A nosa socia Idoia de Luxán impartirá, a partir do próximo 25 de novembro (a presentación da actividade será ás 16:00 h) un curso de debuxo artístico no Espazo Xove-Casa da Xuventude de Ourense (rúa Celso Emilio Ferreiro 27, 32004 Ourense). No propio centro (teléfono 988 228 500) ofrecen máis información sobre a inscrición e os contidos do curso.
Autor: admin
-
Curso de debuxo a cargo de Idoia de Luxán
-
‘Compostela’, distinguido nos CJ Picture Book Awards
O libro Compostela, de David Pintor, foi incluído na lista de finalistas da cuarta edición dos premios CJ Picture Book Awards, na categoría de novas publicacións. Estes premios son convocados pola CJ Culture Foundation, con sede en Corea do Sur, co obxecto de premiar os libros ilustrados publicados durante o ano no ámbito internacional. A lista de finalistas está conformada por 100 libros, dos cales once son españois.
-
Falece o ilustrador e pintor Álvaro Caruncho
Onte faleceu o pintor e ilustrador Álvaro Caruncho. Nacido na Coruña en 1948, era máis coñecido pola súa faceta de pintor, á que principalmente se dedicou nos seus últimos anos, aínda que o humor gráfico foi compoñente básico da súa traxectoria artística. Deste xeito, participou na revista La Codorniz e obtivo varios galardóns internacionais como ilustrador. Máis información sobre a súa biografía, na Wikipedia.
-
Xan López Domínguez, nas «Tertulias de ilustración» da APIM
A Asociación Profesional de Ilustradores de Madrid (APIM) organiza, dentro das súas «Tertulias de ilustración», unha charla co noso socio —e directivo— Xan López Domínguez como convidado. O título do faladoiro é «En busca de las historias perdidas» —parafraseando o título do seu libro Mis historias perdidas—, e terá lugar este xoves, 17 de novembro, ás 19:00 h, na sala de proxeccións do Museo de la Biblioteca Nacional (P.º de Recoletos 20-22, 28001 Madrid). A entrada é gratuíta, e non é necesaria inscrición, aínda que o aforo está limitado a 50 persoas.
-
Exposición de retratos de Miki
O noso socio Miguel Ríos López Miki ten ata fin de mes unha exposición no bar La Madame Sans-Gene (rúa San Francisco 8, 15001 A Coruña), baixo o título Retratos con o sin encargo.Algunhas das obras expostas poden verse neste blog, Retratos de los miércoles.
-
Lanzamento do libro ‘A chave da Atlántida’
Este venres, 11 de novembro, ás 20:00, presentarase publicamente o libro gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2011, A chave da Atlántida, do noso socio Anxo Fariña, autor do texto e das ilustracións. Será na Casa do Libro de Vigo (rúa Velázquez Moreno 27, 36201 Vigo).O acto contará con debuxos en directo, e Anxo Fariña agasallará unha ilustración especial de tiraxe limitada ás primeiras persoas que soliciten a sinatura do seu libro.
Pódese encontrar máis información sobre o libro e a súa presentación aquí.
-
Fin do ciclo de presentacións de ‘Punto de fuga’, en Kómic
Este venres, día 11, a partir das 18:00 h, será o momento da presentación da novela gráfica de Miguel Cuba, Punto de fuga —unha obra que, segundo a súa editorial, Demo, está a ter unha «excelente acollida» polos lectores, dada «a súa conexión temática coa sociedade actual»—. O lugar será a libraría Kómic (rúa San Pedro de Mezonzo 34, 15701 Santiago de Compostela). Ao final do acto servirase licor café para o público asistente. Con esta presentación péchase o ciclo de actos de lanzamento da obra, que se iniciou en agosto, no Festival Viñetas desde o Atlántico.
-
Curso de bosquexos de campo
Calros Silvar impartirá, os luns e os mércores entre o 12 e o 28 de decembro, de 19:00 a 21:00 h, o Curso de iniciación ao debuxo de natureza: bosquexos de campo, na Aula de Natureza Juan Lembeye, do Xardín Botánico Ría do Burgo de Culleredo.As inscricións haberán de se efectuar na Concellería de Cultura do Concello de Culleredo (Edificio de Servizos Múltiples).
O prezo da inscrición é de 40 euros, e as prazas son limitadas.
-
Presentación de ‘Nómades’ na Coruña
Nómades, a novela gráfica de Xosé Tomás da que xa temos falado anteriormente, será presentada mañá, mércores 9, na libraría Arenas (Cantón Pequeno 25, 15003 A Coruña) ás 20:00 h.
O acto contará coa presenza do autor, acompañado do editor Francisco Castro e mais de Miguelanxo Prado.
-
David Rubín participa no Festival Eñe
Despois da súa nova visita por Italia, onde participou nos actos de lanzamento da versión italiana de El héroe —que tamén será editado en francés, como se soubo nestes últimos días—, David Rubín vai participar esta semana no Festival Eñe, que se organiza no madrileño Círculo de Bellas Artes e é definido polos seus responsables como «a gran cita literaria do idioma castelán». O festiva reunirá, de feito, unha importantísima nómina de autores de primeiro nivel, como Ana María Matute, Manuel Rivas ou Félix de Azúa, por exemplo.A participación de David será este venres, día 11, entre as 18:00 e as 20:00 h, e consistirá en realizar páxinas de cómic en directo. Despois, asinará exemplares dos seus libros na libraría do Círculo de Bellas Artes.
Xa o martes 15, David Rubín estará, co Sr. Ausente, na Fnac Diagonal Mar de Barcelona falando sobre BD e firmando libros.