Encontro con Roberto Innocenti en Santiago

Escrito por

en

Roberto Innocenti, ilustrador galardoado en 2008 co Premio Hans Christian Andersen de Ilustración —a máxima distinción no campo da literatura infantil e xuvenil—, participará nun encontro aberto ao público este xoves, 7 de abril, a partir das 19:00 horas, na sala da Fundación
Caixa Galicia en Santiago (rúa do Vilar 19, 15705 Santiago de Compostela). O acto enmárcase na XI Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o
Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka.

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *