Autor: admin

  • Agpirina nº 4

    agpirina iv Acabamos de colocar no arquivo de agpilustracion.org o PDF máis recente da Agpirina, o boletín informativo da AGPI, con información sobre Cultur.gal, o pasado encontro A fraga ilustrada e o vindeiro IV Encontro Galego de Ilustración, sobre a Mesa da BD Galega, a exposición Quero medo, a presenza de AGPI na Feira de Boloña… etc, etc.

    Que o disfrutedes.

    – Agpirina nº 4 (PDF comprimido en ZIP, 1,6 MB)

  • Jacobo Fernández, Premio Castelao 2007

    aventuras de cacauequiNota de prensa da Diputación da Coruña:

    O autor de cómic, ilustrador e pintor olívico, Jacobo Fernández Serrano, coa súa obra Aventuras de Cacauequi (edición anotada), é o gañador da terceira edición do premio Banda Deseñada Castelao, que convoca a Deputación da Coruña. O premio Banda Deseñada Castelao foi dado a coñecer esta mañá [3/ago/07] polo presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, tras a reunión do xurado que seleccionou por unanimidade, do conxunto das oito creacións presentadas, o traballo artístico de Jacobo Fernández Serrano. Ademais de Salvador Fernández Moreda, do xurado formaron parte o comisario do premio, o creador coruñés Miguelanxo Prado, así como a deputada responsable da área de Cultura, Caridad González Cerviño; ademais de Antonio Seijas Cruz, gañador da anterior edición; Ángel de la Calle, Carlos Portela Orjales e Agustín Fernández Paz.

    – Nota de prensa completa na web da Deputación da Coruña.
    – La Voz de Galicia: El vigués Jacobo Fernández gana el Premio Castelao de Banda Deseñada.
    – La cárcel de papel: Jacobo Fernández, premio Castelao.
    – Blog de Jacobo.

  • A revista El Jueves é retirada do mercado

    Os xuiz Juan del Olmo decidiu actuar de oficio e retirar dos quioscos o último número da revista humorística EL JUEVES debido a un presunto delito de inxurias contra a familia real. En dita portada aparecen os Príncipes de Asturias facendo alusión á subvención de 2.500 euros que aporta o goberno a todos os nenos nacidos a partir de agora.

    O debate entre a liberdade de expresión e os límites de ésta está presente. ¿Se a portada se referise a otras persoaxes públicas que no formasen parte da familia real, a edición teríase retirado?

    A continuación, reproducimos o comunicado da revista:

    Comunicado de ‘El Jueves’

    Escribimos esta nota el viernes, 20 de Julio de 2007, a las 19h. Tenemos la redacción llena de medios de comunicación que nos preguntan el por qué del secuestro de la revista. No sabemos qué responderles. El Jueves ha publicado decenas, cientos de dibujos sobre la familia real (y sobre políticos, famosos, la ETA y todo lo que se mueve). Incluso hemos publicado un libro, TOCANDO LOS BORBONES, un tomazo de 350 páginas que recopilaba los dibujos más divertidos. Somos humoristas gráficos y trabajamos conscientes de que nuestra obligación, lo que nos piden los lectores, es que exploremos el límite de la libertad de expresión. Podemos aceptar que, incluso, en alguna ocasión, lo podamos traspasar. Gajes del oficio. Si nos pasamos para eso están los tribunales pero… ¿un secuestro? ¿la policía recorriendo los quioscos de todo el país retirando nuestra revista? ¿De verdad escribimos esto el 20 de Julio del 2007?

  • Presentación de AGPI na FNAC

    Presentación na FNAC O xoves 19 de Xuño a AGPI fixo unha presentación pública da asociación no foro da FNAC da Coruña. Manel Cráneo, Javi Montes e Santy Gutiérrez repasaron a traxectoria da AGPI nestes 4 anos e medio dende a súa re-fundación, e defenderon ante un auditorio completo os seus principios fundacionais e as súas principais liñas de acción na defensa do autor e na promoción e dignificación da profesión. A charla informativa dos nosos propósitos completouse coa proxección de varias montaxes audiovisuais das exposicións que a AGPI organizou durante este tempo. O acto saldouse con grande éxito de audiencia e a presenza dos medios.

  • Le Manoir des Murmures 1, Teaser

    Le Manoir des Murmures, a BD que están a facer David Muñoz, Tirso Cons e Javi Montes coa editorial Les Humanoïdes Associés, xa ten sitio web cun primer teaser da súa obra.

    David Muñoz, únese ao equipo que xa formaran Tirso Cons, Javi Montes e Félix Ruiz en L’Oeil du Diable da editora suiza Paquet.

  • Curtas varias

    Fragmento do cartel de Historias dunha torre, de Manel Cráneo. Clic para ver completo.

    Este martes 3 de xullo ás 20:00 horas proxectase no MACUF (Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa) Ladróns de cadáveres contra o ku klus klan, curta de animación realizada por Xurxo García e baseada na historieta homónima de Cráneo que xa percorreu diferentes festivais. Isto será dentro do ciclo de curtas do MACUF. Ademáis dista poderán verse as curtas Ami, Ragnarock, KM 53, Cicatrices, La línea, Lavado de cara, O intruso, Diana Aitchison, Ciudadano de Cromañón.

    Outra nova relacionada con Manel Cráneo. San&saN e Germán Tejada presentan este xoves 5 de xullo as 21:00 horas no Forum Metropolitano da Coruña, a producción audiovisual Historias dunha torre. Catro curtametraxes que foron rodadas no entorno da Torre de Hércules este ano. Entre as curtas inclúese Entorrados, onde Cráneo colaborou facendo o story-board. Ademáis a imaxe do cartel e DVD é tamén do autor coruñés.

  • Hombre lobo y pajarito, de Jaime Asensi

    home lobo e paxarinho de xaime asensi Jaime Asensi ven de publicar Hombre lobo y pajarito, historieta autoeditada de 24 páxinas que conta a historia dun homelobo vexetariano e o seu amigo paxariño e diferentes personaxes que irán aparecendo ó longo da hisoria como vampiro, kingkong, o xenio da lámpara, etc.

    Xa está a traballar na segunda entrega.

    Podedes ver a portada ampliada facendo clic na miniatura da esquerda.

  • Presentacións BD e Ilustración na FNAC

    A cadena multinacional FNAC abre as súas portas cunha axenda completísima de actos para o seu primeiro mes de apertura. A Cadena de capital francés pretende continuar coa súa tónica habitual de ofrecer un acto diferente cada día. Adiantamos as datas de referencia ou interese para o noso sector dentro deste mes inaugural.

    MÉRCORES 27 XUÑO ás 20:00 horas
    Presentación de DE PROFUNDIS, a BSO e o DVD.
    Coa presenza de Miguelanxo Prado e Nani García.

    SÁBADO 30 XUÑO ás 12:00 horas
    Clube de lectura “A VERDADERA HISTORA DE CARAPUCHIÑA” coa presenza do ilustrador Marc Taeger.

    XÓVES 5 XULLO ás 20:30 horas
    Presentación do Colectivo Polaquia coa presenza de Emma Ríos, David Rubín e Kike Benlloch.

    XOVES 19 XULLO ás 20:00 horas
    Presentación de AGPI coa presenza de Manel Cráneo, Santy Gutiérrez e Javi Montes.

    LUNS 23 DE XULLO ás 19.00 horas
    Semana Galega de Cine, proxección da longametraxe DE PROFUNDIS de Miguelanxo Prado e Nani García.

    Ademáis distes haberá outros actos ó logo do mes coa presenza de músicos e escritores como Marky Ramone (Ramones), Jacobo Paz, Manolo Rivas, Moon Cresta,Jaime Urrutia, etc.

  • BD Galega: uma retrospectiva

    O vindeiro venres 22 de xuño, ás 18h30, terá lugar na Galeria Sargadelos de Oporto a inauguración da exposición Banda Desenhada Galega: uma retrospectiva – dos anos 70 ? actualidade, coa presenza de Luís Bará, Director Xeral de Creación e Promoción Cultural da Xunta, e dos comisarios da exposición, Fausto Isorna e Gemma Sesar.

    Máis información na web da Galería Sargadelos de Oporto.

  • David Pintor, premiado no Salão da Caricatura de Vila Real

    caricatura de torga, por david pintor Caricatura de M. Torga, por D. Pintor.
    (Clic para ampliar)

    David Pintor acaba de gañar o 3º premio do Salão Luso-Galaico de caricatura de Vila Real 2007, que este ano está adicado ó poeta luso Miguel Torga. O día 23 de xuño ás 21h inaugurarase o Salão na Galería do Teatro Municipal de Vila Real, coa entrega dos premios e a festa da caricatura. Estarán presentes, ademáis dos premiados, outros artistas galegos e portugueses que farán caricaturas en vivo. A exposición estará aberta ó público ata o 31 de xullo, e logo viaxará a Ourense onde será exposta no Museo Municipal, como nos anos anteriores.