Xosé Tomás recolle o Premio Frei Martín Sarmiento

Escrito por

en

A obra Vou ter un irmán, de María Solar e o noso socio Xosé Tomás, resultou galardoada co Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor álbum ilustrado, en votación realizada polos escolares de 1.º e 2.º de Educación Primaria de Galicia. Os autores estiveron onte na gala de entrega, onde responderon ás preguntas dos seus lectores.

Por outra parte, acaba de editarse un novo libro ilustrado por Xosé, a novela Universo Pitágoras, escrita por Rocío Leira.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *