Categoría: historico

  • Convocatoria do VII Premio Castelao de Banda Deseñada

    A Deputación da Coruña convoca a VII edición do Premio Castelao de banda deseñada , dotado con 6.500 euros e a publicación da obra gañadora
    Co obxecto de promover  a creatividade e a aparición de novos talentos entre os autores de cómic, a Deputación da Coruña convoca este ano a VII edición do premio de banda deseñada “Castelao”, no que poderán participar todos os autores que presenten narracións en banda deseñada inéditas e escritas en galego, cun máximo de dous autores por obra (un como guionista e outro como debuxante).O premio está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra gañadora. Ademais, cos traballos orixinais recibidos, a Deputación realizará unha exposición de carácter itinerante.

    A temática das obras é libre, e estas deben ter unha extensión mínima de 48 páxinas. Os traballos presentaranse baixo plica, por duplicado e finalizados, tanto en guión como en debuxo. O prazo de admisión de orixinais remata o día 31 de marzo de 2011.

    O xurado do premio estará integrado polo presidente da Deputación, a deputada responsable da área de Cultura, e tres persoas de recoñecido prestixio no eido da banda deseñada, e a súa decisión farase pública o vindeiro mes de abril.

    Os interesados poden obter máis información na páxina web da Deputación da Coruña.

  • ‘Los retos de la era digital’, do Observatorio da Ilustración Gráfica

    portada de Los retos de la era digital Hoxe faise público, en formato PDF, o novo informe do Observatorio da Ilustración Gráfica. Leva por título Los retos de la era digital, e trata de forma especial os cambios que debe afrontar a profesión perante as perspectivas que se abren nos nosos días cos medios dixitais, e todas as consecuencias, positivas e negativas, que traen consigo. O informe repasa a situación dos novos mercados, as posibilidades e necesidades dos ilustradores e ilustradoras, a situación dos seus dereitos de autor neste contorno globalizado e outros temas non menos importantes como o ensino da ilustración en España.

    Los retos de la era digital é un texto asinado conxuntamente polos membros da Comisión de Profesionais do Observatorio: Horacio Altuna, Pablo Amargo, Elisa Arguilé, Arnal Ballester, Ulises Culebro, Ricardo Esteban, Manuel Estrada, Isidro Ferrer, Forges, Miguel Gallardo, Pablo Martínez, Max, Albert Monteys, Elena Odriozola, Javier Olivares, Carlos Ortín, Miguelanxo Prado, Mariona Sardà, Rosa Serrano e Javier Zabala. O informe completo, en castelán, pode lerse aquí. A versión en inglés pode encontrarse nestoutra ligazón. En próximos días poderá accederse tamén ao documento noutros formatos de lectura.

  • Exposición de Marina Seoane

    A Librería Aenea (rúa dos Irmáns Rey Alvite 5, 15702 Santiago de Compostela) acolle, desde o pasado día 18 de decembro e ata o 8 de xaneiro, unha exposición de ilustracións e debuxos a cargo de Marina Seoane Pascual. O horario de apertura é, de luns a sábado, entre as 10:00 e as 14:00 h e entre as 17:00 e as 20:30 h (excepto martes e xoves, de 10:00 a 11:00 h e de 18:30 a 19:30 h).

  • Suso Cubeiro no «Vermú literario» d’A Libreira

    A libraría A Libreira, do Temple
    (Cambre, A Coruña), organiza mensualmente presentacións e charlas baixo o título
    de «Vermú literario». Na edición
    correspondente a decembro o convidado especial é o ilustrador Suso Cubeiro, que falará do libro Los tres cielos: Aventuras infantiles de Félix Rodríguez de la Fuente (Auga
    Editora, 2010). Suso Cubeiro é o
    responsable das ilustracións, mentres que os textos o son de Miguel A. Pinto
    Cebrián.
    A cita é o próximo sábado, 18 de decembro, ás 13:30 h.

  • «Unha ollada natural», de Calros Silvar, no Xardín Botánico Ría do Burgo

    A exposición «Unha ollada natural», do ilustrador Calros Silvar, será inaugurada este xoves 2 de decembro, ás 20:30 h, na
    Aula de Natureza Juan Lembeye do Xardín Botánico Ría do Burgo (Culleredo, A Coruña), onde estará ata o 31 de decembro de 2010. No acto de
    inauguración intervirán Celestino Poza, concelleiro de Cultura de Culleredo; Carlos
    Pereira Martínez,
    historiador; e o propio Calros Silvar.

    «Unha ollada natural» é unha colección de trinta láminas orixinais
    empregadas na elaboración de guías da natureza para Baía Edicións, así como outras
    publicadas con editoras como A Nosa Terra ou Siruela, acompañadas por unha
    escolma dos cadernos de campo do autor.

  • Novas presentacións de Dani Montero

    O socio de AGPI e gañador do Premio Castelao 2009, Dani Montero, volve á carga cun par de sesións de sinaturas este venres e sábado nas librarías Paz e Banda Deseñada, en Pontevedra e Vigo, respectivamente. Nas dúas, haberá agasallo seguro para os primeiros que entren e merquen o libro.
    Máis información no blogue de DEMO:
    http://demoeditorial.blogspot.com

  • Calros Silvar expón na Casa das Ciencias de A Coruña

    A mostra presenta vinte cadros que ofrecen aos visitantes pinceladas  da biodiversidade de Galicia. Aves, mamíferos, anfibios, fungos, plantas, e árbores representados pola man profesional do ilustrador Calros Silvar.


    Son unha escolma das ilustracións feitas para guías de natureza e outros libros da mesma temática. Tamén hai debuxos de cadernos de campo, onde se poden observar bosquexos a apontamentos do natural, a cara oculta do traballo de ilustracións da natureza.


    Calros Silvar é Licenciado en Belas Artes, ilustrador, naturalista e afeccionado á ornitoloxía. Ten publicados máis de cen libros, e foi galardoado con varios premios de ilustración, debuxo de humor e banda deseñada.

  • David Rubin y David Pintor, premiados internacionalmente

    “La tetería del Oso Malayo“, de David Rubín, en su
    edición checa, ha ganado el premio al mejor cómic extranjero
    del año 2009
    en el Komikfest de Praga!

    Por otro lado, David Pintor gana en Italia la X edición del concurso: “L´illustratore
    dell anno
    “, que convoca la cadena juguetera Città del
    sole. David será el encargado de ilustrar el calendario de la
    empresa.

  • Axenda Fin de Semana

    Chega o fin de semana e o imos ter moi ocupadiño:
    1.-Manolo López Poy e Miguel Fernández presentan “O fillo da furia“, de DEMO Editorial nas Rías Baixas. O venres, as 18.00 estarán na librería Paz (Pontevedra), e o sábado as firmas serán á mesma hora en BD (Vigo).

    2.-Por outra banda,  o mesmo venres celebraráse o terceiro Pecha Kucha en A Coruña. A cita é as 20.20 na Fundación Luis Seoane, con entrada gratuita, e contará coa participación do socio de AGPI, David Pintor.

    3.-A nosa socia, Rebeca López, inaugura a súa exposición “Cuervitos e calaveras” na galería Amararte (r/ San Froilán, 20- baixo, Lugo). Esta exposición poderá visitarse ata o día 27.

  • Estas son as nosas caras


    O pasado sábado celebramos en Santiago, o tradicional Encontro Galego da Ilustración, e aproveitamos para inmortalizar o momento con esta foto de familia, nunca mellor dito.
    Se queredes ver as fotos dos anos anteriores, podedes facerlo aquí.