Exposición ‘La Bolsa del Mercado’

Escrito por

en

Este venres, 8 de febreiro, inaugúrase a exposición colectiva da obra orixinal que compón os tres primeiros números da publicación cuadrimestral La Bolsa del Mercado, de Tazalunarbooks. O acto será ás 20:00 h na tenda-galería A Formiga no Carreiro (rúa dos Ferreiros 19, 36002 Pontevedra).

A mostra está composta por 18 pezas, a cargo de pintores, ilustradores, fotógrafos e artistas gráficos de moi diversas procedencias (España, México, Honduras, Brasil e Venezuela). Entre os participantes están os nosos socios Aida Alonso e Augusto Metztli.

La Bolsa del Mercado autodefínese como «a única publicación contida nunha bolsa de “ir facer a compra”» que existe en España. En cada número participan seis artistas con pezas orixinais.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *