A presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Marina Seoane, foi entrevistada na edición de onte do programa Zigzag Diario, da TVG2, con motivo da edición do Caderno AGPI 2015, que nestas datas está a ser distribuído por empresas dos sectores editorial, audiovisual e da comunicación de Galicia e o resto do Estado. A entrevista pode verse agora en liña, a través deste enlace (transcorre entre os minutos 15 e 21).
Autor: admin
-
Marina Seoane, entrevistada na TVG
con motivo do ‘Caderno AGPI 2015’ -
Nova sección sobre ilustración en
‘La Voz de Galicia’
O suplemento semanal Fugas, do xornal La Voz de Galicia, presenta hoxe unha nova sección, titulada «Ilustrando en Galicia», a cargo do noso socio David Pintor. A estrea da sección é unha entrevista ao noso tamén socio Óscar Villán: «Disfruto ante el papel en blanco».
-
Leandro promove unha postal
solidaria co Nepal
O noso socio Leandro puxo en marcha unha iniciativa que permite descargar unha postal deseñada en exclusiva para a ocasión para quen faga unha doazón de 2 euros á ONG norueguesa Rebuild Nepal. O recadado irá destinado a axudar os damnificados polos terremotos no Nepal.A doazón pode facerse desde este enlace, a través de Paypal.
-
Presentacións de Demo Editorial con motivo das Letras Galegas
Demo Editorial, o proxecto do noso socio Manel Cráneo, promove esta fin de semana os seus últimos tres títulos en diferentes actividades ao longo da xeografía galega. Así, hoxe, ás 19:30, o cuarto volume da serie «Castelao», Atila, será presentado, da man dos seus autores Inacio e Iván Suárez, coa dramatización dun fragmento da obra no Restaurante Manso (avenida de Vilagarcía, 21, 15706 Santiago de Compostela). Os seus autores asinarán exemplares tamén o domingo 17 ás 12:00 na Feira das Letras Galegas na praza do Toural de Santiago de Compostela.A obra A deserción de Stalin, de Tomás Guerrero, será obxecto de dúas sesións de sinaturas, unha na Feira do Libro de Lugo (no stand da Libraría Totem), mañá, sábado, ás 12:00, e outra o domingo 17, ás 18:00, na Feira das Letras Galegas de Santiago.
Finalmente, Destino Hërgüss, a novela gráfica do propio Manel Cráneo, presentarase ás 18:00 do sábado 16 na Librería Banda Deseñada (rúa da Portela, 3, 36205 Vigo).
-
Campaña de ‘crowdfunding’ para a edición de ‘Corazón de piedra‘
Corazón de piedra (ou Heart of Stone, na súa versión en inglés) é o título do libro dixital interactivo que o noso socio José Gimeno ten dispoñible desde o ano pasado nas plataformas iTunes e Amazon. Agora, José iniciou tamén unha campaña de microfinanciamento a través de IndieGoGo, para conseguir a súa edición en papel, tanto en español como en inglés. A partir de 7 euros pode participarse na campaña, con diferentes recompensas segundo o nivel da achega económica.
-
Nova edición do Foro Reimprímete
Mañá, martes 12 de maio, o Foro Reimprímete desenvolverá, a partir das 9:30, unha nova edición na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16 15705 Santiago de Compostela). A actividade contará coa presenza de César Antonio Molina, ex-ministro de Cultura, que impartirá a conferencia «O futuro da lectura»; unha mesa redonda con Francisco Castro (que falará de «Edición estendida»), Manuel Bragado (sobre «Edición hibridada») e M.ª Camino Pereiro (sobre «O desafío da innovación educativa: múltiples recursos para unha escola inclusiva»). Finalmente, ás13:00 presentarase o proxecto Simbiotic de realidade aumentada.
O Foro Reimprímete foi constituído o 23 de abril de 2014, coa participación dunha vintena de organizacións de diferentes sectores profesionais relacionados co libro para pór en valor os contidos impresos en soporte papel. Entre os representados están a AGE, Gálix, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a DAG — Asociación Galega de Deseñadores, a AELG e a AGPI.
O programa completo pode lerse aquí.
-
Clase sobre trucos de color a cargo de
Bernal Prieto
Mañá, venres 8, ás 18:00, o noso socio Bernal Prieto impartirá unha clase gratuíta titulada «Cómo hacer bitonos sin implosionar y otros trucos de Photoshop», que ensinará aos asistentes a sacar partido aos canais e modos de color, trucos para visualizar colores en pantalla, e máis. Será en The Room (rúa Afonso VII, 15, 15005 A Coruña).A clase servirá ademais de presentación dos cursos que comezan a semana próxima no mesmo local; entre os varios que se ofrecen, o propio Bernal impartirá o titulado «Maquetando: Level 1 & Level 2», os martes e xoves desde o 13 de maio ata o 3 de xuño, en horario de 19:30 a 21:30. Este curso ten un custo de 55 euros.
-
Nova campaña de Adega, ilustrada por
Calros Silvar
O noso socio Calros Silvar é o autor das ilustracións dos dous folletos titulados Invasoras, dedicados, respectivamente, a plantas e animais exóticos que ameazan os ecosistemas e a fauna autóctonos de Galicia.Esta campaña de Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) foi presentada a semana pasada, e os folletos están xa a ser distribuídos en papel en diversas actividades. Tamén poden ser descargados, de forma gratuíta, a través da web.
-
Jorge Peral presenta o videoxogo ‘Nanomachina’
Nanomachina é un videoxogo gratuíto creado en 72 horas, con motivo da Ludum Dare. No seu desenvolvemento participaron Javier Carpio como programador, Sergio de Prado no son, Víctor Fernández no deseño de mecánicas e niveis e o noso socio Jorge Peral nos gráficos.O xogo pode descargarse gratis; de momento, é só compatible con Windows, aínda que está analizándose a viabilidade de versións para outros sistemas operativos. Neste vídeo pode verse un timelapse dos tres días de traballo para a súa realización.
-
Víctor Rivas asina exemplares de ‘Abastos’
en Vigo
Hoxe, xoves 23, Día do Libro de dos Dereitos de Autor, o noso socio Víctor Rivas asinará exemplares do seu último libro de banda deseñada, Abastos —unha obra colectiva con guión de Francisco José Abelleira e debuxo de Pedro J. Colombo, Beatriz Iglesias, Sagar Forniés e el mesmo, que conta varias historias unidas polo nexo do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.As sesións de sinaturas serán de 17:00 a 19:00 en Norma Cómics Vigo (Ronda Don Bosco, 22, 36202 Vigo) e a partir das 19:30 en Sousa Cómics (avenida de Castrelos, 22, 36210 Vigo).