A AGPI organiza o terceiro Drink & Draw Vigo, que terá desta vez o tema «Kaiju Battle». Os eventos Drink & Draw son unha actividade lúdica relacionada
con pequenos retos de debuxo cunha limitación de tempo, e están abertos á
participación de calquera persoa interesada. Neste caso, cada participante deberá levar deseñado o seu propio kaiju, e durante a actividade debuxará unha viñeta co ataque ao contrincante asignado; as viñetas someteranse a votación.
A periodicidade do Drink & Draw Vigo é mensual, e cada edición realízase nun local distinto; nesta ocasión, é no café Detrás do Marco (rúa Londres s/n, 36202 Vigo), este serán, a partir das 21:00 h. Máis información, na páxina en Facebook do Drink & Draw Vigo.
Deseño e ilustración do cartel:
Mañá, xoves día 5, ás 20:00 h, preséntase o
Onte vendíase, coa edición dominical do xornal
Zuguaanu significa en zapoteco «estamos de pé». Trátase dunha exposición de pinturas, ilustracións e obxectos feitos por 
Cartel deseñado por
A