A obra de David Pintor, exposta en Taiwán

Escrito por

en

A mostra de ilustración Bologna Wonderland pode visitarse, ata o mes de setembro, na cidade taiwanesa de Kaohsiung. A exposición está organizada pola prestixiosa publicación DPI Magazine, especializada en deseño gráfico e industrial, moda e ilustración, e nesta ocasión convidou ilustradores de todo o mundo, que tivesen sido seleccionados recentemente na Feira do Libro de Boloña.

Así, a exposición reúne obra de autores como o noso socio David Pintor, Gabriel Pacheco, Jose María Lema de Pablo, Katrin Stangl ou Silvia Bolognesi.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *