Categoría: historico

  • Plantando Libros en Compostela

    plantando libros Esta mañá tivo lugar a inauguración da exposición Plantando Libros no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche de Santiago de Compostela. Ó acto asistiron o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará; a Concelleira de Educación e Mocidade do Concello de Compostela, Elvira Cienfuegos; o Director da Biblioteca 33, Pedro Lucas, e o ilustrador Óscar Villán en representación da AGPI. Houbo tamén unha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure.

    A exposición, que presenta 38 imaxes de 38 socios de APGI ilustradas por 38 textos de 38 escritores, pode verse desde hoxe ata o 17 de febreiro no CSC do Ensanche de Compostela, que abre de 10 da mañá a 9 da noite e está sito na rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (a carón da Praza Roxa).

  • Catro autores galegos de BD na cresta da ola

    A revista de crítica musical e cultural MondoSonoro publica unha lista cos 10 mellores cómics estatais e internacionais publicados en España durante o 2006.

    A sorpresa é ver que esa lista conta con tres títulos de autores galegos e os tres son ademáis socios da AGPI. Esta selección faise entre os miles de títulos que se publican no mercado estatal cada ano.

    As tres obras seleccionadas son La tetería del oso malayo, de David Rubín, publicado pola editorial vasca Astiberri, Psiconautas, de Alberto Vazquez, tamén de Astiberri, e Damsmitt con guión de Kike Benlloch e debuxos de Manel Cráneo e editado pola editorial madrileña de Ricardo Esteban, Dibbuks.

    A banda deseñada galega segue na cresta da ola. Noraboa a estes 4 fantásticos.

    A lista completa:

    Españoles

    Bardín, el superrealista (Max)
    El arte. Conversaciones imaginarias con mi madre (Juanjo Sáez)
    Psiconautas (Alberto Vázquez)
    La casa del muerto (Keko)
    Los juncos (Sandra Uve)
    La isla de nunca más (Javier De Isusi)
    La tetería del oso malayo (David Rubin)
    Francografías (El Cubri)
    Bajo la piel (Sergi Álvarez y Sagar Forniés)
    Dámsmitt (Kike Benlloch y Manel Cráneo)

    Internacionais

    Agujero negro (Charles Burns)
    Louis Riel (Chester Brown)
    Stuck Rubber Baby (Howard Cruse)
    Krazy & Ignatz (George Herriman)
    Ice Haven (Daniel Clowes)
    Inverosímil (Jeffrey Brown)
    Mitologías (Anders Nilsen)
    Desayuno por la tarde (Andi Watson)
    Lady Snowblood (Kazuo Koike & Kazuo Kamimura)
    Ex Machina: Estado de emergencia (Brian K. Vaughan y Tony Harris)

  • Dúas notas

    Dúas notas sobre o traballo de dous socios de AGPI:

    – O pasado sábado apareceu na portada da revista El País Semanal un traballo de Alberto Vázquez. Podedes ve-la portada e comentarios ó respecto no blog de Alberto Vázquez.

    – O próximo sábado 13 de Enero, no Café Cultural Auriense (praza do Correxidor, nº11, Ourense), David Rubín presenta (e firma) o seu máis recente álbum: La Tetería del Oso Malayo.

    Máis información en De tripas corazón, o blog de David Rubín.

  • Praza das Letras nº 2

    praza das letras patricia castelao Acaba de publicarse o número 2 da revista Praza das Letras, con portada de Patricia Castelao, a quen tamén se lle adica a contraportada cunha breve entrevista.

    Ademáis, artigos sobre a Lei do Libro, o Proxecto Edición, o Salón do LIX de Pontevedra, entrevistas a Luis Bará, Anxo Angueira, recomendacións de libros… pasatempos… etc.

    O PDF coa revista pode descargarse na propia Praza das Letras.

  • Moncho e a mancha en Brasil

    moncho e a mancha O libro Moncho e a mancha, escrito e ilustrado por Kiko da Silva, foi publicado este mes en Brasil pola editorial Callis.

    Máis información en Neorama dos quadrinhos e no blog de Kiko da Silva.

    Moncho e a mancha xa foi publicado en Galego, Castelán, Catalán, Euskera, Portugués e Inglés.

    Actualización 30/12/06:
    Informa Kiko de que Rato de campo e rato de cidade acaba de ser publicado en Corea.

  • Rubín presenta “La tetería del oso malayo”

    david rubin Ilustración: David Rubín.
    Fragmento do cartel anunciador do evento.

    Copipegamos o aviso que acabamos de recibir de David informando da presentación do seu novo álbum:

    este sábado 16 arderá coruña al son de “la tetería del oso malayo”; con la colaboración de alita comics, café o alfaiate y astiberri ediciones; david rubín volverá a vestir sus mejores galas para presentar su cuarto album monográfico en el mercado estatal.

    no lo olviden; sábado 16, 19:00 horas, café O Alfaiate, Plaza de España, nº20, A Coruña;

    firma de ejemplares, exposición de originales, sesión dj ramón (les automatiques), sorpresas y glamour espartano en lo que ya no es la presentación de un álbum, sino una FIESTA!!

    que no te lo cuente nadie, dí que estuviste allí!!

    colección de abrazos y besos de aquí a la luna.

    david rubín.

    – Ver cartel do evento.

  • Exposición: 5 anos de BD Banda

    bd banda na casa das palabras Ilustración da invitación: Miguelanxo Prado

    Desde o vindeiro mércores 13 de decembro ata o 11 de febreiro, a Casa das Palabras (Avda. de Samil, 17, Vigo) acollerá unha exposición retrospectiva de traballos aparecidos na revista BD Banda ó longo dos seus primeiros cinco anos de historia. A inauguración será este mércores ás 20.00 h.

    – Máis información na páxina de BD Banda: Palabra de banda.

  • Charla de Manel Cráneo na Coruña

    Seguindo coa campaña de promoción asociativa, o noso presidente Manel Cráneo dará unha charla este mércores 13 de decembro ás 11 da mañá na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. Unha metade da charla estará adicada a traxectoria de Cráneo como ex-alumno da escola, e a outra metade a asuntos relacionados co asociacionismo no sector.

  • Charla de AGPI en Ourense

    uxio broullon Imaxe da campaña: Uxío Broullón

    Dentro do proxecto de campaña asociativa que escomenzou coa edición e difusión do cartel e folleto informativo diseñados sobre a imaxe de Uxío Broullón, o presidente da AGPI, Manel Cráneo, e mailo secretario Suso Cubeiro, ofrecen unha charla na Escola de Artes e Oficios Antonio Faílde de Ourense o próximo xoves 30 de novembro as 12 da mañá.

    Estas charlas en escolas e centros de formación artística, teñen como obxetivo fundamental informar sobre a existencia da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, o seu funcionamento e cobetura, e tamén asesorar de forma básica sobre a realidade do mundo laboral que arrodea a esta profesión.
    O público obxetivo desta campaña son os mozos e mozas que teñen elexida esta profesión para o seu futuro e pensan exercela en ou dende Galicia.

    A charla promove ademáis as ventaxas que proporciona o estar asociado nunha profesión onde o contacto direito entre profesionais favorece, cada vez con máis fluidez, avances no sector.

    Prevense outras charlas noutras escolas galegas que completarán ao longo de 2007 esta campaña destinada ao sector en Galicia.

  • Licencia para incordiar, de Santy

    licencia para incordiar, de santy El Progreso de Lugo edita un libro con una selección de viñetas de Santy de los últimos tiempos. El libro recopilatorio se repartirá gratuitamente junto con el periódico el próximo día 30 de noviembre. Es la primera antología de este humorista gráfico.

    – Cartel promocional en el blog del estudio Baobab.