono GZ: cuarenta iconos feitos por Kiko da Silva que se colgarán pola zona vella da cidade no que supón un exercicio experimental de participación popular para elixir o símbolo que mellor nos define como pobo.

  • II Concurso de álbum infantil ‘Cabildo Gran Canaria’

    – Prazo de admisión de orixinais: 23 de abril de 2007
    – Importe do premio: 8.500 euros.
    – Bases completas na páxina web do Cabildo Insular de Gran Canaria.
    – O cartel de este ano é obra de Pablo Auladell.