‘Roedores’, novo proxecto de Rodrigo Chao

Escrito por

en

A plataforma de crowdfunding Verkami ofrece estes días, entre os seus proxectos abertos, o titulado Roedores, un espectáculo Redrum Teatro dirixido por Alex Sampayo, que está ligado á súa vez a un conto escrito polo propio Alex Sampayo e Borja F. Caamaño, con ilustracións do noso socio Rodrigo Chao.

O proxecto conta aínda con dez días de prazo e xa case ten conseguido o obxectivo proposto de recadación —as achegas económicas destinaranse a completar o financiamento do espectáculo e á edición do álbum ilustrado—, pero calquera persoa interesada pode participartar como micromecenas neste enlace.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *