‘Lois Pereiro: breve encontro’ publícase en castelán

Escrito por

en

A obra Lois Pereiro: breve encontro, do noso socio Jacobo Fernández Serrano, coeditada orixinalmente por Xerais e a Xunta de Galicia, aparece
publicada agora en castelán por Sins Entido. Este cómic, pensado inicialmente como homenaxe ao poeta co gallo do Día das Letras Galegas de 2011, chega ás librarías de toda España o próximo 12 de abril.

Jacobo informa tamén no seu blog que o seu libro Mil cousas poden pasar ten agora xa edición no Brasil.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *