«Unha ollada natural», en Marín

Escrito por

en

A exposición «Unha ollada natural», do noso socio Calros Silvar, prosegue a súa andaina por salas do país, e o próximo día 2 de maio será inaugurada no Museo Manuel Torres de Marín, onde permanecerá ata fin de mes.

A mostra, como xa se ten comentado en anteriores ocasións, consta de trinta láminas escollidas entre os orixinais das guías de campo editadas con Baía Edicións e doutros libros sobre temas de natureza publicados con Promocións Culturais Galegas e a Editorial Siruela, así como unha escolla de cadernos de campo do autor.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *