Aberta a inscrición para a conferencia «Territorios creativos»

Escrito por

en

A Deputación de Ourense programou para os próximos 27 e 28 de xuño a conferencia internacional «Territorios creativos: Mellorando o noso patrimonio», do proxecto Imagina Atlántica, co obxectivo de «reunir actores internacionais (socios de Galicia, Francia, País de
Gales e Norte de Portugal) nun contexto onde as novas tecnoloxías da
imaxe terán un lugar preferente». Será no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa do Progreso 30, 32003 Ourense).

Participarán representantes do mundo da animación, a ilustración e a banda deseñada, como os nosos socios Alberto Vázquez, Luís Carreira e Santy Gutiérrez. O programa completo pode lerse aquí.

Está aberto o prazo de inscrición, gratuíta, que pode realizarse a través da web da conferencia.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *