Categoría: historico

  • Can de palleiro en Barcelona

    can de palleiro barcelona Ilustración de la invitación: Alberto Guitián.

    El próximo jueves 16 de noviembre a las 20.00h se celebrará la inauguración de la exposición Can de palleiro en la Galería Sargadelos de Barcelona (calle Provença 274/276).

    Después de estar presente en las ediciones de la Feira do Humor de Silleda y del Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, la exposición Can de Palleiro, organizada por AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) en colaboración con el Ayuntamiento de A Coruña, visitará la Galería Sargadelos de Barcelona.

    Esta muestra recoge el trabajo de casi 50 ilustradores gallegos de diversas generaciones: Kiko da Silva, Jaime Asensi, Alberto Guitián, Manel Cráneo, Miguelanxo Prado, Noemí López, Patricia Castelao, etc…

    En la inauguración del próximo jueves 16 de noviembre estará presente Alberto Guitián, (vocal de AGPI y participante en la muestra) y Horacio Altuna, presidente de APIC (Associació Professional d’Il·lustradors de Catalunya).

    El presidente de AGPI, Manel Cráneo, resume en estos fragmentos el espíritu de esta muestra:

    En 2005, buscando el tema para una primera exposición representativa de AGPI sonó el aullido del can de palleiro, una especie autóctona y protegida con denominación de origen. Nos pareció que los ilustradores gallegos también podíamos reclamar nuestra denominación de origen mediante la promoción conjunta de nuestro trabajo y que el mismísimo can de palleiro podría ser el nexo temático de la muestra. El can de palleiro marca un antes y un después en el mundo de la ilustración gallega, y estoy seguro de que es tan sólo el primer cachorro de una camada numerosa aún por llegar.

    Los dibujos estarán expuestos hasta el 14 de enero de 2007.

  • Presentación de “Están vivas”, de Fausto

    Mañá, xoves 9 de novembro ás 20.00 h, na Sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19) Fausto Isorna presentará o cómic Están vivas, da serie Novas Aventuras de Simón Martel.

    – Ver invitación [JPG, 45 KB]

  • 24 Viñetas por segundo

    24 vinhetas por segundo 36 Festival de Cine de Alcalá De Henares:
    24 Viñetas Por Segundo.

    Do 10 ao 26 de novembro.
    De martes a domingo. 12-14 y 17-20h.

    Na súa 36 edición este consolidado festival madrileño fai unha homenaxe aos autores de cómic que manteñen algún tipo de relación có cinema, ademáis de adicarlle unha das seccións oficiais á proxección de material que relaciona cómic e cine.

    A exposición consta coa obra de autores españois como Monteys, Alex de la Iglesia, Borja Crespo, Darío Adanti, David Lorenzo, F.de Felipe, Ibáñez, Hernán Migoya, Ivá, Olivares, Joel Badía, Koldo Serra, M.A. Martín, Man, Manel Cráneo, Mauro Entrialgo, Max, Peter Bagge, Sequeiros, Sergio Bleda…entre outros.

    O ciclo de proxeccións terá tamén presencia galega coa curtametraxe LADRÓNS DE CADÁVERES VERSUS KU KLUS KLAN baseado na historieta homónima de Manel Cráneo e dirixida por Xurxo García, da cal se expoñen os orixinais na exposición gráfica.

    Esta curta de animación experimental feita polos nosos socios con recursos limitados foi tamén presentada nos últimos meses no festivais de “Cans”, “Supernécora” e “Curtas na rede” (Galicia), nas “Xornadas de BD de Sto. Tirso” (Portugal) e mercado pola TVG para o seu espazo Onda Curta.

    – Ver nota de prensa [PDF, 64 KB]

  • Plantando libros: versión dixital

    plantando libros Acabamos de subir ó noso servidor a versión dixital de Plantando libros, a exposición inaugurada en febreiro deste ano [2006] no VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

    A exposición conta cun plantel de 78 artistas entre escritores e ilustradores que ofrecen a súa visión particular da natureza, e foi realizada seguindo un proceso de creación inverso ó habitual, no que os escritores escribiron as súas aportacións inspirándose nas ilustracións que previamente foron debuxadas por unha selección de 39 ilustradores.

    – Versión executable para PC [comprimido en .zip, 4,9 MB]
    – Versión executable para Mac [comprimido en .zip, 5,1 MB]

  • Exposición de David Pintor na Coruña

    expo david pintor O próximo sábado 4 de novembro de 2006, inauguraráse na galería ArteImagen de A Coruña (C/ Ramón y Cajal, 5) unha exposición de pintura de David Pintor.

    O artista amosará unha selección da súa última obra pictórica e gráfica. A mostra estará aberta ata o día 5 de decembro

  • Convocatoria: Homenaxe a Siro López

    O Museo do Humor de Fene convoca unha homenaxe a Siro López:

    Como seguramente saberás, e se non o sabes cho comunicamos agora, o noso compañeiro Siro vén de abandonar a práctica activa do humor gráfico; é dicir, que xa non poderemos disfrutar cada día cos seus debuxos e a súa particularísima visión da actualidade. Baixo a coordinación do Museo do Humor de Fene estase a preparar a publicación dun libro homenaxe, para o cal nos gustaría contar coa túa participación. Trataríase de que envíes un debuxo alusivo á figura de Siro e á súa traxectoria como debuxante de humor.

    Adxuntamos fotos do homenaxeado [arquivo .zip coas imaxes, 726 KB] por se decides incluir caricatura. O traballo podes envialo no formato que desexes á seguinte dirección: museo-humor arroba fene-concello.org. Necesitariamos tamén unha autocaricatura do autor e un breve curriculum (catro ou cinco liñas). Se prefires enviar o orixinal ou un CD, faino a

    Museo do Humor
    Casa da Cultura
    c/Fonte do Campo s/n
    15500 Fene
    A Coruña.

    Pregámosche nos fagas chegar o teu debuxo antes do 30 de novembro.
    Moitas grazas por anticipado. Recibe un cordial saúdo.

  • Actos no día da Biblioteca

    AGPI estará presente en varios actos no Día da Biblioteca o martes 24 de outubro.

    Ás 11:00 da mañá inaugurarase no concello de Ames a exposición Plantando Libros, coa presencia do Director Xeral de Promoción e Difusión Cultural, Don Luís bará Torres.

    Esta exposición itinerante, que foi montada pola AGPI en colaboración co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e apoiada pola Consellería de Cultura, conta con 39 ilustradores e 39 escritores facendo unha homenaxe á relación entre a natureza e a literatura.

    A directiva da AGPI estará representada na inauguración por Fran Bueno Capeáns.
    Ademáis disto, prevense outros actos ao longo do día na Biblioteca do Milladoiro.

    As 19:00 da tarde terá lugar tamén unha charla-coloquio na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga (A Coruña) coa participación de Manel Cráneo, Santy Gutiérrez, Javi Montes e o alcalde de A Coruña, Don Javier Losada.

    A temática a tratar será o panorama da banda deseñada en Galicia e particularmente na Coruña, cidade cun gran movemento en torno a este sector profesional.

  • Agpirina nº 3

    agpirina 3 Acabamos de colocar no arquivo de agpilustracion.org o PDF máis recente da Agpirina, o boletín informativo e reconstituínte da AGPI, con información sobre as exposicións Plantando libros e Can de palleiro, un Protocolo de ilustrador que recolle unha serie de pautas básicas para unha boa relación profesional entre editor e ilustrador, unha entrevista a Xan L. Domínguez… Etc. Que o disfrutedes.

    – Agpirina nº 3 (PDF comprimido en ZIP, 620 KB)

  • III Encontro Galego de Ilustración

    A próxima semana celebraremos o III Encontro Galego de Ilustración; concretamente o día 28, último sábado de outubro, como de costume. Xan L. Domínguez e Fernando Agresta (director de arte da editorial Edelvives, entre outras cousas), impartirán sendas conferencias (de acceso libre) pola mañá, na Fundación Caixa Galicia, situada na Rúa do Vilar nº 17 de Santiago de Compostela. Despois terá lugar o xantar de confraternización e, pola tarde, a asamblea xeral.

    Velaquí o programa do día e información sobre os convidados:

    Programa do III Encontro:


    Mañá

    Actos de portas abertas

    – 10:30: Benvida e entrega de documentación.
    – 11:00: Proxección da montaxe audiovisual “Plantando libros”.
    – 11:15: Presentación do presidente.
    – 11:30: Andamios e andamiaxes. Conferencia de Xan López Domínguez.
    – 12:45: Café rápido.
    – 13:00: Ilustrar para nenos: entre a creatividade e as estratexias editoriais. Conferencia de Fernando Agresta.

    (máis…)

  • Omar: Humor colateral

    humor_colateral Nuestro socio Omar Pérez, Omar, acaba de llegar de Saint Just le Martel, Francia, donde inauguró su exposición dentro del 25 Salón Internacional de Humor, donde además presentó su último trabajo Humor colateral.

    El próximo 21 de octubre tendrá también la presentación en Alcalá de Henares en la Muestra de Humor de la Fundación de Universidad de Alcalá de Henares.

    El libro, a todo color, contiene una selección de sus últimos trabajos, además de una muestra de sus caricaturas. Con prólogos de Osvaldo de Sousa y Jan Op De Beeck, pueden solicitarlo por 10 euritos (gastos incluidos) a su correo: cartoon arroba omarperez.org.