Taller infantil de ilustración con Paula Mayor

Escrito por

en

Este sábado, día 15, a partir das 18:30 h, terá lugar na
Fnac da Coruña (Mercado Eusebio da Guarda, praza de Lugo s/n, 15004 A Coruña) a presentación do libro A coroneliña, clásico de Annie Fellows Johnston publicado agora en galego e castelán con ilustracións da nosa socia Paula Mayor.

Despois dunha sesión de contacontos a cargo dos editores, Paula Mayor explicará aos nenos como
foi o proceso de ilustración, desde os bosquexos ata o
resultado final, a través da proxección de imaxes e vídeo.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *