O vindeiro Xoves 23 de Marzo bisgue presenta unha exposición a través da súa propia visión do mundo dos obxetos, levandoo dende o tratamento e diálogo cos obxetos a reintrepretación como forma, aplicando finalmente ó lenguaxe da arte urbán; poderás atopar pintura, fotografía e escultura.
Pásate as 8 da tarde por Metro sala de exposicións, Praza de Lugo 23, o día da inaguración, haberá pinchos, cervexa e boa música.
Categoría: historico
-
Obxetual, de Manuel Silva (bisgue)
-
Premios Mestre Mateo 2005
Por Manel Cráneo.
A Coruña, 20 de marzo de 2006Onte pola noite a TVG retransmitiu a gala dos premios Mestre Mateo de producción audiovisual 2005.
Entre eles, catro socios de AGPI nominados, Ignacio Benedeti por unha curtametraxe de acción real realizada pola súa propia productora,David Rubín pola curtametraxe de animación que dirixiu para Dygra Films, e Alberto García Ariza e Víctor Rivas, á mellor producción multimedia por ter colaborado no xogo interactivo “O Mando Manda”.
O noso amigo e socio David Rubín conseguiu acadar o premio na categoría de mellor curtametraxe de animación, saíndo ao estrado con o nerviosismo da “primeira vez”, é lóxico, entre os asistentes estaba toda a crema do audiovisual e a política galega.
O xogo “O Mando Manda” tamén acadou o premio ao que optaba.
Noraboa aos premiados por ter acadado o premio e tamén a Ignacio por estar entre os nominados un ano máis. Non son os únicos socios que participaron destes premios xa que outros membros desta asociación participaron tamen na producción de “O soño dunha noite de San Xoan”, que levou tamen varios premios. (máis…)
-
V de BD Banda
BD Banda presentará no Saló del Còmic de Barcelona un número especial en castelán co mellor do cómic galego.
Coa intención de conmemorar os seus cinco anos de traballo, o colectivo BD Banda anuncia a publicación dun número especial que sairá á luz con ocasión do vindeiro Saló del Còmic de Barcelona, considerado o principal evento deste campo en toda a península.
A revista será publicada por primeira vez en castelán e recollerá unha escolma de boa parte dos autores que, desde o número un, veñen colaborando co proxecto. A idea é que os lectores de fóra de Galicia poidan coñecer a publicación que foi galardoada en 2005 co premio do Salò ao mellor fanzine. En total serán 100 páxinas a toda cor que incluirán o traballo 19 autores de BD galegos.A capa irá a cargo do celebérrimo Miguelanxo Prado e incluiranse textos de opinións de persoeiros do medio a escala estatal como son Maikel de El Jueves, Álvaro Pons de La cárcel de papel ou os responsables de FICOMIC, entidade que organiza o Salò de Barcelona. Canda estes contidos o número especial incluirá unha ampla reportaxe que percorrerá o espectacular salto que deu a banda deseñada galega últimos cinco anos. Este texto conta ademais coa colaboración da sección de banda deseñada de culturagalega.org, portal de Internet do Consello da Cultura Galega e auténtico referente informativo sobre este campo no noso país. (máis…)
-
Bases dos premios Nacional e Lazarillo 2006
Acaban de ser convocadas as edicións dos premios Nacional e Lazarillo deste ano 2006:
– Convocatoria Premio ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís 2006.
– Bases Premio Lazarillo de Ilustración 2006 (ao final da páxina).As posibles dúbidas acerca destas bases serán gustosamente resoltas polas entidades convocantes, isto é: o Ministerio de Cultura no caso do Nacional, e a OEPLI no caso do Lazarillo.
-
Concurso cartel Festival Ortigueira’06
Lemos na páxina do Festival de Ortigueira: O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca un concurso creativo para seleccionar o cartel oficial que servirá de imaxe da edición 2006 da cita folk. A obra elixida utilizarase nas campañas de publicidade exterior do certame e adaptarase tamén para os diversos elementos do merchandising.
A proposta, aberta a empresas de imaxe e a calquera persoa que teña unha idea con gancho publicitario, supón unha sorte de “brainstorming”, unha chuvia de ideas, coa que se pretende escoller o deseño que mellor represente o espírito do festival e os seus valores, sendo a temática e as técnicas libres. Os participantes poderán presentar un máximo de dous traballos ( un lema identificará a cada un deles e permitirá manter en segredo a autoría durante o proceso de selección).
Un xurado – do que formarán cando menos dous artistas de recoñecido prestixio- determinará quen será o gañador. A este corresponderalle un premio de 10.000 euros. Sumarán puntos os traballos mellor concebidos, os de maior calidade plástica e os máis efectivos dende o punto de vista promocional.
O prazo para a entrega dos carteis inéditos será do 21 ao 31 de marzo. Haberá que presentarlos na Casa Consistorial ou envialos por correo ordinario ao Concello de Ortigueira (praza de Isabel II s/n, 15.330 Ortigueira) coa referencia “Concurso Cartel Festival Celta”. Os interesados poden consultar as bases nesta mesma web.
O xurado realizará ademais unha selección de entre os carteis admitidos a concurso e non premiados. Cos elixidos organizarase unha exposición no Claustro do Concello.
-
Presentación ‘Las aventuras de amo Ron’
El próximo sábado 11 de marzo, a partir de las 19.00 en Alita Orzán (r/ Orzán, 110b, A Coruña), Gochi presentará su nuevo cómic Las aventuras de amo Ron. Habrá música, cerveza, venta de originales y firmas del autor. (Clic en la imagen para ver el cartel completo.) -
X Salão luso-galaico de caricatura Vila Real 2006
1. Aberto ? participação de todos os artistas gráficos com humor, residentes em Portugal e na Galiza.
2. O tema lançado a desafio aos humoristas, este ano, é “TRANSPORTES PÚBLICOS” (já que este ano Vila real comemora o Centenário da chegada dos Caminhos de Ferro, pensamos fazer uma introspecção sobre como é andar de transportes públicos, qual o seu futuro…).
3. Cada artista pode enviar até 4 trabalhos, em preto e branco formato não superior a A3 (de preferência A4), aberto a todas as técnicas e estilos, (os trabalhos feitos a computador, para alem do seu envio em suporte informático – CD ou disquete a 300 dpis Jpeg – devem ter também um prints em A4, assinados ? mão e numerados 1/1) como caricatura, cartoon, desenho de humor, tira, prancha de bd (história num prancha única)… devendo estes vir identificados no verso com nome e morada, e-mail, telefone e nº contribuinte. (máis…)
-
II Premio de Banda Deseñada ‘Castelao’
[Bases tomadas do BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2006]
Tendo en conta, por número e calidade, o grupo de novos autores de historieta que teñen xurdido nos últimos anos en Galicia, contando pois, nestes momentos, cun destacado colectivo de autores, ó entender de moitos especialistas o máis importante do panorama nacional, a Deputación da Coruña, sensible á significación que esta a ter este colectivo convoca o II Premio de banda deseñada “Castelao”, de acordo coas seguintes bases:
PRIMEIRA.-
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten narracións en banda deseñada inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas en galego, cun máximo de dous autores por obra (un como guionista e outro como debuxante).
SEGUNDA.-
Establécese un premio único dotado con 6.500 euros.A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, mantendo o autor ou autores os dereitos para a posible edición da obra noutras linguas que non sexa a galega.
Asimesmo, cos traballos orixinais formarase unha exposición de carácter itinerante.
TERCEIRA.-
A temática será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.Os traballos presentaranse por duplicado e en exemprares separados, numerados, grampados ou encadernados da seguinte forma: (máis…)
-
Presentación de El Circo del desaliento en Ourense
El próximo sábado 11 de febrero David Rubín presentará su Circo del desaliento en Ourense, a las 18.30, en el Café Auriense:el circo vuelve a lanzarse a la carretera, está vez clavará piquetas y levantará la tela en la ciudad que un mal dia vió nacer a su autor, servidor de ustedes y sus señoras, david rubín.
el cual para esta ocasión vestirá con gala y orgullo su glamour barriobajero, acompañado por su corte de dragones borrachos y equilibristas muertos de miedo, y abrirá su saco de errores y pasado maltrecho a todo aquel que quiera asomarse a él en el café auriense, plaza del corregidor, ourense, por cortesia de livraria torga, astiberri ediciones y su propia piel.
a las torpes palabras del autor y su vaga presencia, brindarán compañia la firma de ejemplares por parte del mismo a todo aquel que se atreva a portar el tebeo bajo el brazo y una suerte de sesión sin par a cargo del mago nocturno de las mezclas, además de buena persona; el dj jaime mateo.
que se prepare la ciudad del licorcafé y el cristo que le crece el pelo!
d.
p.d.: y en breve atracamos en vigo.
-
VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
O vindeiro domingo día 5 de febreiro inaugúrase o VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Nesta nova edición
AGPI colabora por segundo ano consecutivo, esta vez coa organización da exposición que leva por título Plantando libros. A exposición conta cun plantel de 78 artistas entre escritores e ilustradores que ofrecen a súa visión particular da natureza, e foi realizada seguindo un proceso de creación inverso ó habitual, no que os escritores escribiron as súas aportacións inspirándose nas ilustracións que previamente foron debuxadas por unha selección de 39 ilustradores.
A mostra permanecerá o mes de febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra; despois comezará a súa itinerancia por diversas vilas galegas durante os vindeiros meses, e próximamente será exhibida virtualmente aquí en www.agpilustracion.org.
Máis información sobre o Salón de Pontevedra en www.salondolibropontevedra.org.