O xornal electrónico Praza Pública recolle unha pequena reportaxe sobre o estudio coruñés «La Pelu», formado actualmente polos ilustradores José Domingo, Jorge Fernández, Roque Romero e Alberto Guitián. O artigo refire a historia deste local do que tamén formaron parte David Rubín —protagonista dunha entrevista no mesmo xornal hai poucos días— e Bernal Prieto.
Autor: admin
-
Preséntase ‘Compota de Manatí’
Os nosos socios Yago García, Rooster, María Álvarez e Jorge Fernández Peral presentan este sábado 22 ás 19:00 h, no novo local de Alita Comics (rúa do Orzán 94, 15003 A Coruña) o fanzine Compota de Manatí. Despois da presentación, haberá petiscos e sesión de sinaturas dos autores.
Actualización: nesta ligazón pode verse un avance da publicación.
-
Ánxeles Ferrer publica ‘Un fogar para Estrela’
A nosa socia Ánxeles Ferrer acaba de publicar, na editorial Everest, o libro Un fogar para Estrela, escrito e ilustrado por ela.O libro ten un booktrailer que serviu de adianto da edición, e agora pode adquirirse xa nas librarías.
-
Presentación de ‘Cousas de mortos’ na Fnac
Hoxe, xoves 26, ás 19:30 h, presentarase na a Fnac da Coruña (Mercado Eusebio da Guarda, praza de Lugo s/n, 15004 A Coruña) a nova obra do noso socio Manel Cráneo, Cousas de mortos.Trátase dunha escolma de historias curtas publicadas ao longo de máis dunha década en diversas revistas; nestas BD, o común denominador é que os seus protagonistas son esqueletes, e a través da ironía e humor negro reflexionan sobre a nosa sociedade.
-
‘Compostela’, de David Pintor, en Santiago
A Galería Sargadelos de Santiago (rúa Nova 16, 15705 Santiago de Compostela) acolle, ata o 15 de setembro, a exposición Compostela, que consta de 15 ilustracións do noso socio David Pintor, realizadas para o cuaderno de viaxe
homónimo editado por Kalandraka.David Pintor, por outra parte, asinou este verán unha ilustración para a campaña de comunicación do Museo Thyssen Bornemisza, que apareceu en varios xornais de tiraxe estatal.
-
Pinturero expón na Coruña
Ata o día 13 de setembro, o Café de Macondo (rúa Santo Andrés 106, 15003 A Coruña) acolle a exposición Rapazas, con ilustracións (pin-ups) do libro homónimo do noso socio Pinturero.
-
Preparado o primeiro Ilustranoite
O Curso AGPI de Cor dixital, que terá lugar no Centro Ágora coruñés este sábado 25 —con máis de medio centenar de alumnos, unha vez pechado o proceso de inscrición—, incluirá, para finalizar a xornada, o primeiro Ilustranoite. Trátase dun formato de presentacións multimedia de varios profesionais de diversos campos da ilustración, organizado tamén pola AGPI. A entrada será libre, aberta a todo o público.Este Ilustranoite decorrerá na cervexaría Penique (rúa Gómez Zamalloa 1, 15005 A Coruña), o sábado a partir das 23:59 h, coa presentación de traballos de ilustración, cómic, animación e humor gráfico de forma breve e áxil, ao estilo dos pecha kucha. Estarán presentes coas súas presentacións Lola Lorente, Manel Cráneo, Iván Mouronte, o Colectivo Miñoco, Guitián, Fran Calvelo, Alberto Vázquez, Giovanna Lopalco, Xurxo G. Penalta, Luis Usón, Martín Romero, Ghosttthead e Marina Seoane.
-
Nuria Díaz deseña a imaxe da Festa da Auga 2012
A nosa socia Nuria Díaz é a encargada de deseñar a imaxe da Festa da Auga 2012, que terá lugar en Vilagarcía de Arousa o próximo 16 de agosto. Entre outras aplicacións, Nuria preparou o cartel e unha camiseta.Por outra parte, Nuria é tamén autora do deseño e as ilustracións do libro-disco A máquina do tempo, de Juan Carballo e Ramón Núñez, que acaba de presentarse, e do que pode verse un tráiler aquí.
-
José Domingo, premio de humor gráfico
O noso socio José Domingo —que é un dos convidados da actual edición do Viñetas desde o Atlántico e que ten nas librarías xa a segunda edición do seu libro Aventuras de un oficinista japonés— foi galardoado co primeiro premio do I Concurso Internacional de Humor Gráfico Bruixas i Bruixots, convocado co gallo do Aquelarre 2012 en Cervera (Lleida). Ao concurso presentáronse máis de 500 obras chegadas de 44 países. Nesta ligazón pode lerse máis información ao respecto, e ver a viñeta ganadora.
-
Dani Padrón ilustra ‘Acuario’
Xa está á venda un novo título da colección de álbum infantil ilustrado Fardel dos Soños, publicada por Edicións Embora. Trátase de Acuario, un libro de poemas da escritora María Canosa, ilustrado polo noso socio Dani Padrón.Tras coincidiren coa obra O papaventos de Laura, como
resultado do VIII Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e
Dora Vázquez, Acuario supón a segunda colaboración
dos dous autores.