Emma Ríos, na Image Comics

Escrito por

en

Segundo adiantaba esta semana CulturaGalega.org, a nosa socia Emma Ríos está a preparar, para 2013, unha obra para a editora norteamericana Image Comics. Sobre guións de Kelly Sue DeConnick —con quen xa colabora en varias series da Marvel—, Emma debuxará Pretty Deadly, un western en que ambas as autoras gozarán de liberdade creativa e manterán os seus dereitos de explotación sobre os personaxes.

Estes días tamén se deu a coñecer que Emma Ríos será unha das convidadas da nova edición do Salón de Cangas, que comeza o vindeiro luns.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *