Despois do éxito na Feira Medieval de Betanzos, o socio de AGPI, Manel Cráneo, autor de Os Lobos de Moeche asinará exemplares hoxe, na feira Medieval de Coruña. O evento terá lugar ás 20:00 h na Avda de Los Ángeles na cidade vella.
Autor: admin
-
Dunha vez era… unha montaña

Acaba de publicarse el nuevo libro del que nuestra socia Ánxeles Ferrer es tanto ilustradora como escritora. Se titula “Dunha vez era… unha montaña“, y está editado por Everest.
Es tan reciente la noticia que aún no lo hemos leído, pero estamos seguro que mantiene el nivel al que nos tiene acostumbrados.
Enhorabuena, Ánxeles -
Novo libro de Kristina Sabaite
Editorial Baia acaba de publicar “A avoa do nobelo branco ” de Paco López Barxas, ilustrado por a nosa socia Kristina Sabaite. É un libro, que pertence á Colección “Xiz de cor“, Nr. 19
Ás veces, as historias que contan as avoíñas de nobelo branco ás súas netas, poden abrir os ollos a un mundo marabilloso e ser o nexo da unión dunha relación profunda.
Máis información:
Baia Edicións
Blog de Kristina Sabaite -
I Certame de Ilustración A emigración Homenaxe á Sociedad El Valle de Oro
Nos hacemos eco del siguiente concurso, del que extraemos tanto el objeto del concurso como los plazos y los premios.
Las bases completas se pueden consultar aquí.“Certame creado para promover, premiar esta modalidade das artes plásticas e que sirva de homenaxe á centenaria Sociedad de Instrucción y Recreo Hijos de Valle de Oro que tanto labor social fomentou na comarca do Valadouro. O
desenvolvemento corre a cargo da Fundación Comarcal A Mariña Central
coa coorganización dos Concellos de Alfoz e Valadouro e o patrocinio da
Deputación Provincial de Lugo.O
tema do certame é a emigración e as sociedades filantrópicas creadas
polos galegos en ultramar. Poden ser viñetas humorísticas, recreacións
orixinais de carteis reais ou ficticios, imaxes
de actividades culturais ou de recreo feitas polos emigrantes nos
paises de acollida, postais, ou calquera ilustración que teña relación
con este tema dalgún xeito.”A data límite de recepción de traballos é o 31 de xullo de 2009.
Estipúlanse tres premios:
1º Premio 1200 €, diploma e publicación na revista Búsola
2º Premio 600 € e diploma
3º Premio 300 € e diploma”
-
A Casa da Cultura acolle a exposición de tintas e acuarelas de Carlos Silvar ‘Unha ollada natural’
2 de xullo de 2009 20:00 h – 15 de xullo de 2009 20:00 h
A
Casa da Cultura Pintor Lloréns acolle -entre os días 2 e 15 de xullo-
unha exposición de tintas e acuarelas do artista Carlos Silvar. A
mostra, que leva por título ‘Unha ollada natural‘, enmárcase no ‘I
Congreso Internacional Natureza e Imaxe. A exposición será inaugurada o
día 2 de xullo ás 20.00 horas.Carlos Silvar é licenciado en Belas
Artes, Ilustrador, Naturalista e afeccionado á Ornitoloxía. Coa súa
exposición, amosa ao espectador pinceladas da biodiversidade galega
(aves, mamíferos, anfibios, fungos, prantas ou árbores).O horario de visitas (de luns a venres) vai de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
-
Martín Romero gaña a Bolsa AlhóndigaBilbao
O noso socio Martín Romero vén de gañar o premio concedido pola AlhóndigaBilbao, consistente nunha bolsa para o desenvolvemento dun proxecto de BD durante un ano na prestixiosa Maison des Auteurs de Angulema (Francia).A bolsa está dotada con aloxamento nun apartamento individual até un máximo de doce meses, acceso ao equipamento e a todos os servizos de La Maison des Auteurs, e 1.000 euros mensuais até un máximo dun ano. Alén diso, AlhóndigaBilbao, pola súa conta ou en colaboración cunha editorial especializada, estudará a posibilidade de publicar o proxecto no ano seguinte da finalización da bolsa.
O xurado desta edición do premio estivo presidido por Paco Roca, Premio Nacional de Cómic 2008, e conformado por Álvaro Pons, Juan Manuel Díaz de Guereñu, Paco Camarasa, José Ibarrola e Antonio Altarriba.
Os nosos parabéns para Martín por este importante premio!
-
Novo libro ilustrado por Jaime Asensi
Sotelo Blanco Edicións acaba de sacar un libro da súa colección Bolboreta:
Tom e Mix, os cabalos de Clara, con texto de Paco López-Barxas e debuxos de Jaime Asensi. Trata de unha rapaza obsesionada polos cabalos, que tiña de todo tipo, reais e de xoguete. O libro fai un repaso por diferentes cabalos ao largo da historia, Rocinante, Pegaso, Babieca, etc. -
Xan López Domínguez candidato para o premio Hans Christian Andersen
El IBBY (International Board on Books for Young People), decidió nominar a nuestro ilustre socio Xan López Dóminguez para el galardón Hans Christian Andersen que premia toda la trayectoria de un profesional.
Aprovechamos desde aquí para felicitar a Xan por su trabajo, su reconocimiento, y de paso desearle que pase una estupenda noche de San Juán.
p.d. Esperamos que Pawley no se enfade porque nos hayamos pasado por su flickr para coger el dibujo que Xan le hizo
-
Emma Ríos de Hexed al Dr. Extraño
Después de deslumbrar al panorama comiquero mundial con su serie Hexed, Emma Ríos seguro que ya está abocetando y haciendo pruebas para su versión del Dr. Extraño.
Para los que no podáis esperar a que acabe y se publique, podreis pedirle que os haga un apunte rápido este verano en Viñetas dende o Atlántico.
-
Jacobo Fernández, Premio Merlín 2009
O gañador da XXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil é Jacobo Fernández Serrano coa obra Mil cousas poden pasar. Libro I. Jacobo é ben coñecido polo seu traballo como ilustrador e autor de cómic (gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada en 2007 con Aventuras de Cacauequi e este ano estivo nomeado ao mellor autor revelación no Saló del Còmic de Barcelona, mais xa publicara dous libros infantís escritos e ilustrados por el: A Gardería de Dona Bixelmina (Edicións Xerais, 2005) e A pedra e as formigas (Edicións Xerais, 2006). Ten publicados ademais os álbums de BD Os amigos de Archimboldo Roque (Faktoría K, 2007) e El origen de Marcopola (Bang Ediciones, 2009).
O xurado dos premio deciciu concederlle o galardón “pola desbordande
imaxinación da que fai gala o autor, polo novidoso do argumento, pola
inédita e variada galería de personaxes, pola solidez do mundo que se
constrúe ante nós con cada frase, polo orixinal da estuctura, polo
arriscado de levar o absurdo ao extremo, pola beleza plástica dalgunhas
descripcións e figuras narrativas e polo metafórico de moitas das
pasaxes argumentais”.Dende a AGPI felicitamos a este gran artista e prezámonos de télo coma
membro da nosa asociación. Parabéns!



