Xornada en Madrid sobre libro dixital ilustrado

Escrito por

en

FADIP e o Observatorio da Ilustración Gráfica organizan mañá, 13 de decembro, unha xornada profesional, aberta a todo o público interesado, baixo o título El libro digital ilustrado: pasos hacia nuevos paradigmas. Será na Casa del Lector (Matadero Madrid, Paseo de la Chopera 14, 28045 Madrid), e a entrada é libre e gratuíta.

Ao longo da xornada, diversos ilustradores de relevancia
internacional, así como editores e outros especialistas en publicación
dixital, achegarán o público asistente «ao que significa hoxe en día —e
ao que presumiblemente vai significar no futuro a curto e medio
prazo— a edición de libros ilustrados para todo tipo de soportes
dixitais, e os aspectos técnicos, loxísticos e creativos que se dan
cita nun novo mercado cuxas complexidades a xornada pretende axudar a
desentrañar».

Entre os convidados están os ilustradores André Letria, Sergio Alfonso Animatomic, Kike de la Rubia, Riki Blanco e o noso socio Xan López Domínguez; os especialistas Celia Turrión e Luis F. Borruey, e mais representantes de editoriais nativas dixitais como Dada Company, Cream eBooks, ContoPlanet (que publica os títulos de Editorial Galaxia) La Tortuga Casiopea, Minus is Better ou iLubuc.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *